[A Guarda] 4ª Festa Pirata de Abordaxe!

Posted in anarquismo, convocatorias, galiza, noticias on Setembro 3, 2017 by abordaxe

ABORDAXE FESTA PIRATA FIN

Tras un parón relevante para o noso proxecto (do que iremos falando nas vindeiras datas), volvemos con novos ventos e a santabárbara cargadiña de pólvora para continuar abordando os buques dos poderosos. Pero antes facemos unha parada estratéxica para aprovisionar nosas bodegas e atoparnos con outros espíritos aventureiros cos que compartir as experiencias das nosas travesías contra toda autoridade. Desta forma queremos convidarvos a todas á nosa 4ª Festa Pirata, unha xornada chea de actividades na que tamén aproveitaremos para presentar a reformulación de Abordaxe! como colectivo editorial. Así que piratas e raqueiras, agardámosvos o vindeiro día 23 de setembro na Guarda, concretamente no CS O Fuscalho, fronte a Atalaia.  A seguir deixamos a programación do evento: Seguir lendo

DEICA OUTRA! UNHA NOTA SOBRE O PARÓN EN ABORDAXE!

Posted in anarquismo, galiza, noticias on Xullo 2, 2017 by abordaxe

010

Ola a todes, querides compañeires de travesía!

Tras varias xuntanzas e despois de meditar e debater seriamente sobre a situación actual do noso colectivo, pensamos que tras case 9 anos de actividade ininterrompida chegou o momento de facer un parón temporal. Isto non é un adeus, non desaparecemos, simplemente sentimos a necesidade de reformular este proxecto e pensamos que levamos demasiado tempo sen pararnos a facer unha reflexión en profundidade sobre os seus horizontes e sobre as pretensións e traxectorias individuais que nos levaron a confluír dentro do mesmo. Por iso, para continuar coñecéndonos, compartir momentos alén do ámbito estrictamente militante e para pensar ben cara onde queremos dirixir o noso barco, facemos unha pausa estival coa intención de regresar con máis forzas e aires renovados dentro duns meses, para seguir conspirando contra o monopolio ideolóxico da autoridade.

Ata ese momento, o blogue permanecerá inactivo.

Vémonos nas rúas e nos mares revoltos!

[Portugal] Enquanto os políticos procuram bodes expiatórios, Ferraria de São João planta árvores contra fogos

Posted in internacional, noticias, península on Xuño 29, 2017 by abordaxe

sobreiros-da-ferraria-de-sao-joao-fotografia-diz-tudob6121113

Aldeia do xisto compromete-se em arrancar eucalipto e plantar vegetação natural de Portugal resistente aos incêndios. Uma faixa de sobreiros e outras árvores folhosas autóctones salvaram a aldeia de Ferraria de São João, há duas semanas. Seguir lendo

CNA italiana solicita apoio ao fundo solidário

Posted in anarquismo, internacional, noticias on Xuño 28, 2017 by abordaxe

italia-cna-solicita-apoio-ao-fundo-solidario-1

Como há necessidade constante de dinheiro para apoiar aos companheiros.as encarcerados.as e temos tantos gastos, voltamos a chamar às individualidades e espaços anarquistas que possam/queiram contribuir ao Fundo do Projeto Croce Nera Anarchica [Cruz Negra Anarquista].

Aqui estão os detalhes: Seguir lendo

A Guardia Civil e a organizaçom criminosa e jerarquizada de alunos do insti de A Estrada

Posted in galiza, opinión on Xuño 26, 2017 by abordaxe

Por O gajeiro na gávea
As forças de ordem espanholas andiveram estes dias pola Galiza de caça de terroristas ás que aplicar as suas mais “dura lex” . Mas depois de duas detençons frustradas de okupas e de indepes (umhas e outras só estiveram umhas horas retidas) semelha que ficaram fastidiados de nom atopar nada que poidera server para encirrar, sem ser julgadas, okupas e indepes num talego e aplicar-lhes de imediato a lei antiterrorista. Para elo mesmo servírom-se dos falsimédios e utilizarom técnicas göbbelianas (umha mentira repetida mil vezes convírte-se em verdade) e nom duvidarom em enlaçar as notícias destas detençons coas de supostos jihadistas para criar similitudes nessas mentes passivas que seguem olhando para o televisor como se seguira a ser umha fonte de informaçom viável e crível (meu avô materno mandava calar quando nos estertores do franquismo iam ponher o “parte” na tve e meu pai durante anos tirou do típico bordom assertivo para revocar opinions contrárias ás suas: “que saberás tu, se até o digerom na tele”). Pero por muito que o tentaram nenhuma das detidas nesses dias vissitou mais cela que as das comissarias e enquartelamentos e, índa que ficam pendentes de ser julgadas, todas ficarom em liberdade. Seguir lendo

[Pontevedra] Cartaz pola defensa da terra e en solidariedade coas presas anarquistas de longa condena

Posted in anarquismo, galiza, internacional on Xuño 25, 2017 by abordaxe

Recibimos este cartaz dun compañeiro de Pontevedra que, segundo nos informa, “estivo a ser espallado pola cidade últimamente e pretende ser unha contribución (tardía) á solidariedade coas presas anarquistas de longa condena, tras un novo 11 de xuño”.

Para descargar en PDF para imprimir facede click aquí. O tamaño axeitado é A-3.

ECOTERRORISTA É QUEN DEVASTA A NATUREZA E A VIDA SALVAXE!

Eucaliptización dos montes, causa da desaparición de especies autóctonas, e incendios forestais provocados para especular cos terreos…

Minas a ceo aberto e pozos de Fractura Hidráulica, matando o chan fértil e envelenando ou esnaquizando cada acuífero… Seguir lendo

[A Guarda ] CS O Fuscalho e Mërda Criu organizan presentación do libro “Diario e Ideario de un delincuente… y otros textos”, de Gabriel Pombo da Silva (a cargo do seu autor)

Posted in anarquismo, convocatorias, galiza on Xuño 25, 2017 by abordaxe

Recibimos e espallamos esta convocatoria das nosas queridas salvaxes do Baixo Miño.

Venres 30 de Xuño ás 20.00 horas.

Presentación do libro “Diario e Ideario de un delincuente… y otros textos”, de Gabriel Pombo da Silva.

Gabriel pasou case 30 anos da súa vida en prisión, vinte deles en cárceres españolas, afrontando un amplo abanico de castigos por non dobregarse ás esixencias do Estado. Guerreiro infatigable dentro e fora dos muros, nunca abandonou a loita anarquista. Seguir lendo