NME

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
New Musical Express
NME logo free.svg
O seu logo dende abril de 2010
Fundación 1949
Fundador Theodore Ingham
Editor Mike Williams
Lingua inglés
Periodicidade semanal
Tiraxe 300.000
Web

New Musical Express (NME) é unha revista musical británica publicada dende 1949. Asóciase principalmente coa música rock, alternativa e indie. Foi o primeiro xornal británico en incluír unha lista de sinxelos, na súa edición do 14 de novembro de 1952. Nos anos 70 converteuse no xornal musical máis vendido no Reino Unido. Durante o príodo comprendido entre 1972 e 1976 asociouse particularment co xornalismo gonzo (abordaxe directo da noticia), e posteriormente asociouse estreitamente co punk rock a través dos escritos de Julie Burchill, Paul Morley e Tony Parsons. Comezou como un xornal e pouco a pouco foi pasando a un formto de revista durante os anos 80 e 90, abandonando o papel de periódico en 1998.

No ano 1996 apareceu unha versión en liña de NME, NME.com. Esta converteuse na páxina de música independente máis importante do mundo, cuns sete millóns de usuarios por mes. A tiraxe de pago da revista durante o primeiro semestre de 2014 foi de 15.830 exemplares, despois de levar moito tempo en declive.[1] Debido ás continuas baixas vendas, a revista converteuse nunha publicación gratuíta en setembro de 2015.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. MediaWeek (ed.). "MAGAZINE ABCs: NME and Q suffer major circulation falls". Consultado o 21 de marzo de 2016. 
  2. BBC (ed.). "NME magazine to be given away free". Consultado o 21 de marzo de 2016.