“Paz…” · Texto anónimo atopado nas rúas de Compostela

Posted in anarquismo, galiza, opinión on Xuño 3, 2017 by abordaxe

Hai uns días, unha digna e fermosa aínda que breve mostra de dignidade e raiba suspendía durante aproximadamente dúas horas a paz social compostelana, para dar paso aos enfrontamentos e á loita na rúa contra a policía mercenaria dos especuladores. Moitas foron as voces que alzaron durante e despois dos incidentes a súa hipócrita censura moral contra as accións das “violentas”, mentras aplaudían, como aplauden día tras día, a violencia atroz da propiedade e a orde mercantil, da policía e a lei.

Agora, colamos este texto anónimo que recibimos no noso correo electrónico e que segundo dicía a mensaxe, foi atopado nas rúas compostelanas.

Barricadas Escárnio

“PAZ…
É nacer por protocolo administrativo,
Sentir demasiado cedo o perigo de supervivencia,
Ser obrigadx a sentar, calar, acatar…
Paz é interiorizar a represión dos refluxos de vida autónoma
Ata facerte intolerante ao mínimo risco, dependente do confort
E así poder ser maleadx según os caprichos do diñeiro
Paz é moralización e persecución se pos un pé fóra do rego
Paz é invertir horas e horas da túa vida en actividades que só teñen
sentido para a economía Seguir lendo

“Os bancos son unha basura!” · Campaña de solidariedade simbólica coas anarquistas acusadas de expropiar un banco en Aachen

Posted in anarquismo, convocatorias, noticias, península on Xuño 3, 2017 by abordaxe

Recibido por correo electrónico.

Lanzamos esta campaña contra os bancos para apoiar ás compañeiras acusadas dos atracos en Alemaña. Querémosvos convidar con ela a colar estes cartaces nos bancos do voso barrio o 6 de xuño e a enchelos de lixo.

Man aberta ás compañeiras, puño pechado ao inimigo.

[Madrid] Ataque incendiario contra a policía nacional de cara ao cumio do G-20 en Hamburgo e en solidariedade coas anarquistas presas

Posted in anarquismo, noticias, península on Xuño 3, 2017 by abordaxe

Recibimos na nosa caixa de correo e espallamos

A noite do 24 ao 25 de marzo, tras meses de preparación, entramos na Unidade de Cabalería da Policía Nacional en Madrid, saltando o valo, e fómonos deixando un artefacto incendiario baixo un dos seus vehiculos todo terreo.

Realizamos este ataque contra o cumio do G20 e dedicámoslla a todas as anarquistas presas.

[França] Carta da prisioneira anarquista Kara Wild, presa em Fleury Mérogis

Posted in anarquismo, internacional, noticias on Xuño 3, 2017 by abordaxe

Cfranca-carta-da-prisioneira-anarquista-kara-wild-1arta de Kara Wild, anarquista trans encarcerada em Fleury Mérogis há um ano, sob a acusação de ter atacado e incendiado um carro de polícia durante uma manifestação em maio de 2016. O dia do julgamento ainda não foi marcado, e duas de oito pessoas sob a mesma investigação também estão encarceradas.

Fleury Mérogis, 4 de abril de 2017

Breve declaração

Eu gostaria que as pessoas soubessem que eu não estou de acordo com as declarações que fiz ao juíz.

Não vou quebrar nossos princípios apenas por estarmos com medo. Seguir lendo

Depois do arquivo do Pandora 2 agora a Audiência Nazional determina o arquivo provisório do Pandora 1

Posted in anarquismo, internacional, noticias, península on Xuño 2, 2017 by abordaxe

Como se dumha sucessom de desprópositos em cadea se tratara, a Audiência Nazional democrática espanhola (legítima herdeira do Tribunal da Ordem Pública franquista), vem de assinar o auto de arquivo deste caso, se bem índa é possível que a Fiscalia recorra tal decissom, polo que nom se pode falar de arquivo definitivo. Seguir lendo

[Ourense] Obradoiro de seguridade informática na Kasa Negra

Posted in convocatorias, galiza on Xuño 2, 2017 by abordaxe

Cartel Informatica OU

O vindeiro domingo 4 de xuño ás 17:00h en Ourense, a Kasa Negra (rúa Ponferrada nº26) acollerá un obradoiro de seguridade informática ao cargo da Asociación de Informáticas “Deconstruyendo”. A actividade está organizada por CNT-Vigo, Unión Anarcosindicalista da Coruña e a mesma Kasa Negra.

[Compostela] Xornada Antiautoritaria pola Guerra Social o vindeiro 10 de xuño no CSA do Sar

Posted in anarquismo, convocatorias, galiza, internacional on Xuño 1, 2017 by abordaxe

Recibimos e espallamos!

O vindeiro 10 de xuño no CSA do Sar teremos unha Xornada Antiautoritaria que comezará ás 18:30h e na que contaremos cunha presentación do fanzine “Réquiem por unha viaxe sen retorno” (a cargo do editor) que contén un texto do compañeiro Nikos Romanós (anarquista grego preso por participar na expropiación de bancos). De seguido, ás 20:00h pasaremos á palestra “O anarquismo fronte ao contexto represivo peninsular e internacional”, a cargo das compas Gabriel Pombo e Elisa di Bernardo, ambas anarquistas que sufriron a represión máis dura nas súas carnes, a compañeira Elisa na Italia e o compañeiro Gabriel no Estado español e na Alemaña (e, no caso de Gabriel, durante varias décadas). As compas farán achegas sobre a represión e o seu contexto duns anos a esta parte tanto a nivel peninsular como a nivel internacional, e sobre a nosa postura como anarquistas perante esa cuestión. Seguir lendo