Wikibooks é unha colección de libros que poden ser escritos por todos aqueles que queiran colaborar. O propósito de Wikibooks é compartir o coñecemento propio con outros de forma libre achegando un contido libre que todos poidan editar e mellorar.
Todo o contido do proxecto está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
Participación
Temos unhas poucas políticas e indicacións. En particular, por favor, escribe textos dende unha perspectiva neutral. Isto significa que os módulos e libros (Wikilibros), ata de temas controvertidos, deberían ser imparciais e non arbitrarios.
De acordo as nosas estatísticas, temos un total de 1.861 contas de usuario rexistradas no Galilibros, e entre elas 3 estiveron activas durante o último mes. Todos os editores de Wikibooks son voluntarios, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.