Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Artigo destacado

Bundesarchiv Bild 101I-575-1822-30A, Italien, Fallschirmjäger, rauchend.jpg

O movemento antitabaco na Alemaña nazi comezou no Terceiro Reich despois de que os médicos alemáns fosen os primeiros en descubrir a relación entre o cancro de pulmón e o tabaco, liderando a primeira campaña antitabaco da historia moderna. Os movementos antitabaco medraron en moitas nacións dende comezos do século XX, pero tiveron pouco éxito agás en Alemaña, onde a campaña recibiu o apoio do goberno despois do ascenso dos Nazis no poder. Este foi o movemento en contra do tabaco máis poderoso do mundo nos anos 1930 e comezos dos anos 1940.

A campaña antitabaco dos nazis consistiu en prohibir fumar nos tranvías, autobuses e trens urbanos, promover a educación saudable, limitar as racións de cigarros na Wehrmacht, organizar clases médicas para os soldados e incrementar os impostos sobre o tabaco. O movemento antitabaco non tivo demasiada eficacia nos primeiros anos do réxime nazi e malia os esforzos da campaña o consumo de tabaco medrou entre os anos 1933 e 1939, mais posteriormente diminuíu entre os anos 1939 e 1945.

Sobre Galicia

Carlos Casares.jpg

Carlos Casares Mouriño, nado en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finado na Ramallosa, Nigrán, o 9 de marzo de 2002, foi un escritor en lingua galega, crítico literario e político. Estudou en Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial. Cultivou sobre todo a narrativa. Nos anos sesenta publicou o libro de relatos Vento ferido e Cambio en tres.

En 1975 aparece Xoguetes pra un tempo prohibido. Viñeron logo o libro de relatos Os escuros soños de Clío e as novelas Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul e O sol do verán. É de destacar, tamén, o traballo como columnista, principalmente en La Voz de Galicia entre 1992 e 1998, recollido en sete volumes publicados por Galaxia de 2005 a 2008, titulados Á marxe. No ano 2017 adícaselle o Día das Letras Galegas.

Tal día como hoxe no ano...

Traballos de construción da Canle de Panamá
Hoxe é o día de Star Wars.

Imaxe da semana

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todos poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas séntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo as nosas estatísticas, temos un total de 75 543 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 314 estiveron activas durante o último mes. Todos os editores da Wikipedia son voluntarios, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento