Seúl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Coordenadas: 37°33′59.33″N 126°58′40.69″L / 37.5664806, -126.9779694

Seúl
서울
Flag of Seoul.png
Seal of Seoul.svg
Seoul-Cityscape-03.jpg
Vista da cidade.
Localización
Seúl en Corea do Sur
Seúl
Seúl
País Flag of South Korea.svg Corea do Sur
Rexión Sudogwon
Xeografía
Altitude 18 msnm
Superficie 605,52 km²
Demografía
Poboación 10.924.870 hab. (2006)
Densidade 17.219 hab/km²
Outros datos
Alcalde Park Won-soon
http://www.seoul.go.kr/

Seúl (서울; hangul, 서울특별시; hanja, 서울特別市; romanización revisada, Seoul Teukbyeolsi; McCune–Reischauer, Sŏul T'ŭkpyŏlsi) é a capital e meirande metrópole de Corea do Sur. É unha megacidade cunha poboación de máis de 10 millóns de habitantes.[1] A Área da Capital de Seúl, que inclúe á metrópole de Incheon na provincia de Gyeonggi, é a segunda área metropolitana máis poboada do mundo, cunha poboación de 25,6 millóns de persoas,[2] sendo o fogar da metade dos surcoreanos e 632.000 residentes internacionais.[3]

Situada á beira do río Han, a historia da cidade abrangue máis de 2.000, dende a súa fundación no ano -18 por Baekje, un dos Tres reinos de Corea. Continuou como capital de Corea durante a dinastía Joseon e o Imperio de Corea. A área metropolitana de Seúl contén catro lugares Patrimonio da Humanidade: Changdeokgung, a Fortaleza de Hwaseong, Jongmyo e as Tumbas reais da dinastía Joseon.[4] Seúl está rodeada por montañas, sendo a máis alta Bukhansan, o parque nacional máis visitado do mundo por metro cadrado.[5] Seúl foi votado como o destino turístico máis desexable polos turistas chineses, xaponeses e tailandeses durante tres anos consecutivos entre 2009 e 2011[6] con máis de 10 millóns de visitantes internacionais no 2012.[7]

Historia[editar | editar a fonte]

A Historia urbana de Seúl comezou cando Onjo, fillo do rei de Koguryo, no norte de Corea, fundou o reino de Paekche no 18 a.C, establecendo a capital en torno a un castelo na beira norte do río Han (preto do monte Acha), Habuk Wiryeseong. Catro anos despois trasládana a beira sur, Hanam Wiryeseong (nos arredores do actual Estadio Olímpico), onde reinou o seu irmán Biryu. Cambiou o nome polo de Hanseong ata que cae no poder do reino de Silla en 757, que a chama Hanyang; despois Yangju durante o reino Koryo e Namgyong cara o século XI.

A historia moderna de Seúl comezou en 1394 cando o pequeno val entre montes ao norte do río foi elixido, despois de superar a proba xeomántica do feng shui, coma capital da dinastía Joseon.

Edificouse unha cidade entourada por un cinto de 18 quilómetros de murallas con pazos e santuarios que se estiveron construíndo ata o século XVII.[8] Recibiu de novo o nome de Hanseong e manteuse na súa estrutura básica ata o século vinte:[9][10] un eixo fundamental norte sur, o Sejongno, dende o pazo principal), o Gyongbokgung, ata o encontro co eixo leste oeste, o Chongno, e ampliado despois ata o pazo Toksugong e a praza do concello e máis o sur ata a porta da muralla, Namdaemun, a única orixinal que aínda se conserva, co barrio do mercado.[11]

Despois da ocupación xaponesa e a Segunda Guerra Mundial, coa proclamación da República de Corea, a cidade converteuse na súa capital co nome actual, Seúl, que significa literalmente iso, capital. Pero coa guerra de Corea nos cincuenta e a súa posición fronteiriza entre o norte e o sur, foi practicamente arruinada. A reconstrución posterior levouna ao que actualmente é, unha das maiores metrópoles do mundo, con máis de dez millóns de habitantes.

Megalópole[editar | editar a fonte]

A Megalópole de Seúl, formada pola cidade de Seúl e varias cidades suburbanas, que experimentaron un importante crecemento.[12] En total, a megalópole ten 23 millóns de habitantes, sendo a segunda megalópole con máis habitantes, só superada por Tokio.[13]

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Seúl ten varias cidades irmandadas arredor do mundo:[14][15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Thomas Brinkhoff, www.citypopulation.de; South Korea, The registered population of the South Korean provinces and urban municipalities Registered population 2007-12-31. Retrieved on
  2. Statistics Korea (ed.). "Current population of the Seoul National Capital Area". 
  3. Kosis.kr (ed.). "국가통계포털". Consultado o 7 de agosto de 2013. 
  4. UNESCO (ed.). "Lists: Republic of Korea". 
  5. "Bukhansan National Park (북한산국립공원)". English.visitkorea.or.kr. Consultado o 2013-08-07. 
  6. English.chosun.com (ed.). "The Chosun Ilbo (English Edition): Daily News from Korea – Seoul Voted Asians' Top Travel Destination Again". Consultado o 7 de agosto de 2013. 
  7. Seoul Statistics 10,560,468 de xaneiro de 2012 a novembro de 2012.
  8. OrientalArchitecture.com (en inglés).
  9. Angangi.com
  10. Lib.UTexas.edu
  11. Lib.UTexas.edu
  12. Algunhas destas cidades, coma Seongnam ou Suwon acadaron o millón de habitantes.
  13. Seúl es la segunda megalópolis más poblada del mundo
  14. 14,00 14,01 14,02 14,03 14,04 14,05 14,06 14,07 14,08 14,09 14,10 14,11 14,12 14,13 14,14 14,15 14,16 14,17 14,18 14,19 14,20 14,21 14,22 14,23 "Seoul – Sister Cities [via WayBackMachine]". Seoul Metropolitan Government (archived 2012-04-25). Arquivado dende o orixinal o 2012-03-25. Consultado o 2013-08-23. 
  15. "International Cooperation: Sister Cities". Seoul Metropolitan Government. www.seoul.go.kr. Arquivado dende o orixinal o 10 December 2007. Consultado o 26 January 2008. 
  16. New Economic Spaces in Asian Cities: From Industrial Restructuring to the Cultural Turn. Routledge and the Taylor & Francis Group. 2012. Consultado o 2013-10-14. 
  17. "Atlas of Tehran Metropolis". Tehran Municipality. Consultado o 2013-10-14. 
  18. Taipei Sister city list Taipei City Council
  19. "Pesquisa de Legislação Municipal – No 14471" [Research Municipal Legislation – No 14471]. Prefeitura da Cidade de São Paulo [Municipality of the City of São Paulo] (en Portuguese). Arquivado dende o orixinal o 2011-10-18. Consultado o 2013-08-23. 
  20. Lei Municipal de São Paulo 14471 de 2007 WikiSource (en portugués)
  21. International Affairs Division. "Relationship with Sister Cities". International Affairs Division website. International Affairs Division, Bangkok Metropolitan Administration. Consultado o 12 September 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]