Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Artigo destacado

Iyul'skaya 1917 demonstraciya v Petrograde.jpg

As Xornadas de Xullo de 1917 foi o nome que recibiron as protestas armadas apoiadas polos anarcocomunistas e os bolxeviques, finalmente fracasadas, que trataron de derrocar ao Goberno Provisional Ruso e traspasar o poder aos soviets (consellos) en xullo dese ano. Estas protestas producíronse ao mesmo tempo que tiña lugar unha crise gobernamental pola dimisión dos ministros kadetes do Goberno, o que deixou a xestión da crise en mans dos dirixentes defensistas do Soviet de Petrogrado, principalmente dos menxeviques. As protestas, debidas a unha mestura de descontento polo empeoramento da situación económica, axitación radical e oposición á reanudación das operacións militares entre outros factores, producíronse no medio dunha crise gobernamental desencadeada pola dimisión dos ministros kadetes. As manifestacións foron un síntoma do amplo descontento co desempeño do Goberno de coalición social-liberal e do desexo de que o soviet tomase a iniciativa na aplicación de reformas.

O esmagamento do intento de golpe de Estado supuxo un debilitamento temporal do partido de Lenin que, con todo, rexurdiu con forza a finais de verán e quedou rehabilitado durante o golpe de Kornílov a comezos de setembro. O Soviet de Petrogrado, cúspide do sistema de consellos do país instaurado durante a Revolución de Febreiro e controlado polos socialistas moderados, negouse a tomar o poder como esixían os manifestantes, contribuíndo decisivamente ao fracaso da tentativa. O resultado das protestas supuxo unha vitoria pírrica para os defensistas, que gozaban aínda dun apoio maioritario para as súas posicións nas provincias; ante a falta de reformas e a imposibilidade de formar unha nova coalición que as puxese en marcha, a súa forza foise tornando en debilidade ao longo do verán e do outono.

Sobre Galicia

Rosalia de castro.jpg

Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.

O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego como no estranxeiro.

Tal día como hoxe no ano...

Jim Morrison

Hoxe é o Día da Independencia en Bielorrusia.

Imaxe da semana

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todos poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas séntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo as nosas estatísticas, temos un total de 77 116 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 290 estiveron activas durante o último mes. Todos os editores da Wikipedia son voluntarios, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento