Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Artigo destacado

'Biscuit'.jpg

O raposo común (Vulpes vulpes), tamén coñecido como raposa ou golpe nalgunhas zonas ó norte de Galicia, é a meirande especie de raposo e un dos membros máis espallados no mundo da orde dos carnívoros, estando presente en todo o hemisferio norte dende o círculo polar ártico até o norte de África, América do Norte e Eurasia. Está clasificada como unha especie pouco preocupante pola IUCN. Provén de devanceiros máis pequenos de Eurasia durante o período Villafranchiense medio, e colonizou América do Norte pouco despois da glaciación de Wisconsin. Entre tódolos raposos, o raposo común representa a forma máis evolucionada en termos de alimentación carnívora. Ademais do seu tamaño maior, o raposo común diferénciase doutras especies de raposo pola súa grande habilidade de adaptarse a novos ambientes. No presente están recoñecidas corenta e cinco subespecies, que están divididas en dúas categorías: os meirandes raposos do norte, e os máis cativos, os raposos basais de Asia e o norte de África.

Os raposos adoitan estar xuntos en parellas ou pequenos grupos formados por familias, como dous pais adultos e as súas crías, ou un macho con varias femias con relacións de parentesco. As crías permanecen a carón dos seus pais para axudarlles a coidar novas crías. Aliméntanse principalmente de pequenos roedores, malia que tamén poden cazar coellos, galináceas, réptiles, invertebrados e crías de ungulados. É vulnerable ó ataque de depredadores meirandes, como lobos, coiotes, chacais dourados e félidos de tamaño medio e grande. A especie ten unha longa historia de asociación cos humanos, sendo cazada extensivamente como unha praga e pola súa pelaxe durante séculos, así como a súa representación no folclore e na mitoloxía de moitas culturas. Por mor da súa ampla distribución e gran poboación, o raposo común é un dos animais máis importantes para a industria da peletaría.

Sobre Galicia

Seis poemas galegos de Federico García Lorca, prólogo de E. B. A., Editorial Nós, Compostela.jpg

Seis poemas galegos é un poemario do poeta e dramaturgo español Federico García Lorca (1898–1936), unha escolma de seis poemas en galego, unha homenaxe á paisaxe e a lingua de Galicia. Escritos entre 1932 e 1934, foron publicados en 1935 en Santiago de Compostela pola Editorial Nós (fundada en 1927 por Ánxel Casal), edición príncipe prologada en castelán por Eduardo Blanco Amor. Admirador de Rosalía de Castro, de Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez, así como dos poetas medievais galegos Martín Codax e Mendinho, e dos portugueses Luís de Camões ou Gil Vicente, os poemas xorden por mor das viaxes realizadas por Lorca a Galicia dende 1931.

Coa miña chegada a Galicia, elas [as «forzas formidables» de Compostela e a paisaxe] apoderáronse de min de tal xeito que tamén me sentín poeta da alta herba, da choiva alta e pausada. Sentinme poeta galego, e unha imperiosa necesidade de facer versos, o seu cantar obrigoume a estudar a Galicia e o seu dialecto ou idioma, para o marabilloso é igual.  Federico García Lorca, declaracións en Buenos Aires, outubro de 1933.

Tal día como hoxe no ano...

Miguel Indurain

Imaxe da semana

Salvador Dali A (Dali Atomicus) 09633u.jpg
Fotografía de Philippe Halsman Dali Atomicus, tomada a Salvador Dalí en 1948.
Vexa o artigo surrealismo

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 99 742 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 261 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento