Política de privacidade

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
Jump to navigation Jump to search
This page is a translated version of the page Privacy policy and the translation is 55% complete.

Outdated translations are marked like this.
Other languages:
Atikamekw • ‎Avañe'ẽ • ‎Bahasa Indonesia • ‎Bahasa Melayu • ‎Basa Banyumasan • ‎British English • ‎Canadian English • ‎Cymraeg • ‎Deutsch • ‎Deutsch (Sie-Form)‎ • ‎English • ‎Esperanto • ‎Frysk • ‎Hausa • ‎Kiswahili • ‎Ligure • ‎Lëtzebuergesch • ‎Malagasy • ‎Napulitano • ‎Nederlands • ‎Nederlands (informeel)‎ • ‎Nordfriisk • ‎Ripoarisch • ‎Scots • ‎Soomaaliga • ‎Tiếng Việt • ‎Türkçe • ‎Yorùbá • ‎Zazaki • ‎azərbaycanca • ‎bosanski • ‎català • ‎dansk • ‎eesti • ‎emiliàn e rumagnòl • ‎español • ‎euskara • ‎français • ‎galego • ‎hrvatski • ‎interlingua • ‎italiano • ‎latviešu • ‎lietuvių • ‎magyar • ‎norsk bokmål • ‎occitan • ‎polski • ‎português • ‎português do Brasil • ‎română • ‎shqip • ‎sicilianu • ‎suomi • ‎svenska • ‎čeština • ‎Ελληνικά • ‎Кыргызча • ‎башҡортса • ‎беларуская • ‎български • ‎македонски • ‎нохчийн • ‎русский • ‎српски / srpski • ‎тоҷикӣ • ‎удмурт • ‎українська • ‎ייִדיש • ‎עברית • ‎اردو • ‎العربية • ‎تۆرکجه • ‎روچ کپتین بلوچی • ‎سنڌي • ‎فارسی • ‎مازِرونی • ‎پښتو • ‎کوردی • ‎नेपाली • ‎मराठी • ‎हिन्दी • ‎বাংলা • ‎মেইতেই লোন্ • ‎ਪੰਜਾਬੀ • ‎ગુજરાતી • ‎தமிழ் • ‎తెలుగు • ‎മലയാളം • ‎සිංහල • ‎ไทย • ‎ဖၠုံလိက် • ‎မြန်မာဘာသာ • ‎ၽႃႇသႃႇတႆး  • ‎მარგალური • ‎ქართული • ‎ភាសាខ្មែរ • ‎中文 • ‎日本語 • ‎粵語 • ‎한국어


Policies and guidelines Política de privacidade
The Wikimedia Foundation Privacy Policy explains how we collect, use, and share your personal information. By using Wikimedia Sites, you consent to this Policy.

Quere axudar coas traducións? Traduza as mensaxes que faltan.

Privacy Policy
Wikimedia-logo.svg
Este é un resumo da política de protección de datos. Para ler os termos ao completo, vaia ao texto inferior ou prema aquí.
Renuncia de responsabilidade: Este resumo non é parte da política de protección de datos e non é un documento legal. Trátase dunha referencia práctica para entender por completo a política de protección de datos. Pense nisto como unha guía sinxela da nosa política de protección de datos.

Porque cremos que non debería ter que achegar información persoal para participar neste movemento de coñecemento libre, vostede pode:

Porque queremos entender como se utilizan os sitios da Wikimedia para facelos mellores, recollemos certa información cando vostede:

Comprometémonos a:

Teña en conta:

Se engade contido ou fai modificacións nun sitio da Wikimedia sen rexistrarse, o contido ou a modificación atribúese publica e permanentemente ao enderezo IP usado nese momento, no canto de asocialo a un nome de usuario.

  • A nosa comunidade de editores e colaboradores voluntarios é un órgano autocontrolado. Algúns administradores dos sitios da Wikimedia, elixidos pola comunidade, empregan ferramentas que lles permiten un acceso limitado a información non pública sobre as contribucións recentes para que poidan protexer os sitios da Wikimedia e facer cumprir as políticas.
  • A política de protección de datos non se aplica a todos os sitios da Wikimedia, como os sitios da Wikimedia que teñen a súa propia política de protección de datos (como a tenda da Wikimedia) ou as accións e os sitios de terceiros (como os proxectos de desenvolvedores no laboratorio da Wikimedia).
  • Como parte do noso compromiso coa educación e a investigación en todo o mundo, ocasionalmente liberamos información pública e agregada ou non persoal ao público xeral a través de baleirados de datos e conxuntos de datos.
  • Para a protección da Fundación Wikimedia e a dos outros usuarios, se non está de acordo con esta política de protección de datos, non debe usar os proxectos da Wikimedia.
Contents 

Ista é unha tradución. Para consultar a versión oficial e vinculativa deste documento, véxase o Orixinal en lingua inglesa.

WMF open door.png Introdución

Reciba a nosa benvida!

O movemento Wikimedia baséase nun principio simple, mais poderoso: podemos facer máis xuntos do que calquera de nós pode facer só. Non podemos traballar colectivamente sen recompilar, compartir e analizar información sobre os nosos usuarios e, ao mesmo tempo, buscar novos xeitos de facer os nosos Sitios máis sinxelos de usar, seguros e beneficiosos.

Consideramos que a recompilación de información e o seu uso deberían ir da man da transparencia. Esta política de protección de datos explica como a Fundación Wikimedia, a organización sen fins de lucro que alberga os Proxectos da Wikimedia, como a Wikipedia, recolle, utiliza e comparte a información que recibimos de vostede a través do uso que fai dos Sitios da Wikimedia. É esencial entender que, mediante o uso de calquera dos Proxectos da Wikimedia, vostede autoriza a recolección, transferencia, procesamento, almacenamento, divulgación e uso da súa información do xeito descrito nesta política de protección de datos. Isto significa que é importante ler atentamente a presente Política.

Consideramos que vostede non ten que dar información persoal para participar no movemento de coñecemento libre. Vostede non ten que proporcionar datos como o seu nome real, o seu enderezo ou a súa data de nacemento para rexistrar unha conta estándar e achegar contidos nos Proxectos da Wikimedia.

Nós non vendemos nin alugamos a súa información privada; tampouco a entregamos a ninguén nin a usamos para venderlle cousas. Empregámola para descubrir como facer os Proxectos da Wikimedia mellores e máis accesibles, para saber cales son as ideas que funcionan e para conseguir que a aprendizaxe e a colaboración sexan máis divertidas. Dito en poucas palabras: empregamos esa información para facer os Proxectos da Wikimedia mellores para vostede.

Despois de todo, son as persoas coma vostede, as campioas do coñecemento libre, as que fan posible que os Proxectos da Wikimedia non só existan, senón tamén que medren e prosperen.

Definicións

Porque todas as persoas (non só os avogados) deberían poder entender facilmente como e por que a súa información é recollida e empregada, imos utilizar unha linguaxe sinxela e sen termos demasiado formais ao longo desta Política. Para estarmos seguros de que se comprenden algúns termos clave en particular, velaquí hai unha táboa coas traducións:


Cando dicimos... ... queremos dicir:
"a Fundación Wikimedia"/"a Fundación"/"nós"/"os nosos"/"as nosas" A Fundación Wikimedia, Inc., a organización sen fins de lucro que opera os Proxectos da Wikimedia.
"Proxectos da Wikimedia"/"Sitios da Wikimedia"/"os nosos servizos" Os sitios e servizos da Wikimedia (independentemente da lingua), incluíndo os nosos proxectos principais, como a Wikipedia e a Wikimedia Commons, así como as aplicacións móbiles, as interfaces de programación, os correos electrónicos e as notificacións; excluíndo, porén, os sitios e servizos enumerados na sección "O que esta política de protección de datos non cobre".
"vostede"/"o seu"/"a súa" Vostede, sen importar se é un individuo, un grupo ou unha organización, e independentemente de se está a usar os Proxectos da Wikimedia ou os nosos servizos en nome propio ou en nome doutra persoa.
"esta Política"/"esta política de protección de datos" Este documento, titulado "Política de protección de datos da Fundación Wikimedia".
"contribucións" O contido que vostede engade ou as modificacións que fai en calquera dos Proxectos da Wikimedia.
"información persoal"

A información que nos achega ou a información que recollemos de vostede e que pode empregarse para identificar a súa persoa. Dito claramente, aínda que non recollemos necesariamente todos os seguintes tipos de información, consideramos que, polo menos, a seguinte é "información persoal" se, doutro xeito, non é pública e pode empregarse para a súa identificación:

(a) nome real, enderezo, número de teléfono, enderezo electrónico, contrasinal, número de identidade, enderezo IP, información do axente de usuario, número da tarxeta de crédito;

(b) cando estean asociados a algún dos elementos da subsección (a), calquera dato confidencial, como a data de nacemento, sexo, orientación sexual, orixes raciais ou étnicas, estado marital ou familiar, condicións médicas ou discapacidades, afiliación política e relixión; e

"terceiros"/"terceiras partes" Persoas, organizacións, sitios web, servizos, produtos e aplicacións que a Fundación Wikimedia non controla, xestiona ou opera. Estes inclúen a outros usuarios da Wikimedia e organizacións independentes ou grupos que axudan a promocionar o movemento Wikimedia, tales como os capítulos da Wikimedia, as organizacións temáticas e os grupos de usuarios, así como os voluntarios, os traballadores, directores, oficiais, bolseiros e contratistas desas organizacións ou grupos.

O que esta política de protección de datos cobre e non cobre

Agás nos casos explicados embaixo, esta política de protección de datos aplícase á recolección e ao tratamento da información sobre vostede que recibimos como resultado do uso que fai dalgún dos Proxectos da Wikimedia. Esta Política aplícase tamén a calquera información que recibamos dos nosos colaboradores ou de terceiras partes. Para entender máis sobre o que cobre esta política de protección de datos, véxase o texto que hai a continuación.

Exemplos do que esta política de protección de datos cobre

Por motivos de claridade, a presente política de protección de datos cobre, sen importar a lingua:

  • Todos os nosos grandes proxectos (véxase a lista dos proxectos principais), como a Wikipedia, incluíndo as páxinas de usuario, páxinas de conversa e taboleiros de anuncios.
  • Os nosos blogues e as nosas interfaces de programación (a menos que haxa unha política separada para eses servizos).

Os nosos sitios e aplicacións móbiles, dispoñibles na nosa lista oficial.

  • Os correos electrónicos, os SMS e as notificacións que enviemos ou que vostede nos envíe.

Esta política de protección de datos, porén, non cobre algunhas situacións nas que podemos recoller ou procesar información. Por exemplo, algúns usos poden estar cubertos por políticas de protección de datos independentes (como a da tenda da Wikimedia) ou por sitios ou servizos xestionados por terceiros (como os proxectos de desenvolvedores no laboratorio da Wikimedia). Para entender máis sobre o que non cobre esta política de protección de datos, véxase o texto que hai a continuación.

Máis cousas sobre o que esta política de protección de datos non cobre

Esta sección é parte da política de protección de datos e está destinada a explicar en detalle aquelas situacións que non están cubertas pola nosa política de protección de datos.

Sitios da Wikimedia con políticas alternativas

Algúns sitios web da Fundación Wikimedia teñen políticas de protección de datos alternativas ou disposicións que difiren desta política de protección de datos. Entre estes sitios atópanse os seguintes:

a tenda da Wikimedia (cuberta pola política da tenda); e

donate.wikimedia.org, incluído o proceso de doazón, como premer nun cartel de doazón (cuberta pola política de protección de datos dos doantes).

Estes sitios web e outros como eles terán unha ligazón cara ás súas respectivas políticas de protección de datos (en caso de aplicarse individualmente) ou cara a unha explicación de calquera disposición diferente (se a política do sitio esta baseada nesta política de protección de datos).

Membros da comunidade

Os sitios da Wikimedia son froito do traballo colaborativo e unha comunidade global e voluntarios encárgase de mantelos e actualizados. Como resultado, algúns voluntarios teñen acceso a certa información non pública e o uso desa información pode non estar rexido por esta política de protección de datos. Exemplos disto son os seguintes:

Os voluntarios administrativos, como os verificadores de usuarios ou os stewards. Estes son voluntarios que fan cumprir as políticas dos Sitios da Wikimedia e aseguran a seguridade dos mesmos. Cando estes administradores acceden á información non pública deben seguir a nosa política de acceso á información non pública, así como outras políticas específicas dalgunhas ferramentas que empregan.

Os provedores de ferramentas. Soportamos plataformas de desenvolvedores alleos a nós para experimentar e desenvolver novas ferramentas e sitios, como wmflabs.org. Cando vostede utiliza as ferramentas creadas por estes voluntarios é posible que lles envíe información. Cando estes voluntarios acceden á información non pública, obrígaselles a seguir os termos que rexen a plataforma particular na que a ferramenta está dispoñible.

  • Outros usuarios. Achegamos varias ferramentas que permiten aos usuarios comunicarse entre eles. As comunicacións poden estar cubertas por esta Política mentres se produzan a través dos nosos sistemas, pero os usuarios que reciben estas mensaxes, e aquilo que fan con elas unha vez que as reciben, non están cubertas por esta Política. Por exemplo:
    • publicalas en listas de correo aloxadas pola Fundación;
    • solicitar axuda de voluntarios a través do noso sistema de peticións en liña (os correos electrónicos enviados a info[arroba]wikimedia.org están neste sistema);
    • enviar correos electrónicos a outros usuarios a través dos Sitios da Wikimedia (por exemplo, usando a ferramenta "Enviar un correo electrónico a este usuario"); e
    • conversar a través do IRC (por exemplo, na canle #wikipedia).
Terceiras partes

Esta política de protección de datos só cobre o xeito que a WMF ten de recoller e tratar a información. Entre as terceiras partes que poden recibir información cando vostede fai uso dos Sitios da Wikimedia atópanse:

As páxinas web pertencentes a outras organizacións, como aqueles sitios web ligados desde as seccións "Notas" da Wikipedia, os capítulos da Wikimedia ou calquera outra organización do movemento. Estas organizacións poden recibir información da súa parte se vostede visita as súas páxinas web despois de utilizar algún dos Sitios da Wikimedia. Estas organizacións teñen cadansúa política de protección de datos.

  • As aplicacións móbiles proporcionadas por outras organizacións ou individuos. Estas organizacións ou individuos poden recibir información súa se emprega esas aplicacións para acceder aos Sitios da Wikimedia ou aos seus contidos. Estas organizacións ou individuos teñen cadansúa política de protección de datos.

As ferramentas de recolección de datos de terceiros que os voluntarios ou terceiros colocan nos Sitios da Wikimedia. Ás veces, os voluntarios poden colocar unha ferramenta de recolección de datos, como un script, un píxel de seguimento ou un botón de compartir nun Sitio da Wikimedia sen o noso coñecemento. Esta Política non cobre como manexan estas terceiras partes a información que reciben como resultado do uso da ferramenta. Se atopa unha ferramenta dun terceiro que crea que incumpre esta Política, pode eliminala vostede ou informarnos no enderezo privacy[arroba]wikimedia.org para que lle botemos unha ollada.

Alí onde as políticas comunitarias regulen a información, como a política relativa aos verificadores de usuarios, a comunidade pertinente pode engadir regras e obrigas ás establecidas nesta Política. Non obstante, non está permitida a creación de novas excepcións ou a redución das proteccións ofrecidas por esta Política.

==WMF chart.png

Uso da información

==

===

Tipos de información que recibimos de vostede, como a obtemos e como a empregamos

===

As súas contribucións públicas

Cando vostede fai unha achega en calquera Proxecto da Wikimedia, incluídas as páxinas de usuario ou as de conversa, está creando un rexistro permanente e público de cada parte do contido que vostede engade, borra ou edita. O historial da páxina ha mostrar cando se fixo a adición ou o borrado, así como tamén o seu nome de usuario (se está rexistrado) ou o seu enderezo IP (se non está rexistrado). Podemos empregar as súas achegas públicas, xa sexa de xeito agregado coas colaboracións doutras persoas ou de forma individual, para crear novas funcións ou produtos relativos aos datos ou para descubrir como se empregan os Proxectos da Wikimedia.

Publicly Visible Information

A menos que a Política diga o contrario, vostede acepta que a información que vostede achega aos Proxectos da Wikimedia, incluíndo a información persoal, é pública e visible e pode atoparse mediante motores de busca. Como a maioría das cousas que hai na internet, calquera cousa que comparta pode ser copiada e redistribuída na web por outras persoas. Por favor, non publique información que vostede non queira facer pública permanentemente, como o seu nome real ou o lugar no que reside.

Debe ter presente que os datos específicos feitos públicos por vostede ou os datos agregados que nós facemos públicos poden ser utilizados por calquera para a súa análise e para inferir información sobre os usuarios, como o país de procedencia, as afiliacións políticas e o sexo.

Información e rexistro da conta

Quere crear unha conta? Boa idea! Non quere crear unha conta? Sen problema!

Non é necesario crear unha conta para ler ou colaborar nos Proxectos da Wikimedia, agás nalgunha circunstancia estraña. Porén, se vostede fai achegas sen se rexistrar, a súa contribución ligarase publicamente co enderezo IP asociado ao seu dispositivo.

Se quere crear unha conta estándar, na maioría dos casos unicamente necesitamos un nome de usuario e un contrasinal. O seu nome de usuario será visible publicamente, así que vaia con tino se pensa usar o seu nome real como nome de usuario. O contrasinal só se utiliza para comprobar que a conta é súa. Nós tamén recibimos automaticamente o seu enderezo IP e gardámolo temporalmente para axudar a evitar abusos. Non é necesaria ningunha información persoal: nin nome, nin enderezo de correo electrónico, nin data de nacemento nin información da tarxeta de crédito.

More on Usernames

Your username will be publicly visible, so please be careful about using your real name as your username. Your password is only used to verify that the account is yours. Your IP address is also automatically submitted to us, and we record it temporarily to help prevent abuse. No other personal information is required: no name, no email address, no date of birth, no credit card information.

Unha vez creadas, as contas de usuario non se poden eliminar por completo (aínda que normalmente si é posible eliminar a información da súa páxina de usuario se decide facelo). Isto débese a que as contribucións públicas deben estar asociadas ao seu autor (vostede!). Asgúrese de elixir un nome do que non se arrepinta cos anos.

Para comprender mellor a demografía dos nosos usuarios, para localizar os nosos servizos e para saber como podemos mellorar os nosos servizos, podemos pedirlle máis información demográfica sobre vostede, como o sexo ou a idade. Habemos dicirlle se a información está destinada a facerse pública ou se será privada, de xeito que poida decidir se desexa proporcionarnos esa información. Darnos esta información é sempre opcional. Se non quere, non ten que dala; así de sinxelo.

Información de localización

GPS e outras tecnoloxías de localización

Algunhas das características que ofrecemos funcionan mellor se sabemos a zona na que se atopa. Pero depende totalmente de vostede se quere ou non usar as ferramentas de xeolocalización para beneficiarse dalgúns dos recursos dispoñibles. Se acepta, podemos utilizar o GPS (e outras tecnoloxías comúns utilizadas para determinar a localización) para mostrarlle contidos máis relevantes. Mantemos confidencialmente a información obtida a través destas tecnoloxías, salvo o disposto nesta Política. Pode obter máis información botando unha ollada á lista de exemplos de como usamos estas tecnoloxías na preguntas frecuentes.

Metadatos

Ás veces, podemos recibir datos de xeolocalización automaticamente desde o seu dispositivo. Por exemplo, se quere cargar unha fotografía mediante a aplicación para dispositivos móbiles da Wikimedia Commons, podemos recibir metadatos automaticamente desde o seu dispositivo, como o lugar e a hora á que tirou a fotografía. Teña en conta que, a diferenza da información de localización recollida por medio de sinais GPS como se describe anteriormente, a configuración por defecto no seu dispositivo móbil normalmente inclúe os metadatos na información da carga da fotografía ou do vídeo nos Sitios da Wikimedia. Se non quere enviar os metadatos e facelos públicos, modifique a configuración do seu dispositivo.

Enderezos IP

Por último, cando visita calquera dos Proxectos da Wikimedia, recibimos automaticamente o enderezo IP do dispositivo (ou do servidor proxy) que está a empregar para acceder á internet; esta información pode usarse para deducir a súa localización xeográfica. Gardamos os enderezos IP confidencialmente, salvo o disposto nesta Política. Por exemplo, se fai unha contribución sen acceder ao sistema, o enderezo IP que utilizase será público e quedará gravado permanentemente. Se está a visitar os Proxectos da Wikimedia desde o seu dispositivo móbil, podemos usar o seu enderezo IP para proporcionar información anónima ou agregada a provedores de servizos en relación co volume de uso en determinadas zonas. Usamos enderezos IP para investigación e análise; para personalizar mellor os contidos, os anuncios e as opcións para vostede; para loitar contra o spam, o roubo de identidades, o malware e outros tipos de abuso; e para proporcionar mellores aplicacións móbiles.

Información relacionada co seu uso dos Sitios da Wikimedia

Queremos facer que os Proxectos da Wikimedia sexan mellores para vostede descubrindo como os utiliza. Exemplos disto poden incluír a frecuencia con que visita os Proxectos da Wikimedia, aquelas cousas que lle gustan, aqueloutras que lle resultaron útiles, como accede aos Proxectos da Wikimedia e se utilizaría máis unha función útil se a explicásemos de maneira diferente. Tamén queremos que esta Política e as nosas prácticas reflictan os valores da nosa comunidade. Por este motivo, mantemos de xeito confidencial a información relacionada co seu uso dos Proxectos da Wikimedia, salvo nos casos dispostos na presente Política.

Información que recibimos automaticamente

Debido ao funcionamento dos navegadores, e de modo similar a outros grandes sitios web, recibimos certa información automaticamente cando vostede visita os Proxectos da Wikimedia. Esta información inclúe o tipo de dispositivo que está utilizando (posiblemente incluíndo os números de identificación únicos do dispositivo, para algunhas versións beta das nosas aplicacións móbiles), o tipo e a versión do seu navegador, a preferencia de lingua do seu navegador, o tipo e a versión do sistema operativo do seu dispositivo; nalgúns casos, o nome do seu provedor de internet ou operador de telefonía móbil, o sitio web desde o que accedeu aos Proxectos da Wikimedia, as páxinas que solicita e visita, así como a data e hora de cada solicitude que fai aos Proxectos da Wikimedia.

En poucas palabras, utilizamos esta información para mellorar a súa experiencia cos Proxectos da Wikimedia. Por exemplo, utilizamos esta información para xestionar os proxectos, ofrecer unha maior seguridade e combater o vandalismo; optimizar as aplicacións móbiles, personalizar o contido e establecer preferencias de lingua, probar características para ver o que funciona e mellorar o rendemento; entender a interacción dos usuarios cos Proxectos da Wikimedia, rastrexar e estudar o uso das diversas características, comprender as características demográficas dos diferentes Proxectos da Wikimedia e analizar as tendencias.

Información que recollemos

Recollemos activamente algúns tipos de información cunha variedade de tecnoloxías de uso común. Estas inclúen xeralmente píxeles de seguimento, JavaScript e diversas tecnoloxías de "datos almacenados localmente", como as cookies e o almacenamento local. Somos conscientes de que algunhas destas tecnoloxías non teñen boa reputación e poden utilizarse para fins pouco nobles. Por iso queremos indicar claramente os motivos que nos levan a usar estes métodos e o tipo de información que recollemos con cada un deles.

En función da tecnoloxía que empreguemos, os datos almacenados localmente poden ser tanto texto, imaxes e artigos completos (como se explica máis adiante) como información persoal (por exemplo, o seu enderezo IP) e información sobre o seu uso dos Proxectos da Wikimedia (como o seu nome de usuario ou a hora de acceso).

Utilizamos esta información para facer a súa experiencia nos Proxectos da Wikimedia mellor e máis segura, para comprender mellor as preferencias de usuario e a súa interacción cos Proxectos da Wikimedia, así como para mellorar a calidade xeral dos nosos servizos. Nunca utilizaremos cookies de terceiros, a menos que teñamos o seu permiso para facelo. Se algunha vez atopa unha ferramenta de terceiros de recolección de datos que non foi autorizada por vostede (por exemplo, que algún usuario ou administrador a colocase erroneamente), infórmenos no enderezo privacy@wikimedia.org.

More on Locally Stored Data

Os datos almacenados localmente, o JavaScript e os píxeles de seguimento serven para cousas como:

Proporcionarlle unha experiencia personalizada, empregando cookies para saber a súa preferencia de lingua, para lembrar as preferencias de usuario que estableceu para que poidamos proporcionarlle a aparencia personalizada que desexa e para comunicarlle os temas e eventos interesantes da Wikimedia na súa zona.

Ofrecerlle contidos máis relevantes de xeito máis rápido. Por exemplo, podemos utilizar o almacenamento local para gardar os artigos lidos recentemente directamente no seu dispositivo, para poder acceder a eles rapidamente. Ademais, podemos usar as cookies para descubrir os temas buscados, para podermos optimizar os resultados da procura que lle ofrecemos.

  • Entender como emprega os Proxectos da Wikimedia, a fin de sabermos o que funciona e o que é útil. Por exemplo, podemos utilizar cookies para coñecer a lista de artigos que está vixiando, para facerlle recomendacións de artigos semellantes nos que poida ter interese.
  • Entender como emprega os direfentes Proxectos da Wikimedia con diferentes dispositivos, para conseguir que os Proxectos da Wikimedia sexan máis eficientes e eficaces para vostede.
  • Facer os Proxectos da Wikimedia máis xeitosos; por exemplo, mediante cookies para manter a súa sesión cando acceda ao sistema ou para lembrar o seu nome de usuario no formulario de rexistro.

Quere saber aínda máis? Pode ler máis acerca dalgunhas das cookies específicas que empregamos, cando caducan e para que as utilizamos nas preguntas frecuentes.

Consideramos que esta recollida de datos axuda a mellorar a experiencia de usuario, pero pode eliminar ou desactivar algúns ou todos os datos almacenados localmente a través da configuración do navegador. Pode atopar máis información sobre algunhas das opcións que ten nas preguntas frecuentes. Malia que os datos almacenados localmente poden non ser necesarios para utilizar os nosos Proxectos, algunhas características poden non funcionar correctamente se elimina ou desactiva os datos almacenados localmente.

Malia que os exemplos anteriores sobre a información sobre vostede recollida a través do uso de ferramentas de colección de datos quedan gardados confidencialmente de acordo con esta Política, teña en conta que algunha información sobre as accións que vostede leva a cabo faise pública mediante rexistros públicos xunto a outras feitas por outros usuarios. Por exemplo, un rexistro público pode incluír a data de creación da súa conta nun Sitio da Wikimedia xunto a outras datas de creación de contas nese Sitio da Wikimedia. A información dispoñible a través dos rexistros públicos non inclúe información persoal.

===

Correos electrónicos

===

Ten a posibilidade de proporcionar un enderezo de correo electrónico no momento do rexistro ou en posteriores interaccións cos Sitios da Wikimedia. Se fai iso, o seu enderezo de correo electrónico mantense en segredo, salvo o disposto nesta Política. Non vendemos, alugamos ou usamos o seu enderezo de correo electrónico para enviarlle propaganda sobre produtos ou servizos de terceiros.

