O copyright é un tema importante para toda a comunidade de YouTube. Nas seccións seguintes, disporás de acceso a toda a información e ás ferramentas necesarias para xestionar os teus dereitos na plataforma de YouTube e obter información sobre como respectar os dereitos dos demais creadores.
Se queres enviar unha notificación dunha suposta infracción do copyright, obter información acerca de que debes facer se consideras que o teu vídeo se eliminou incorrectamente ou acerca de como impugnar unha coincidencia de Content ID, os recursos facilitados a continuación axudaranche a informarte sobre os nosos sinxelos procesos de xestión de dereitos.
Solicita que se retire un uso non autorizado da túa obra creativa.
Solicita o restablecemento dun vídeo que se eliminou de forma incorrecta de YouTube debido a unha infracción de copyright.
Cancela ou retira unha solicitude de retirada que enviases ti ou a túa empresa a YouTube.
Impugna unha reclamación de Content ID sobre o teu vídeo que consideres incorrecta.
Existe moita información acerca do mundo do copyright. Se necesitas axuda para diagnosticar un problema de copyright, os recursos que aparecen a continuación constitúen o mellor punto de partida. Se non obtiveches resposta á túa pregunta aquí, vai ao noso Centro de axuda para encontrar información adicional.
Aprende a diferenciar entre unha reclamación de Content ID e unha retirada por infracción do copyright.
Se recibiches un toque de atención por copyright, descubre o motivo e a mellor maneira de resolvelo.
Obtén información acerca dunha das maneiras de detectar materiais protexidos por copyright en YouTube e o que podes facer se recibes unha reclamación.
Para utilizar algunhas funcións de YouTube, a túa conta ten que estar en bo estado no que respecta ao copyright.
Obtén máis información acerca de Content ID, unha ferramenta que utilizan os propietarios de contido para identificar e reclamar o seu contido en vídeos cargados en YouTube.
Comproba se a túa conta está en bo estado no que respecta ao copyright.
Queres obter máis información acerca do copyright? Estes recursos axudaranche a comezar, tanto se só estás a buscar información xeral, como se tentas comprender a fondo temas como o uso lexítimo.
Que elementos están protexidos por copyright? En que se diferencia o copyright doutras formas de propiedade intelectual?
Existen determinadas circunstancias baixo as que a lei permite o uso de fragmentos de materiais protexidos con copyright.
Descubre un tipo especial de licenza que permite a reutilización de contidos, sempre que respectes as regras.
Respostas ás preguntas sobre copyright formuladas con máis frecuencia.