Directrices da marca

Benvido ao sitio da marca de YouTube. Utiliza este sitio para obter información acerca das directrices de uso do nome e o logotipo de YouTube. Le as directrices que se aplican ao teu caso práctico e, cando utilices o logotipo de YouTube, asegúrate de que estás a utilizar os logotipos novos que se encontran na sección de descargas do sitio. Para comezar, selecciona a continuación cal dos seguintes casos prácticos se aplica ás túas circunstancias.

Se non se aplica ningún destes casos prácticos ás túas circunstancias ou se a túa solicitude non se trata neste sitio, deberás enviar a solicitude de uso da marca de YouTube en inglés a través do Formulario de solicitude de uso da marca para a súa revisión. O prazo de resposta é de ata unha semana. Para realizar solicitudes que non sexan en inglés, deberás poñerte en contacto co teu homólogo do programa de socios de YouTube.

Os materiais fornecidos nestas páxinas ofrécense unicamente para fins educativos e non constitúen asesoramento legal. YouTube resérvase o dereito de rexeitar a utilización de calquera uso inadecuado das súas marcas comerciais e de facer cumprir os seus dereitos en calquera momento.