Minaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A mina de Chuquicamata (Chile) é a maior mina de cobre a ceo aberto do mundo.

A minaría é un conxunto de técnicas que se empregan para a obtención selectiva dun material da codia terrestre.

Características[editar | editar a fonte]

Un xacemento mineiro é un depósito de minerais sólidos, líquidos ou gasosos (como o carbón, a pedra, o petróleo, o gas etc.) producido por acumulación de forma natural tanto na superficie coma no interior da terra, que é susceptible de explotación económica. A minaría é a técnica da extracción deses depósitos dos materiais presentes para unha posterior comercialización que proporcione un lucro económico.

Unha mina pode ser a ceo aberto ou ben subterránea ou en galería. A explotación mineira abrangue todo o relativo ao proceso industrial, dende as primeiras prospeccións até a restitución do relevo do lugar ao peche da mina explotada. Comprende tamén a importante actividade económica á que está ligada, que converte en históricas a localidades mineiras.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.