Operating the Wikimedia Sites, sharing your contributions and administering our Services.

Empregamos o seu enderezo de correo electrónico para informarlle sobre as cousas que suceden na Fundación, os Proxectos da Wikimedia ou o movemento Wikimedia, proporcionándolle información importante sobre a súa conta, facéndolle saber se algo está cambiando nos Proxectos ou políticas da Wikimedia e alertando sobre as modificacións producidas nun artigo que decidiu seguir. Teña en conta que se nos envía unha mensaxe de correo electrónico podemos gardar a súa mensaxe, o seu enderezo de correo electrónico e calquera outra información que nos ofreza para podermos procesar e responder a súa solicitude.

We engage in these activities to manage our relationship with you, because we have a legitimate interest and/or to comply with our legal obligations.

Providing customized Services.
  • To provide to you custom content, notices and settings and to enhance your experience with the Wikimedia Sites.

We will customize the Services, in some instances, at your direction; in all instances, in keeping with our legitimate charitable purpose of pursuing our mission.

Sending emails with news updates, surveys and communications about items we believe may be of interest to you.
  • To let you know about things that are happening with the Wikimedia Foundation, the Wikimedia Sites or the Wikimedia movement.
  • To alert you when there has been a change to an article that you have decided to follow.

We will send these types of emails to you only with your consent. We do not sell, rent, or use your email address to advertise third-party products or services to you. You can manage what kinds of notifications you receive and how often you receive them by going to your Notifications Preferences. You can learn more about email and notifications and how to change your preferences in our FAQ.

Sending optional surveys and requesting feedback.

We will always tell you, at the time we give you an opportunity to share your thoughts, how we plan on using your answers and any personal information you provide.

Your responses to our surveys and feedback requests are always optional. We will email these types of requests to you only with your consent. You can manage what kinds of notifications you receive and how often you receive them by going to your Notifications Preferences. You can learn more about email and notifications and how to change your preferences in our FAQ.

Improving the Wikimedia Sites and making your user experience safer and better.
  • To use your public contributions, either aggregated with the public contributions of others or individually, to create new features or data-related products for you or to learn more about how the Wikimedia Sites are used.
  • For research and analytics.
  • To fight spam, identity theft, malware and other kinds of abuse.
  • To optimize mobile and other applications.
  • To test features to see what works, understand how users interact with the Wikimedia Sites, track and study use of various features, gain understanding about the demographics of the different Wikimedia Sites and analyze trends.

We engage in these activities to further our legitimate charitable purpose and/or to comply with our legal obligations.

===

Enquisas e comentarios

===

Location information

GPS & Other Location Technologies

As stated above, we can use commonly-used location technologies to show you more relevant content. For example, our mobile apps can identify articles from the Wikimedia sites about points of interest near your location. As a reminder, you can deactivate our access to these location technologies at any time, and still use the Wikimedia Sites.

Metadatos

As stated above, we may automatically receive location data from your device. For example, if you upload a photo using the Wikimedia Commons mobile app, please be aware that the default setting on your mobile device typically results in the metadata associated with your photo being included in the upload. As a reminder, if you do not want metadata sent to us and made public at the time of your upload, please change your settings on your device.

Enderezos IP

When you visit any Wikimedia Site, we automatically receive the IP address of the device (or your proxy server) you are using to access the Internet, which could be used to infer your geographical location. We keep IP addresses confidential, except as provided in this Policy. If you are visiting Wikimedia Sites with your mobile device, we may use your IP address to provide anonymized or aggregated information to service providers regarding the volume of usage in certain areas.

We use this location information to make your experience with the Wikimedia Sites safer and better, to gain a greater understanding of user preferences and their interaction with the Wikimedia Sites, and to generally improve our services. For example, we use this information to provide greater security, optimize mobile applications, and learn how to expand and better support Wikimedia communities. We also use Personal Information in the manner described in the sections of this Policy titled "For Legal Reasons" and "To Protect You, Ourselves & Others."

WMF share.png Compartir

Cando podemos compartir a súa información?

Co seu permiso

Podemos compartir a súa información para un propósito en particular, se está de acordo. Pode atopar máis información na lista de exemplos que hai nas preguntas frecuentes.

Por motivos legais

Podemos acceder a, conservar ou divulgar a súa información persoal se cremos que é necesario para satisfacer un mandato, unha citación, unha orde xudicial, unha lei ou un regulamento en vigor ou outra orde xudicial ou administrativa. Con todo, se cremos que unha petición en particular para a revelación de información dun usuario non é legalmente válida ou é un abuso do sistema legal e o usuario afectado non pretende oporse persoalmente á divulgación, trataremos de facer o que poidamos para resistir. Comprometémonos a notificarlle por correo electrónico no prazo de dez (10) días naturais, cando sexa posible, antes de difundir a súa información persoal en resposta a unha demanda legal. Non obstante, só podemos enviar a notificación se non temos o impedimento legal de poñernos en contacto con vostede, non se crea ou aumenta unha ameaza vital ou para a integridade física por revelar a solicitude e vostede nos facilitou un enderezo de correo electrónico.

Ningunha disposición da presente política de protección de datos está destinada a limitar as obxeccións ou defensas legais que poida ter cunha petición de terceiros (sexa civil, penal ou gobernamental) para dar a coñecer a súa información. Recomendamos buscar o asesoramento dun avogado inmediatamente se tal petición involucra á súa persoa.

