A Terra formouse hai aproximadamente 4 550 millóns de anos e a vida xurdiu uns mil millóns de anos despois. A atmosfera e outras condicións abióticas foron alteradas de forma significativa pola biosfera do planeta, favorecendo a proliferación de organismos aerobios, así como a formación dunha capa de ozono que xunto co campo magnético terrestre bloquean a radiación solar daniña, permitindo así a vida na Terra. As propiedades físicas da Terra, a historia xeolóxica e a súa órbita permitiron que a vida siga existindo. Estímase que o planeta seguirá sendo capaz de sustentar vida durante outros 500 millóns de anos, xa que segundo as previsións actuais, pasado ese tempo a crecente luminosidade do Sol terminará causando a extinción da biosfera.
Manuel Rilo Pardo, coñecido como O Rilo de Betanzos ou O vello Rilo, nado en San Nicolao de Cis (Oza dos Ríos) en 1829 e finado na parroquia de Salto do mesmo concello o 16 de marzo de 1907, foi un gaiteiro da comarca de Betanzos. Acadou sona participando nos frecuentes certames de gaiteiros de finais do século XIX, nunha época na que aparecían a nivel europeo novas correntes de pensamento enaltecedoras do folclore, e na que o galeguismo facía de gaitas e gaiteiros un dos seus símbolos. A súa coñecida figura, inmortalizada polo artista Xosé Veiga Roel, e o seu repertorio, propio do gaiteiro tradicional, eran contrapostos na prensa da época ao de gaiteiros máis innovadores que introducían no panorama musical galego novas pezas, vestimenta e instrumentación.
1772, morren 3.000 persoas na illa de Xava, causado polo volcánPapadang de 3.000 metros de altura que tras unha violenta erupción queda reducido a 1.700 metros.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 118 589 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 268 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.