Omán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sultanato de Omán
سلطانة عمان
Saltānat 'Umān
Bandeira de Omán
Emblema de Omán
Bandeira Emblema
Oman (better) (orthographic projection).svg
Himno: Nashid as-Salaam as-Sultani
Capital Mascate
 • Poboación 646 027 (2005 est.)
Cidade máis poboada Mascate
Lingua oficial Árabe
Forma de goberno Monarquía absoluta islámica
Qaboos ibn Sa’id Al ‘Bu Sa’id
Independencia 1741
Superficie Posto 82º
 • Total 212 457 km²
 • % auga 0
Fronteiras 1 374 km
Costas 2 092 km
Poboación Posto 130º
 • Total (2005) 3 001 583 hab.
 • Densidade 12,3 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total n/d
 • per cápita n/d
PIB (PPA) Posto 86º
 • Total (2005) 39 559 mill. US$
 • per cápita 16 300 US$
Moeda Rial omaní (OMR)
IDH n/d
Xentilicio Omanés/omanesa - omaní
Fuso horario UTC+4
 • Horario de verán UTC+4
Dominio de Internet .om
Prefixo telefónico +968
Prefixo radiofónico A4A-A4Z
Código ISO 512 / OMN / OM

Omán[1] é un país situado no extremo oriental da Península da Arabia. Está constituído por dous territorios descontinuos: o máis pequeno é a Península de Musandam e mailos territorios veciños, no Estreito de Ormuz, separados do resto de Omán polos Emiratos Árabes Unidos. O resto e meirande parte do país está á sueste da Arabia Saudita. A cidade de Madha forma un enclave no territorio dos Emiratos Árabes Unidos.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Omán.
Costa do Sur, Omán.

Limita ao norte co golfo de Omán (ao outro lado do cal se estenden as costas do Irán); a leste e sur co mar de Arabia; a oeste co Iemen, Arabia Saudita e cos Emiratos Árabes Unidos. A capital do Omán é Mascate.

Unha vasta chaira desértica de grava cobre a maior parte do centro de Omán, con cadeas montañosas ao longo do norte (montañas Al Hajar) e a costa sueste, onde tamén se atopan as principais cidades do país: a capital Muscat, Sohar e Sur no norte, e Salalah no sur. O clima de Omán é cálido e seco no interior e húmido ao longo da costa. Durante épocas pasadas Omán estaba cuberto polo océano, demostrado polo gran número de conchas fosilizadas que existen en zonas do deserto lonxe da liña de costa actual.

Rial paisaxe desértica.

A península de Musandam (enclave de Musandem), ten unha situación estratéxica no Estreito de Ormuz, está separada do resto de Omán polos Emiratos Árabes Unidos.[2] A serie de pequenos pobos coñecidos como Dibba son a porta de entrada á península de Musandam por terra e os pobos pesqueiros de Musandam por mar, teñen barcos dispoñibles para aluguer en Khasab para viaxes á península de Musandam por mar.

Outro enclave de Omán, en territorio dos Emiratos Árabes Unidos, coñecido como Madha, se atopa a medio camiño entre a península de Musandam e o corpo principal de Omán, forma parte da gobernación de Musandam, cubrindo aproximadamente 75 km2. O límite de Madha estableceuse en 1969, coa esquina nordeste de Madha a apenas 10 m. da estrada de Fujairah. Dentro do enclave de Madha atópase outro enclave dos UAE chamado Nahwa, que pertence ao emirato de Sharjah, situado a uns 8 km. ao longo dun camiño de terra ao oeste da cidade de Nova Madha, que consta dunhas corenta casas cunha clínica e central telefónica.[3]

O deserto central de Omán é unha fonte importante de meteoritos para a análise científica.[4]

Política[editar | editar a fonte]

Omán é considerado unha monarquía absoluta. O sultán Qaboos bin Said Al Said goberna o país dende 1970.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Omán.

Demografía[editar | editar a fonte]

A maioría dos 3.001.583 omanies (datos de 2005) son árabes, pero existe unha minoría baluchi. Hai tamén no país un número importante de traballadores estranxeiros, arredor de 600.000, provenientes da India, de Irán e de Paquistán, principalmente.

O 50% da poboación vive en Mascate e mais en Batina.

Estrutura de idade[editar | editar a fonte]

0-14 anos: 42.7%(homes 744,265/mulleres 714,116) 15-64 anos: 54.5% (homes 1,079,511/mulleres 783,243) 65 anos e máis: 2.8% (homes 55,180/mulleres 41,770) (2010 est.)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Omán». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1511. ISBN 9788482893600. 
  2. Krogh, Jan S. "Oman". 
  3. "United Arab Emirates". 
  4. 4th Swiss Geoscience Meeting, Bern 2006. Meteorite accumulation surfaces in Oman: Main results of. Omani-Swiss meteorite search campaigns, 2001–2006. by Beda Hofmann et al.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Omán

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.