Uttar Pradesh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Uttar Pradesh
Seal of Uttar Pradesh.png
Escudo
Información
País India India
Superficie 236.286 km²
Poboación 199,581.477 h. (2011)
Gobernador Banwari Lal Joshi
1º Ministro Kumari Mayawati
Páxina Oficial
Mapa
Uttar Pradesh in India (disputed hatched).svg

Uttar Pradesh é un estado da India, situado no norte do país. Cunha superficie de 236.286 km², é o quinto estado mais extenso; e cunha poboación de 199,581.477 habitantes, é o estado mais habitado. A súa capital administrativa e lexislativa é a cidade de Lucknow, mentres que a súa capital xudicial é a cidade de Allahabad. Outras cidades importantes do estado son Agra, Benarés e Kanpur.

O nome do estado pode traducirse como "Estado do Norte". Uttar significa "norte", e Pradesh significa "estado" ou "rexión".

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Uttar Pradesh é un dos destinos turísticos mais importantes da India. O estado recibe cada ano mais de 70 millóns de visitantes domésticos, e preto dun 25% dos turistas estranxeiros que visitan o país. Os dous centros turísticos mais importantes do estado son Agra e o río Ganxes.

Agra posúe un atractivo arquitectónico de primeiro nivel para os turistas estranxeiros, pois nela atópanse 3 monumentos declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, como son o Taj Mahal, o Forte de Agra e o Fatehpur Sikri.

O Taj Mahal, en Agra.

Pola súa banda, o río Ganxes atravesa varias das cidades santas mais importantes do hinduísmo dentro do estado de Uttar Pradesh, como Benarés, Ayodhya, Mathura, Vrindavan e Allahabad, que compoñen un circuíto de peregrinación que atrae a xente de todo o país.

A cidade santa de Benarés vista dende o río Ganxes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

India geo stub.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]