Pontevedra WordCamp rematou, dous días de formación e comunidade, noraboa a organización, patrocinadores e voluntarios. Aproveitando a Mesa de Traducións do Contributor Day, da primeira WordCamp de Galicia, fixemos a primeira reunión de tradución de WordPress o galego, Que mellor momento que este!!
O rematar fixemos foto de grupo, non estamos todos, alguns tiveron que sair un pouco antes. (Prometemos tentar facela antes, na próxima reunión)
Nesta primeira reunion,asistiron: Carlos Macías, Carlos Longarela, Daniel Ledo, Lhosca Arias, Manuel Lois, María Fosado, María Sierra, Antón Méixome, María Saez, Óscar Aguado, Óscar Abad, Antonio Sangiao, Pilar Mera e eu mesmo, que xa me olvidaba, (Víctor Quesada).
Agradecer a organización do WordCamp Pontevedra a sua colaboración e a todos os que se acercaron a mesa para contribuir de forma totalmente voluntaria para garantir que esta plataforma e o maior número dos seus plugins e temas esté dispoñible para todos en galego.
Coa tua axuda, aspiramos a crear un equipo ainda maior, para axudar a crecer e mellorar, a biblioteca de recursos en galego para WordPress.
Como coordinador xeral da tradución o galego, agradecer a todos, a participación, enerxía e entusiasmo amosados, e invitarvos a manternos en contacto para continuar avanzando nesta labor.
Algunha vez viches un plugin en inglés ou español, e gustaríache telo en galego?
Se queres contactar con alguén da comunidade e participar activamente na tradución ao galego? ou avisar dalgunha tradución? Únete ao noso Slack seguindo estas indicacions, ou usa o noso formulario de contacto. E empezarás a formar parte do presente e futuro de WordPress.