Para atopar máis información, consulte a nosa páxina de resposta ás citacións.

Se a organización é transferida (moi pouco probable!)

No caso moi improbable de que cambien os propietarios de toda ou parte substancial da Fundación ou de que fagamos unha reorganización (como unha fusión, consolidación ou adquisición), manteremos a súa información persoal de xeito confidencial, salvo o disposto na presente Política, avisaremos a través dos Sitios da Wikimedia e notificaremos este feito en WikimediaAnnounce-L ou nun fío semellante polo menos trinta (30) días naturais antes de transferir calquera información persoal ou esta quede suxeita a unha política de protección de datos diferente.

Para a súa protección, a nosa e a doutras persoas

Nós ou algúns usuarios con certos dereitos administrativos, segundo se describen a continuación, podemos compartir a súa información persoal se cremos que é razoablemente necesario para fortalecer ou investigar violacións potenciais dos nosos termos de uso, esta política de protección de datos ou calquera outra política comunitaria ou da Fundación. Tamén podemos acceder e compartir a información para investigar e defendernos de ameazas ou accións legais.

Os Proxectos da Wikimedia son colaborativos, sendo os usuarios os autores da maioría das políticas e os que seleccionan entre eles as persoas que contan con certos dereitos administrativos. Estes dereitos poden incluír o acceso a unha cantidade limitada de información non pública sobre as achegas recentes e a actividade doutros usuarios. Empregan este acceso para axudar á protección contra os vandalismos e abusos, para combater o acoso a outros usuarios e, xeralmente, intentan minimizar o comportamento prexudicial nos Proxectos da Wikimedia. Estes grupos administrativos seleccionados polos propios usuarios teñen as súas propias normas de confidencialidade, pero suponse que deben cumprir a nosa política de acceso á información non pública. Estes grupos administrativos seleccionados polos usuarios son responsables ante os outros usuarios a través dun sistema de pesos e contrapesos: os usuarios selecciónanse a través dun proceso conducido pola comunidade e supervisado polos seus compañeiros a través dun historial que rexistra as súas accións. Porén, a Fundación Wikimedia non coñece os nomes legais destes usuarios.

Agardamos que isto nunca chegue a pasar, pero podemos revelar información persoal se cremos que é razoablemente necesario para previr unha grave e inminente lesión corporal ou a morte dunha persoa, ou para protexer a nosa organización, empregados, contratistas, usuarios ou o público. Tamén podemos revelar a súa información persoal se cremos que é razoablemente necesario para detectar, impedir ou doutra forma avaliar e tratar o spam, o malware, a fraude, o abuso, a actividade ilegal e os problemas de seguridade ou técnicos. (Consulte a lista de exemplos nas preguntas frecuentes para obter máis información.)

Aos nosos provedores de servizos

Por máis que traballemos, non o podemos facer todo. Así que ás veces usamos provedores de servizos externos ou contratistas que axudan no funcionamento ou mellora dos Sitios da Wikimedia para vostede e para os outros usuarios. Podemos dar acceso á súa información persoal a eses provedores ou contratistas se fose necesario para prestar os seus servizos ou para utilizar as súas ferramentas e servizos. Con todo, impoñemos requisitos, como acordos de confidencialidade, para garantir que estes provedores de servizos tratan a súa información de xeito coherente e nunca de maneira menos protectiva que os principios desta Política. (Consulte a lista de exemplos nas preguntas frecuentes.)

If you are visiting Wikimedia Sites with your mobile device, we use your IP address to provide anonymized or aggregated information to service providers regarding the volume of usage in certain areas.

Para comprender e experimentar

O software de código aberto que empregan os Proxectos da Wikimedia depende das contribucións de desenvolvedores de software voluntarios, que pasan o tempo escribindo e probando código para axudarnos a mellorar e evolucionar coas necesidades dos usuarios. Para facilitar o seu traballo, podemos dar a algúns desenvolvedores acceso limitado aos sistemas que conteñen a súa información persoal, pero só canto sexa razoablemente necesario para que desenvolvan e contribúan aos Proxectos da Wikimedia.

Do mesmo xeito, podemos compartir información non persoal ou agregada con investigadores, bolseiros, académicos e outros interesados ​​que desexen estudar os Proxectos da Wikimedia. Compartir esta información axúdalles a entender o uso, a visualización e as estatísticas e os patróns demográficos. Estas persoas poden compartir os seus achados con nós e cos nosos usuarios para que todos poidamos entender mellor e mellorar os Sitios da Wikimedia.

Cando damos acceso á información persoal aos desenvolvedores ou investigadores de terceiros poñemos requisitos, como proteccións técnicas e contractuais razoables, co fin de asegurar que estes provedores de servizos tratan a súa información segundo os principios desta Política e de acordo ás nosas instrucións. Se estes desenvolvedores ou investigadores publican máis tarde o seu traballo ou resultados, pedímoslles que non fagan pública a súa información persoal. Teña en conta que, a pesar das obrigas que impoñemos aos desenvolvedores e investigadores, non podemos garantir que cumpran o noso acordo, nin tampouco que vaiamos peneirar ou revisar regularmente os seus proxectos. (Pode atopar máis información sobre a reidentificación nas preguntas frecuentes.)

Porque vostede o fixo público

Calquera información que publique nos Proxectos da Wikimedia é iso: pública. Por exemplo, se publica o seu enderezo postal na súa páxina de conversa, iso é público e non está protexido por esta Política. E se edita sen rexistrarse ou acceder coa súa conta, o seu enderezo IP quedará rexistrado publicamente. Por favor, reflexione sobre o nivel desexado de anonimato que queira ter antes de revelar información persoal na súa páxina de usuario ou en calquera outro lugar.


WMF safe.png Protección

Como protexemos os seus datos?

Esforzámonos en protexer a súa información de accesos, usos ou divulgacións non autorizados. Utilizamos diversas medidas físicas e técnicas, políticas e procedementos (como procedementos de control de acceso, devasas de rede e seguridade física) destinadas a protexer os nosos sistemas e a súa información persoal. Desafortunadamente, non hai seguridade total na transmisión ou almacenamento de datos, por iso non podemos garantir que a nosa seguridade quede comprometida (a través de medidas técnicas ou da violación das nosas políticas e procedementos).

We will never ask for your password by email (but may send you a temporary password via email if you have requested a password reset). If you ever receive an email that requests your password, please let us know by sending it to privacy@wikimedia.org, so we can investigate the source of the email.

Canto tempo gardamos os seus datos?

En canto recibimos a súa información persoal, mantémola almacenada o menor tempo posible; o tempo necesario para o mantemento, a comprensión e a mellora dos Proxectos da Wikimedia e para cumprir as nosas obrigas coas leis aplicables nos Estados Unidos de América. A información non persoal pode gardarse indefinidamente. (Consulte a lista de exemplos nas preguntas frecuentes.)

Lembre que certa información é retida e exhibida indefinidamente, como o seu enderezo IP (se edita sen rexistrarse) e calquera contribución pública nos Proxectos da Wikimedia.

WMF sign.png Información importante

Para a protección da Fundación Wikimedia e a dos outros usuarios, se non está de acordo con esta política de protección de datos, non debe usar os Proxectos da Wikimedia.

Onde está a Fundación e que supón iso para min?

A Fundación Wikimedia é unha organización sen fins de lucro con sede en San Francisco, California, cos servidores e centros de datos situados nos Estados Unidos de América. Se vostede decide empregar os Proxectos da Wikimedia, xa sexa dentro ou de fóra dos EUA, acepta a recollida, transferencia, almacenamento, procesamento, divulgación e outros usos da súa información nos EUA segundo está descrito nesta política de protección de datos. Tamén autoriza a transferencia da súa información pola nosa parte desde os EUA a outros países, que poden ter leis de protección de datos diferentes ou menos rigorosas que o seu país, en relación cos servizos que lle proporcionamos.

A nosa resposta aos sinais de "Non rastrexar" ("Do Not Track")

Estamos firmemente comprometidos a non compartir a información non pública con terceiros. En particular, non permitimos o seguimento de sitios web de terceiros que non visitou (incluíndo servizos de análise, redes de publicidade e plataformas sociais), nin compartimos a súa información con ninguén con fins comerciais. Baixo esta Política, podemos compartir a súa información unicamente en situacións particulares, das que pode atopar máis información na sección "Cando podemos compartir a súa información?" desta política de protección de datos.

Dado que protexemos a todos os usuarios deste modo, non modificamos o noso comportamento en resposta aos sinais "Non rastrexar" ("Do Not Track") dun navegador web.

Para obter máis información sobre os sinais "Non rastrexar" ("Do Not Track") e como os tratamos, consulte as preguntas frecuentes.

Cambios nesta política de protección de datos

Dado que as cousas cambian naturalmente co paso do tempo e queremos garantir que a nosa política de protección de datos reflicta con precisión as nosas prácticas e a lei, pode ser necesario modificar esta política de protección de cando en vez. Reservámonos o dereito de facelo do seguinte xeito:

  • En caso de cambios substanciais, presentaremos as modificacións propostas aos nosos usuarios en, como mínimo, tres (3) linguas (seleccionadas á nosa discreción) para abrir un período de comentarios cunha duración mínima de trinta (30) días naturais. Antes do inicio de calquera período de comentarios, daremos un aviso de tales modificacións e a oportunidade de comentalos a través dos Sitios da Wikimedia e mediante unha notificación en WikimediaAnnounce-L ou unha lista de correo similar.
  • Para realizar pequenas modificacións, como correccións gramaticais, cambios administrativos ou legais ou a corrección de declaracións imprecisas, publicaremos as modificacións e, cando sexa posible, proporcionaremos, polo menos, tres (3) días naturais previo aviso a través de WikimediaAnnounce-L ou unha lista de correo similar.

Pedímoslle que revise a versión máis actual da nosa política de protección de datos. O uso continuado dos Proxectos da Wikimedia despois da entrada en vigor desta política de protección de datos constitúe a aceptación desta política de protección de datos pola súa parte. O uso continuado dos Proxectos da Wikimedia despois de entrar en vigor calquera versión posterior desta política de protección de datos, previa notificación segundo o descrito anteriormente, constitúe a aceptación desa versión da política de protección de datos pola súa parte.

Contacte con nós

Se ten preguntas ou suxestións sobre esta política de protección de datos ou sobre a información recompilada de acordo con ela, por favor, envíe unha mensaxe ao enderezo privacy@wikimedia.org ou contacte con nós directamente.

Depending on your jurisdiction, you also may have the right to lodge a complaint with a supervisory authority competent for your country or region.

Grazas!

Grazas por ler a nosa política de protección de datos. Esperamos que goce usando os Proxectos da Wikimedia e agradecemos a súa participación na creación, mantemento e traballo constante para mellorar a maior fonte de coñecemento libre do mundo.

Teña en conta que, en caso de haber algunha diferenza de significado ou interpretación entre a versión orixinal en inglés desta política de protección de datos e unha tradución, prevalece a versión orixinal en inglés.

Páxinas relacionadas coa protección de datos