Banana
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Banana (homónimos).
- Este artigo trata sobre a froita, para a planta véxase bananeira.
A banana[1] ou plátano[2] é o froito en forma de baga oblonga e arqueada da bananeira ou plataneiro, de polpa fareluda e pel grosa, sen sementes e comestíbel. Existen moitas variedades de banana, tanto de consumo cru como cociñado.
É unha planta orixinaria das zonas tropicais do sueste asiático de onde posteriormente pasou a ser cultivada en África, América e noutros lugares do mundo de clima semellante, coma agora Oceanía e Australasia. As bananeiras das Illas Canarias son, xeralmente, dunha variedade anana.
Os catro tipos principais de variedades de banana son: a banana-prata; a banana-mazá (de tamaño pequeno e máis arredondada), a Cavendish (tamén coñecida como banana de agua) e a banana-terra.
Estatísticas[editar | editar a fonte]
10 maiores produtores - 2005 (millóns de toneladas) |
|
---|---|
India | 16.8 |
Brasil | 6.7 |
China | 6.4 |
Ecuador | 5.9 |
Filipinas | 5.8 |
Indonesia | 4.5 |
Costa Rica | 2.2 |
México | 2.0 |
Tailandia | 2.0 |
Colombia | 1.6 |
Burkina Faso | 1.6 |
Total Mundial | 72.5 |
Fonte: FAO |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para banana.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para plátano.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Banana |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|
Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |