Por que somos marxistas?
Pasaron dúas décadas dende que Francis Fukuyama publicase un libro titulado O Fin da Historia e o Ultimo Home, proclamando o triunfo definitivo da economía de mercado e a democracia burguesa. Esta idea parecía ser confirmada por case 20 anos de mercados á alza e un crecemento económico practicamente ininterrompido. Políticos, banqueiros dos bancos centrais e xerentes de Wall Street estaban convencidos de que finalmente domesticaran o ciclo económico de booms e depresións.