Instalación
Para poder utilizar WordPress en galego, o ficheiro gl_ES.mo
debe existir na seguinte ruta do servidor: /wp-content/languages/
.
Posteriormente, verifica que o ficheiro wp-config.php
ten unha liña como esta:
define ('WPLANG', 'gl_ES');
A famosa instalación de 5 minutos
É moi fácil:
- Descomprime o ficheiro nun cartafol baleiro e sube todo o seu contido.
- Abre wp-admin/install.php no teu navegador. Isto vai conducirte durante o proceso de configuración do ficheiro
wp-config.php
cos detalles da conexión á túa base de datos.
- Se por algunha razón isto non funcionara, non te preocupes. Non funciona en todos os servidores web. Abre
wp-config-sample.php
cun editor de texto como WordPad ou algún similar e introduce os detalles da conexión á túa base de datos.
- Garda o ficheiro como
wp-config.php
e súbeo.
- Abre wp-admin/install.php no teu navegador.
- Unha vez que o ficheiro de configuración está listo, o instalador configurará as táboas que o teu blogue necesita. Se houbera un erro, comproba unha vez máis o teu ficheiro
wp-config.php
, e téntao de novo. Se falla outra vez, por favor, vai aos foros de soporte con todos os datos que poidas aportar.
- Se non introduciches un contrasinal, apunta o contrasinal que se che dá. Se non proporcionaches un nome de usuario, este será
admin
.
- O instalador enviarache entón á then send you to the páxina de inicio de sesión. Inicie a sesión co nome de usuario e o contrasinal que escolliches durante a instalación. Se o contrasinal foi xenerado automaticamente, podes premer en ‘Perfil’ para cambiar o contrasinal.
Para unha información máis detallada sobre a instalación visita esta páxina do Codex (en inglés).
Actualizando
Usando o actualizador automático
Se estás actualizando desde a versión 2.7 ou superior, podes usar o actualizador automático:
- Abre o ficheiro wp-admin/update-core.php no teu navegador e segue as instruccións.
- Querías máis, tal vez? Iso é todo!
Actualizando manualmente
Antes de actualizar nada, asegúrate de ter copias de seguranza de todos os ficheiros que puideras ter modificado, como index.php
.
- Borra os teus vellos ficheiros de WordPress, gardando aqueles que modificaras.
- Carga os novos ficheiros.
- Navega para /wp-admin/upgrade.php.
Divulgar
WordPress non ten campañas de marketing de millóns de dólares ou patrocinios dunha celebridade, pero temos algo aínda mellor: ti. Se che gusta WordPress, por favor, considera dicirllo a un amigo, configuralo para alguén con menos coñecementos ca ti, ou a escribir ao autor dun artigo de prensa no que nos ignoran.
WordPress é a continuación oficial de b2/cafélog, que veu do Michel V. O traballo foi continuado polos desenvolvedores de WordPress.
Se desexas apoiar o WordPress, por favor, considera facer un donativo.
Licenza
WordPress é software libre, e distribúese baixo os termos da GPL versión 2 ou (á túa elección) calquera versión posterior.