Artigo destacado
|
A explosión de Halifax foi un desastre marítimo en Halifax, Nova Escocia, Canadá, sucedido na mañá do 6 de decembro de 1917. O navío noruegués SS Imo colidiu co SS Mont-Blanc, un buque de carga francés cargado de explosivos, no estreito de Narrows que conecta a baía de Halifax coa enseada de Bedford. O lume provocado na borda do navío francés prendeu os explosivos da súa carga, provocando unha gran explosión que devastou o distrito de Richmond de Halifax. Aproximadamente unhas 2 000 persoas faleceron, e segundo as estimacións outras 9 000 persoas quedaron feridas. Esta foi a maior explosión provocada polo home da historia antes do desenvolvemento das armas nucleares.
Case tódalas estruturas a un radio de 800 metros quedaron arrasadas, incluíndo a comunidade de Richmond. En Dartmouth, ó outro lado da baía, tamén se produciron danos xeneralizados.
Os traballos de recuperación comezaron case de inmediato, e os hospitais enchéronse de feridos en pouco tempo. O mesmo día da explosión comezaron a chegar trens de rescate dende Nova Escocia e Novo Brunswick, mentres que outros trens enviados dende Canadá central e dende o nordeste dos Estados Unidos de América non puideron chegar por mor das nevaradas. A investigación xudicial inicial determinou que o Mont-Blanc fora o responsable do desastre, mais unha apelación posterior determinou que ámbolos dous navíos tiñan a culpa do sucedido.
|
Sobre Galicia
|
Antón Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (antigo concello de Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista.
En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e cronista xeral de Galicia.
Dedicouse ao estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.
|
Tal día como hoxe no ano...
|
- 1813, nace Richard Wagner, compositor, director de orquestra, poeta e teórico musical alemán.
- 1851, nace Concepción Sáiz, mestra, pedagoga, feminista e escritora galega.
- 1885, morre Victor Hugo, escritor francés.
- 1949, morre Pilar Millán Astray (na imaxe), escritora e comediógrafa galega en lingua castelá.
- 1960, en Chile un tremor que mediu 9,5 na escala de Richter sacudiu Santiago e Concepción, desatando ondas xigantescas e erupcións volcánicas, facendo que 5.000 persoas morresen e dous millóns quedasen sen fogar.
- 1990, o Iemen do Norte únese co Iemen do Sur, formando a República do Iemen.
Hoxe é o Día Internacional da Diversidade Biolóxica.
|
|
|
Imaxe da semana
|
|
Presentación
|
|
Participación
|
|
Comunidade
|
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 98 047 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 451 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
|
|