Únete a WordPress
A plataforma de código aberto elixida por millóns de webs en todo o mundo–desde creadores e pequenos negocios ata empresas.


Deseño
Crea calquera web con flexibles ferramentas de deseño e o potencial dos bloques. Empeza cun lenzo en branco ou elixe un tema. Personaliza cada detalle — non fai falta programar.

Crea
Ve como quedará o teu sitio en tempo real, incluso mentres engades, editas e reorganizas contidos, con características intuitivas de edición e integradas para xestionalo todo.

Amplía
Consigue que o teu sitio faga o que ti necesites. Engade unha tenda, analítica, boletíns, integración con medios sociais; ti tes o control, cunha ampla biblioteca de plugins.
Ve as novidades
Mellora a túa experiencia de creación de sitios con WordPress 6.5. Esta versión inclúe unha nova forma de xestionar as fontes, novas API para desenvolvedores e un impresionante aumento do rendemento.

Unha plataforma, un universo de posibilidades
Descobre unha colección de exemplos de sitios web de todo o mundo, seleccionados para destacar o fermoso deseño, a innovación técnica e o poder ilimitado de WordPress.









Únete á comunidade WordPress
Detrás da tecnoloxía hai un colectivo diverso de persoas que colaboran e se reúnen en todo o mundo. Celebramos eventos con regularidade que ofrecen oportunidades para aprender máis sobre WordPress e as últimas tendencias tecnolóxicas, conectar con outros expertos do sector e fomentar o teu crecemento profesional.
Estamos unidos polo espíritu do código aberto, e pola liberdade de crear, transformar e compartir sen barreiras. Todo o mundo é benvido.

Creado para ti, non por ti
Tanto se eres un emprendedor, un desenvolvedor profesional ou un blogueiro novato, tes á túa disposición unha biblioteca de recursos e ferramentas de aprendizaxe. Ademais, tes a toda a comunidade de WordPress ao teu lado.
Últimas novas de WordPress
Primeiros pasos
Encontra todo o que necesitas para empezar, descargar a plataforma, encontrar aloxamento e moito máis, tanto se é o teu primeiro sitio como se é o nonaxésimo primeiro.