Parque
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un parque é unha área protexida, no seu estado natural, seminatural ou de creación artificial, destinado para o lecer ou á protección do hábitat natural. Pode estar conformado por diversos materiais, principalmente po rochas, terra, auga, flora e fauna e mais áreas de herba. Por outra banda, os parques naturais son áreas intactas e sen desenvolver habitadas principalmente por especies salvaxes. Moitos parques son legalmente protexidos por lei. No caso de Galiza, un exemplo é o Parque nacional das Illas Atlánticas. Do mesmo xeito, un parque urbano galego é o da Alameda en Compostela ou o de Rosalía de Castro en Lugo.