Os dereitos de autor son un tema importante para toda a comunidade de YouTube. Nas seguintes seccións accederás á información e ás ferramentas necesarias para xestionar os teus dereitos na plataforma de YouTube e obterás máis información acerca de como respectar os dereitos dos demais creadores.
Se desexas enviar unha notificación dunha suposta infracción de dereitos de autor, obter información acerca de que debes facer se consideras que o teu vídeo se eliminou incorrectamente, ou acerca de como litigar unha coincidencia de ID de contidos, os recursos facilitados a continuación axudaranche a informarte acerca dos nosos procesos de xestión de dereitos de uso sinxelo.
Solicitar a retirada dun uso non autorizado da túa obra creativa.
Solicitar o restablecemento dun vídeo eliminado incorrectamente de YouTube debido a unha infracción de dereitos de autor.
Cancelar ou retirar unha solicitude de retirada enviada por ti ou a túa empresa a YouTube.
Impugnar unha coincidencia de ID de contidos no teu vídeo que consideras incorrecta.
Existe moita información acerca do mundo dos dereitos de autor. Se desexas obter axuda para diagnosticar un problema de dereitos de autor, os recursos amosados a continuación constitúen o mellor punto de partida. Se non obtés unha resposta á túa pregunta aquí, busca no noso Centro de axuda, no que atoparás información adicional.
Diferenciar entre unha reclamación de ID de contidos e unha retirada por problemas de dereitos de autor.
Se recibiches un toque de atención por dereitos de autor, obtén información acerca do motivo e sobre a mellor maneira de resolvelo.
Obtén máis información acerca da ID de contidos, unha ferramenta utilizada polos propietarios de contidos para identificar e reclamar os seus contidos en vídeos cargados en YouTube.
Determinadas funcións de YouTube requiren que os dereitos de autor estean en bo estado.
Comproba se a túa conta dispón de dereitos de autor en bo ou mal estado.
Desexas obter incluso máis información acerca dos dereitos de autor? Estes recursos axudaranche a comezar, tanto se só estás a buscar información xeral, como se tentas comprender de xeito profundo temas como o uso lexítimo.
Que elementos están protexidos por dereitos de autor? En que se diferencian os dereitos de autor doutras formas de propiedade intelectual?
Existen determinadas circunstancias baixo as que a lei permite o uso de fragmentos de materiais protexidos mediante dereitos de autor.
Obtén información acerca dun tipo especial de licenza que permite a reutilización de contidos conforme ás normas.
Respostas ás preguntas sobre dereitos de autor que se formulan con máis frecuencia.