O paporroibo, tamén coñecido como paporrubio, peizoque, paifoco ou pisco (Erithacus rubecula) é un pequeno paxaroinsectívoro e paseriforme da familia dos muscicápidos, que outrora foi clasificado dentro da familia dos túrdidos. Cun tamaño de 12,5–14,0 cm de lonxitude, o macho e a femia son semellantes en coloración, cun papo laranxa e rostro revestido de capas grises, marróns e unha barriga branca. Habita en Eurasia e no oeste de Siberia, no sur de Alxeria e nas illas do Atlántico chegando até os Azores e Madeira. É esporádico en Islandia. No suroeste, chéga até o Cáucaso. Os paporroibos de Irlanda e Gran Bretaña son residentes todo o ano mais existe unha pequena monía, polo xeral femias, que migran cara ó sur de Europa durante o inverno, chegando até a península Ibérica.
O paporroibo foi descrito por Carl von Linné en 1758 na décima edición de Systema Naturae baixo o nome binomialMotacilla rubecula. O seu epíteto específico rubecula é un diminutivo derivado do latínruber 'vermello'. O termo paporroibo tamén é aplicado a outro paxaro doutra familia con papo alaranxado ou vermello. Trátase do paporroibo real (Pyrrhula pyrrhula), que é unha especie eurasiática da familia dos frinxílidos. O paporroibo xoga un papel importante no folclore das Illas Británicas, así como no noroeste de Francia. Nas Illas Británicas os paporroibos aparecen en contos tradicionais infantís, están asociados ó Nadal e ás tarxetas de Nadal e ós carteiros, aparecen en selos e serven de alcume para equipos deportivos.
Co nome de danza do abellón denomínase un antigo rito funerario no que tódolos familiares e asistentes ó velorio dun cadáver, formando roda collidos da man, daban voltas ó redor do corpo imitando o zunido dun abellón. Este ritual foi recollido por Alfredo Brañas a raíz dun velorio no que el mesmo participou en Vilanova de Arousa (Pontevedra) e constitúe un dos casos máis particulares das prácticas tradicionais galegas relacionados coa morte.
Críase que se algún dos participantes falaba ou interrompía o baile por calquera causa, sería o primeiro dos presentes en morrer.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 95 651 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 416 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.