Colabora con GALPon axudando a reducir plásticos

En GALPon vimos de facer unhas bolsas de algodón para que poidades levala enriba cando vaiades facer a compra, ou, como é o meu caso, levala sempre enriba para ter onde levar calquera cousa sen depender do plástico.

bolsaGALPon_R.jpg

Se queredes facervos con unha (ou máis), o seu prezo é de 6,00 € cada unha e só tendes que enviar unha mensaxe, por calquera medio (DM no Twitter, correo info@galpon.org, sala en Matrix) indicando cantas queredes e despois pasar pola próxima xuntanza, que este mes será o sábado 27 (ver a nova «Volven as xuntanzas mensuais de GALPon»), ou, se nolo indicades así, pola oficina de Librebit para recollela.