Coco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coco
Cocos nucifera
Cocos nucifera
Estado de conservación
Non ameazado
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Arecales
Familia: Arecaceae
Subfamilia: Arecoideae
Tribo: Cocoeae
Subtribo: Butiinae
Xénero: ''Cocos''
Especie: ''Cocos nucifera''
Nome binomial
'Cocos nucifera'
L.
Sinonimia

O coco ou coqueiro[2] (Cocos nucifera) é unha palmeira duns 30 m de altura da familia Arecaceae. É a única especie do xénero Cocos. Chámase tamén coco ao seu froito.[3].

Coco a xermolar nunha praia de Hawai.

O nome da planta: coco, empregado en todas as linguas occidentais, vén do galego-portugués: côco (cranio, cabeza), e á súa vez do potocelta. Está tamén relacionado co personaxe mitolóxico do coco.

Localización[editar | editar a fonte]

A planta pódese atopar nos areais da beiramar tropical [4] do Mar Caribe, Océano Índico e Pacífico. Cultivada dáse noutras zonas de clima quente. Adoita medrar dende o ecuador até paralelos 28º de ambos os dous hemisferios, con algunhas excepcións como as illas Bermudas ou o arquipélago de Madeira no paralelo 32º, ou Illas Kermadec, entre os paralelos 29º e 31º.

Descrición[editar | editar a fonte]

As follas desta planta son de gran tamaño deica os 3 m de longo e o seu froito, a noz de coco, contén a semente máis grande que existe. O coqueiro é unha soa especie con múltiples variedades, diferenciadas basicamente pola cor do froito (amarelo ou verde). As plantas só presentan diferenzas no talo. A característica común de todas elas é o sabor do froito: agradábel, doce, carnoso e zumarento. A importancia económica fixo que se comece cultivar nas praias tropicais, o lugar máis axeitado.

As flores do coco son poligamomonoecias, coas flores masculinas e femininas na mesma inflorescencia. O florecemento ocorre arreo, coas flores femininas producindo as sementes.

Orixes[editar | editar a fonte]

A apañar cocos. Xusto tralo coco apréciase un exemplar novo.

A orixe da planta é descoñecida, para algúns botanistas é de orixe asiática e para outros do Caribe. Sen ter en conta a súa orixe, os cocos téñense espallado a través de moitas das zonas tropicais do mundo, axudado probabelmente en moitos casos polo factor humano. O coco como é unha semente rexa, propágase a grandes distancias polas correntes mariñas, acadando a beiramar norueguesa.

Cultivo[editar | editar a fonte]

Cocos aínda sen florear.
Exportacións de noz de coco en 2005.

A planta non atura o frío,[4] as grandes alturas, o afastamento do mar, os solos duros e escasos de sal. Pola contra axéitase a zonas con forte vento (que ademais é imprescindíbel para que as flores polinicen) e ao sal. Prefire áreas asolladas (do tipo tropical) e de precipitación regular (750 a 2.000 milímetros anualmente). Os cocos tamén necesitan de alta humidade ambiental (70-80%+) para o crecemento óptimo, polo tanto o coco non se desenvolve axeitadamente en áreas cálidas con humidade baixa (o Mar Mediterráneo, as costas do norte de Chile e no Perú), incluso onde estas sexan temperaturas altas, sendo difícil que medren en climas secos. Porén si pode medrar en zonas subtropicais como as Illas Canarias, Hawai, Cabo Verde ou a Florida onde a humidade relativa é elevada e as temperaturas non acostuman baixar dos 10 °C.[5]

Utilidade[editar | editar a fonte]

Artigo principal: coco (drupa).

O coco fica entre as máis antigas plantas útiles e se explota de múltiples maneiras. Á polpa seca chámanlle copra e contén un 60-70% de lípidos; da copra obtense aceite, utilizado na elaboración de margarina e xabrón. A madeira do coco emprégase para a construción. Os habitantes das Filipinas, Polinesia, Kiribati e as Illas Marshall consumen o zume to tronco do coco fresco; fermentado, pode se conservar e transformar nun tipo de bebida alcohólica, coñecida coma viño de coco.

As fibras que arrodean a noz de coco utilízanse para facer cepillos, colchóns e cordas. Nas illas do Caribe, adóitanse abrir as noces de coco non chegadas cun machado para extraer a auga do froito que é unha bebida refrixerante. Esta auga pode ficar até oito meses no froito pechado e conservar todas as súas cualidades.

Produción[editar | editar a fonte]

Indonesia lidera a produción mundial de cocos no ano 2012, seguida de Filipinas e India. Pollachi é a rexión coqueira máis salientábel da India. Tamén áchanse alí importantes industrias relacionadas: Tender Coconut Water, Copra, Coconut Oil, Coconut Cake, Coconut Toddy, Coconut Shell based Products, Coconut Wood based Products, Coconut Leaves, ou Coir Pith.

Listaxe dos 12 principais produtores de coco o ano 2012
País Toneladas Nota ao pé
Flag of Indonesia.svg Indonesia 18 000 000 F
Flag of the Philippines.svg Filipinas 15 862 386 P
India India 10 560 000 P
Flag of Brazil.svg Brasil 2 888 532 P
Flag of Sri Lanka.svg Sri Lanka 2 000 000 F
Flag of Vietnam.svg Vietnam 1 250 000 F
Flag of Thailand.svg Tailandia 1 100 000 F
Flag of Mexico.svg México 1 050 000 F
Papúa Nova Guinea Papúa Nova Guinea 900 000 F
Flag of Malaysia.svg Malaisia 585 000 F
Tanzania Tanzania 580 000 F
Flag of Myanmar.svg Myanmar 430 000 F
Mundo' 59 983 908 A
Sen letra = dato oficial, P = dato ofical, F = estimación FAO, * = Inoficial, semioficial, C = dato calculado, A = Agregatdo (pode incluír oficiais, semi-oficiais ou aproximacións),

Fonte: Food And Agricultural Organization of United Nations: Economic And Social Department: The Statistical Devision Cocoteros S.A

Sinonimia[editar | editar a fonte]

Os nomes a seguir considéranse sinónimos de Cocos nucifera:[6]

  • Palma cocos Mill. (1768), nom. illeg.
  • Calappa nucifera (L.) Kuntze (1891).
  • Cocos indica Royle (1840).
  • Cocos nana Griff. (1851).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sinónimos en Kew Consultado o 1 de agosto de 2009.
  2. Ambos os dous nomes vulgares recollidos en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 e Dicionario da Real Academia Galega, A Coruña, RAG, 2012
  3. Dicionario da Real Academia Galega Coco
  4. 4,0 4,1 Species Profiles for Pacific Island Agroforestry: Cocos nucifera (pdf file)
  5. Werth, E. 1933. Distribution, Origin and Cultivation of the Coconut Palm (in periodical: Ber. Deutschen Bot. Ges., vol 51, pp. 301–304) (artículp traducido al inglés por el Dr. Child, R. (Director, Coconut Research Scheme, Lunuwila))
  6. Sinónimos en Kew Consultado o 1º de agosto de 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coco
Wikispecies
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Coco

Outros artigos[editar | editar a fonte]