En Tallin (Estonia), o transporte público empeza a ser gratuíto para os seus cidadáns, sendo así, o primeiro estado da Unión Europea en ofrecer esta alternativa.[1][2][3]
Ante a imposibilidade de que o presidente Hugo Chávez xuramente fisicamente para o seu novo mandato (2013 - 2019) en Venezuela, o mesmo pobo fai un "xuramento" en nome do xefe de Estado nun multitudinario acto.
Dous atentados deixan un saldo de 101 vítimas mortais no Paquistán.[12]
Australia anuncia que retirará as súas tropas de Afganistán a finais de 2013 e non no primeiro trimestre de 2014, como estaba previsto. Isto débese a que a seguridade do país ocupado transferiuse ao seu exército e Policía Nacional.[13]
22 de xaneiro - Nos arredores da Base militar de Incirlik, en Turquía, polo menos 25 persoas son detidas cando participaban nunha manifestación contra o despregue de mísiles da OTAN na fronteira con Siria. Os protestantes temen que o país se converta no centro dunha actividade militar contra a súa veciña nación do sur. Pola súa parte, a organización bélica asegura que esta misión ten como fin protexer Turquía da guerra civil en Siria.[17]
23 de xaneiro - Na capital de Venezuela, Caracas, a oposición realiza unha multitudinaria congregación en rechazo á decisión que tomou o Tribunal Supremo de Xustiza de postergar indefinidamente a toma de posesión presidencial de Hugo Chávez, pola súa enfermidade. Estivo presente o dirixente opositor, Henrique Capriles, quen exhortou a unidade da oposición e a derrotar “a violencia” do Goberno. O oficialismo tamén estivo aglomerado para expresar a súa solidariedade co xefe de Estado, quen se encontraba na capital cubana desde o 11 de decembro do ano anterior.[18]
26 de xaneiro - Sentenza de morte a 21 persoas deriva en protestas contra o tribunal na cidade exipcia de Port Said, nas que morren 31 manifestantes e dous axentes da policía, isto no contexto da Traxedia de Port Said ocorrida un ano atrás.[21]
explosión da Torre Executiva Pemex (capital de México), deixa 37 mortos,[26] 126 lesionados e varias persoas atrapadas dentro do edificio siniestrado,[27] que quedou con importantes danos no interior.
Preto da cidade de Pretoria, en Suráfrica, un tren impacta con outro estacionado, deixando polo menos 200 persoas feridas e unha perda duns 164.206 rands surafricanos.[28]
O volcán Lokon da illa Célebes, en Indonesia, expulsa unha nube de polvo duns 800 m de altura e rexistra dúas explosións durante as primeiras horas do día, pondo en alerta os habitantes da illa. En consecuencia, as autoridades fixan un radio de seguridade de 2,5 km e a Axencia Nacional de Vulcanoloxía de Indonesia alerta a poboación a través dun diario local sobre a probabilidade de máis erupcións e pide que se manteñan afastados do accidente xeográfico.[29]
12 de febreiro - Corea do Norte realizou a proba nuclear máis grande da súa historia, ocasionando un sismo de 5,0 graos Richter.
15 de febreiro - Hai 1491 feridos (112 hospitalizados), a maioría pola onda de choque producida polo estalido que causou a creba de cristais, ventanais e danos materiais en edificios en Cheliabinsk, ao sur dos Urais por impacto de meteorito en Rusia. Horas despois, o asteroide 2012 DA14 pasa a 27.860 quilómetros da Terra, sendo así, o obxecto espacial de maior tamaño que se achegara tanto á Terra.[55]
En Romanía, o presidente do denominado Instituto de Investigación dos Crimes do Comunismo e da Memoria do Exilio Romanés, Andrei Muraru, anunciou que se presentará ao Parlamento Nacional un proxecto de lei para prohibir as organizacións e símbolos comunistas. Esta declaración foi moi cuestionada por, segundo os críticos, unha lei como esa violaría a liberdade de expresión e que se intenta impedir un réxime como o do desaparecido ex presidente, Nicolae Ceaușescu, o cal tamén transgrediu os dereitos humanos.[64]
Rebeldes toman completamente a cidade siria de Raqqa, en plena guerra civil. Primeira cidade que dominan completamente, algo significativo na súa loita.
Accidente aéreo deixa decenas de mortos na República Democrática do Congo. O avión veuse abaixo sobre un barrio residencial, cando estaba a punto de aterrar na cidade de Goma, ao leste do país.[69]
Rebeldes sirios secuestran 21 soldados filipinos da ONU, mentres inspeccionaban un posto de observación danado na fronteira dos Altos do Golán.
Un accidente aéreo deixa 9 falecidos no Perú, nas proximidades de Lima e Cuzco. A avioneta quedou completamente destruída polo mal tempo de tormentas eléctricas e caeu moi cerca de Tacna.
7 de marzo - En Libia decenas de homes armados asaltaron o canal de televisión Al Asema, en Trípoli, e secuestraron cinco xornalista. Así mesmo, os agresores destruíron parte dos equipos do canal, que deixou de emitir temporalmente tras o ataque.[73][74]
9 de marzo - En Kenya, Uhuru Kenyatta é elixido presidente na primeira volta co 50,07% dos votos. A Corte Suprema determinará se o resultado anunciado pola IEBC (Comisión Electoral Independente) é legal.[76][77]
10 de marzo - Corea do Norte anulou o Tratado de Non Agresión coa súa veciña Corea do Sur. Dito armisticio finalizou a guerra de Corea, polo tanto, a súa anulación significa que ambas nacións quedan novamente en estado de Guerra
Na batalla de Alepo, úsanse por primeira vez armas químicas na guerra civil siria, deixando 26 mortos e 86 feridos, moi posiblemente por culpa de Al-Assad.
En Mogadixo (capital somalí) un atentando terrorista cerca o Palacio Presidencial, chamado Vila Somalia, deixa entre 7 e 10 mortos. Os perpetradores conduciran un vehículo cargado de explosivos até cerca doutro (libre de explosivos) e ao estalar incendiou un minibus urbano onde pereceron as vítimas. O ataque tería como branco un camión, onde se encontraban funcionarios gobernamentais, segundo algunhas testemuñas.[80]
20 de marzo - En Ciudad de Panamá (capital panameña) desátase un incendio no vertedoiro de lixo máis grande da cidade, Cerro Patacón. O fume esténdese por case toda a cidade provocando severos danos no medio ambiente. As autoridades e corpos especiais traballan para manter o sinistro baixo control.[81]