Cando usas os nosos servizos, confíasnos a túa información. Queremos dicirche o que facemos con ela:
Os datos permítennos ofrecerche os nosos servizos, como a Busca, Gmail e Maps.
Os datos tamén nos permiten mostrarche anuncios relevantes para que poidamos ofrecer os nosos servizos de forma gratuíta a todo o mundo.
Non vendemos a túa información persoal.
E ti controlas o tipo de información que recompilamos e utilizamos.
Ademais, ninguén fai máis para manterte a ti e á túa información seguros.
Aquí podes atopar respostas para as preguntas máis comúns sobre privacidade e seguranza:.
Os principais tipos de datos que recollemos baséanse nas accións que realizas mentras utilizas os nosos servizos, como os detalles básicos da túa conta e as cousas que creas.
Cando utilizas os nosos servizos, por exemplo, cando fas unha busca en Google, obtés indicacións en Google Maps ou ves un vídeo en YouTube, recompilamos información para poder mellorar os nosos servizos. Cando te rexistras nunha conta de Google, conservamos a información básica da conta que nos forneces, como o teu nome, correo electrónico e contrasinal. Tamén almacenamos e protexemos o que creas usando os nosos servizos para que sempre dispoñas dos teus correos electrónicos, fotos, vídeos e documentos cando os precises.
Tamén che fornecemos ferramentas para controlar os tipos de datos que recompilamos e utilizamos.
O primeiro e máis importante é que utilizamos os datos para que os nosos servizos sexan máis rápidos, intelixentes e útiles, por exemplo, para ofrecerche mellores resultados de busca e actualizacións puntuais sobre o tráfico. Os datos tamén nos axudan a analizar padróns para protexerte de software malicioso, phishing e outras actividades sospeitosas. Por exemplo, advertímoste cando tentas visitar sitios web perigosos. Tamén utilizamos datos para mostrarche anuncios que son relevantes e útiles, e para que os nosos servizos continúen sendo gratuítos para todo o mundo.
Obtén máis información acerca de como utiliza Google os datos
Non. Non vendemos a túa información persoal.
Utilizamos determinada información, como as buscas que realizaches e a túa localización, para que os anuncios que mostramos che resulten máis relevantes e útiles. Os anuncios son os que nos permiten fornecer servizos como a Busca, Gmail e Maps a todo o mundo de forma gratuíta. Non compartimos información con anunciantes de maneira que permita a túa identificación, a non ser que nos deas permiso. Coa nosa ferramenta de configuración de anuncios, podes controlar os anuncios baseados nos teus intereses e nas buscas que realizaches.
Obtén máis información acerca de como mostra Google os anuncios
Dispoñemos de ferramentas fáciles de utilizar que che permiten controlar como funciona Google.
En A miña conta, podes atopar ferramentas para xestionar a túa privacidade e información nun mesmo lugar.
Cos nosos controis de datos en Controis de actividades, podes xestionar os tipos de datos que recompilamos, incluída a túa actividade na Buscas, en YouTube e nas localizacións.
Coa nosa ferramenta de configuración de anuncios , podes controlar os anuncios baseados nos teus intereses e nas buscas que realizaches.
Máis información acerca das nosas ferramentas e configuracións
Se a túa información non está segura, non é privada. Ese é o motivo polo que cando utilizas os servizos de Google, estás protexido por unha das infraestruturas de seguranza máis avanzadas do mundo.
A tecnoloxía Navegación segura de Google, que protexe a máis de 1000 millóns de persoas, avísate cando accedes a un sitio que pode conter software malicioso ou intentos de phishing.
A encriptación garante que a túa información estea máis protexida cando se transmite entre o teu dispositivo e Google.
A seguranza de Gmail protéxete contra o spam, o phishing e o software malicioso mellor que calquera outro servizo de correo electrónico.
Obtén máis información acerca de como te mantemos protexido online
Todos os nosos produtos inclúen seguranza online avanzada. A continuación indicámosche tres pasos sinxelos, pero importantes, que podes levar a cabo para manter a túa información segura.
Realiza a comprobación de seguranza con frecuencia para manter a túa conta de Google segura. Só leva uns minutos.
Crea un contrasinal seguro e non o utilices para nada máis que non sexa a conta de Google.
Engade un número de teléfono móbil de recuperación á túa conta para poder confirmar a túa identidade se se bloquea a túa conta ou se pensamos que outra persoa está tentando acceder a ela.
Máis información acerca do que podes facer para estar seguro online
En A miña conta, encontrarás ferramentas para xestionar a túa privacidade e seguranza.