Artigo destacado
|
O Goberno provisional ruso formouse en Petrogrado despois da abdicación do tsar Nicolao II durante a Revolución de Febreiro de 1917. Consistiu nunha serie de sucesivos gabinetes, principalmente de coalición entre políticos liberais e socialistas moderados, que trataron infrutuosamente de resolver os graves problemas aos que se enfrontaba o país, enfrascado na impopular Primeira Guerra Mundial, ata a toma do poder dos bolxeviques en novembro, ala radical do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia, na Revolución de Outubro.
O primeiro goberno estivo formado exclusivamente por políticos burgueses, coa única excepción de Aleksandr Kerenskii, do Partido Social-Revolucionario (SR), que ingresou no goberno a título persoal. Durou apenas dous meses antes de cesar durante a Crise de abril debido ás diferenzas sobre a guerra entre socialistas e os membros máis conservadores do Consello de Ministros. O príncipe Georgii Lvov mantívose á fronte do novo Goberno ata despois do fracaso da Ofensiva de Kerenskii, a crise cos membros do Partido Democrático Constitucional, os kadetes, pola tensión cos nacionalistas ucraínos e as Xornadas de Xullo, cando lle sucedeu Kerenskii á fronte dun gabinete temporal de socialistas e liberais independentes. A Revolución de Outubro puxo fin ao período do Goberno provisional e deu paso a un novo bolxevique, o Sovnarkom.
|
Sobre Galicia
|
Xoán Vicente Viqueira Cortón, nado en Madrid o 22 de outubro de 1886 e finado na Lagoa, Bergondo, o 29 de agosto de 1924, foi un filósofo, psicólogo e pedagogo galego, conferenciante con sona de excelente orador, alumno da Institución Libre de Enseñanza, tradutor de autores europeos ao castelán, membro das Irmandades da Fala e participante nas asembleas nacionalistas. O nacionalismo galego de Viqueira era democrático, republicano, federal, socialista e laico, en contraposición co galeguismo conservador e católico de Vicente Risco. No ano 1974 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Viqueira escribiu en castelán obras sobre filosofía, psicoloxía e pedagoxía como Introducción a la Psicología pedagógica, Elementos de Ética, Lecciones elementales de historia de la Filosofía, Ética y Metafísica, La Psicología contemporánea e traducións de Teócrito, Inmanuel Kant ou David Hume. A maioría da produción en galego de Viqueira editárona os seus amigos no volume Ensayos y Poesías en 1930 (Editorial Nós), reeditado por Galaxia en 1975. A obra galega de Viqueira centrouse sobre todo no sistema educativo, na súa galeguización e na súa reforma, así como na ortografía do galego que Viqueira quería que se achegase á portuguesa, o artigo publicado en A Nosa Terra en 1918 Pol-a reforma da ortografía, considérano algúns o nacemento do reintegracionismo.
|
Tal día como hoxe no ano...
|
- 1727, morre Isaac Newton, científico británico.
- 1997, a Audiencia Nacional condena o ex-presidente de Banesto, Mario Conde, a seis anos de cárcere, imponlle unha multa de 18 millóns de pesetas e ordénalle restituír ao banco 600 millóns, en relación co "caso Argentia Trust".
- 2003, EUA esixe a 200 empresas galegas ter plans contra o bioterrorismo.
- 2005, o conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro comeza a visitar algunhas zonas para avaliar os danos ocasionados polos incendios provocados na tempada pasada.
- 2006, entréganse en España os Premios Max das Artes Escénicas.
|
|
|
Imaxe da semana
|
|
Presentación
|
|
Participación
|
|
Comunidade
|
De acordo as nosas estatísticas, temos un total de 74 469 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 295 estiveron activas durante o último mes. Todos os editores da Wikipedia son voluntarios, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
|
|