Aínda que Clarke escribiu pouco, en parte polas súas ideas sobre o rol da muller compositora, a súa obra foi recoñecida pola súa mestría. A maioría das súas obras aínda non foron publicadas (ou foron publicadas recentemente), e foron esquecidas durante moito tempo despois de que deixara de compoñer. O estudo e o interese nas súas composicións reviviu en 1976. A Rebecca Clarke Society creouse no ano 2000 para promover o estudo e a interpretación da súa música.
Miña terra galega é unha canción do grupo galego Siniestro Total, gravada e publicada en 1984. É unha versión da canción «Sweet Home Alabama» do grupo estadounidense Lynyrd Skynyrd, un dos favoritos dos membros de Siniestro Total. A letra, principalmente en lingua castelá agás o verso que lle dá nome, foi composta por Julián Hernández, por aquel entón batería do grupo. Como o resto dos temas de Menos mal que nos queda Portugal, a canción gravouse nos estudos Trak de Madrid, con Paco Trinidad como produtor, en setembro de 1984. Os arranxos foron do propio Hernández e do resto de compoñentes do grupo, Miguel Costas (guitarra e voz) e Alberto Torrado (baixo). «Miña terra galega» é un dos temas máis coñecidos do grupo e, segundo Julián Hernández, unha das cancións de Siniestro Total con máis repercusión, cualificada en diversas ocasións na prensa coma un himno.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todos poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo as nosas estatísticas, temos un total de 79 329 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 258 estiveron activas durante o último mes. Todos os editores da Wikipedia son voluntarios, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.