Artigo destacado
|
O Goberno provisional ruso formouse en Petrogrado despois da abdicación do tsar Nicolao II durante a Revolución de Febreiro de 1917. Consistiu nunha serie de sucesivos gabinetes, principalmente de coalición entre políticos liberais e socialistas moderados, que trataron infrutuosamente de resolver os graves problemas aos que se enfrontaba o país, enfrascado na impopular Primeira Guerra Mundial, ata a toma do poder dos bolxeviques en novembro, ala radical do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia, na Revolución de Outubro.
O primeiro goberno estivo formado exclusivamente por políticos burgueses, coa única excepción de Aleksandr Kerenskii, do Partido Social-Revolucionario (SR), que ingresou no goberno a título persoal. Durou apenas dous meses antes de cesar durante a Crise de abril debido ás diferenzas sobre a guerra entre socialistas e os membros máis conservadores do Consello de Ministros. O príncipe Georgii Lvov mantívose á fronte do novo Goberno ata despois do fracaso da Ofensiva de Kerenskii, a crise cos membros do Partido Democrático Constitucional, os kadetes, pola tensión cos nacionalistas ucraínos e as Xornadas de Xullo, cando lle sucedeu Kerenskii á fronte dun gabinete temporal de socialistas e liberais independentes. A Revolución de Outubro puxo fin ao período do Goberno provisional e deu paso a un novo bolxevique, o Sovnarkom.
|
Sobre Galicia
|
Xoán Vicente Viqueira Cortón, nado en Madrid o 22 de outubro de 1886 e finado na Lagoa, Bergondo, o 29 de agosto de 1924, foi un filósofo, psicólogo e pedagogo galego, conferenciante con sona de excelente orador, alumno da Institución Libre de Enseñanza, tradutor de autores europeos ao castelán, membro das Irmandades da Fala e participante nas asembleas nacionalistas. O nacionalismo galego de Viqueira era democrático, republicano, federal, socialista e laico, en contraposición co galeguismo conservador e católico de Vicente Risco. No ano 1974 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Viqueira escribiu en castelán obras sobre filosofía, psicoloxía e pedagoxía como Introducción a la Psicología pedagógica, Elementos de Ética, Lecciones elementales de historia de la Filosofía, Ética y Metafísica, La Psicología contemporánea e traducións de Teócrito, Inmanuel Kant ou David Hume. A maioría da produción en galego de Viqueira editárona os seus amigos no volume Ensayos y Poesías en 1930 (Editorial Nós), reeditado por Galaxia en 1975. A obra galega de Viqueira centrouse sobre todo no sistema educativo, na súa galeguización e na súa reforma, así como na ortografía do galego que Viqueira quería que se achegase á portuguesa, o artigo publicado en A Nosa Terra en 1918 Pol-a reforma da ortografía, considérano algúns o nacemento do reintegracionismo.
|
Tal día como hoxe no ano...
|
- 1678, réndese a cidade de Gante, defendida heroicamente por 500 españois fronte a 40.000 franceses, durante unha gran ofensiva dos exércitos de Luís XIV de Francia na guerra para diminuír a potencialidade de España en Europa.
- 1695, nace en Vilafranca do Bierzo Frei Martín Sarmiento, considerado un dos pais da lingüística galega. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 2002.
- 1980, o PNV gaña as eleccións ao Parlamento vasco.
- 1994, morre nos Ánxeles Charles Bukowski, escritor e poeta estadounidense (n. 1920).
- 1994, morre Fernando Rey, actor galego nado na Coruña. (n. 1917)
- 2006, Aníbal Cavaco Silva toma posesión como presidente de Portugal.
|
|
|
Imaxe da semana
|
|
Presentación
|
|
Participación
|
|
Comunidade
|
De acordo as nosas estatísticas, temos un total de 74 173 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 278 estiveron activas durante o último mes. Todos os editores da Wikipedia son voluntarios, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
|
|