a nosa misión:
democratizar a publicación
A liberdade de construír. A liberdade de cambiar. A liberdade de compartir.
a nosa historia
WordPress naceu en 2003 cando Mike Little e Matt Mullenweg crearon unha bifurcación de b2/cafelog. Xa entón estaba clara a necesidade dun sistema de publicación persoal elegante e ben deseñado. Na actualidade, WordPress baséase en PHP e MySQL, e ten licenza GPLv2. Ademais, é a plataforma elexida por máis do 43% de todas as webs.
O proxecto de código aberto WordPress evolucionou de forma progresiva ao largo do tempo, co apoio de desenvolvedores, deseñadores, científicos, blogueiros e moitos outros entusiastas e expertos. WordPress ofrece a calquera a oportunidade de crear e compartir, desde as súas propias anécdotas persoais ata os movementos que cambian o mundo.
As persoas con pouca experiencia en tecnoloxía poden utilizalo «directamente», e as máis expertas poden personalizalo de formas extraordinarias.
a nosa misión
WordPress está deseñado para todos.
Cremos que un gran software debe funcionar cunha configuración mínima, facendo fincapé na accesibilidade, o rendemento, a seguridade e a facilidade de uso. O software básico de WordPress é sinxelo e predecible, e ofrece potentes funcións para o crecemento e o éxito.
WordPress é un software de código aberto
Para apoiar a idea de democratizar a publicación e as liberdades que leva o código aberto, existe unha gran comunidade de persoas que colaboran e contribúen a este proxecto.
WordPress é acolledor e integrador.
A paixón dos nosos colaboradores impulsa o éxito de WordPress e, á súa vez, axúdache a acadar os teus obxectivos. Os colaboradores de WordPress traballan en todo o mundo e adicaron incontables horas a construír unha ferramenta que dá voz a todo o mundo.
as catro liberdades
WordPress está licenzado baixo a General Public License (GPLv2 ou posterior) que proporciona catro liberdades fundamentais:
0
A liberdade de usar o programa para calquera propósito.
1
A liberdade de estudar como funciona o programa e modificalo para que faga o que ti queiras.
2
A liberdade de redistribuír.
3
A liberdade de distribuir a outros copias das túas versións modificadas.
a tecnoloxía
Aprende máis sobre WordPress, de onde vén e cara onde vai.
os detalles
Profundiza nos detalles internos, como a licenza GPL e outras políticas.
as persoas
Aprende sobre a comunidade, sobre como nos organizamos e mostramos o noso orgullo.