Himalaia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Himalaia
Himalaia
Vista aérea do Himalaia, O Monte Everest pode observarse cerca do centro da imaxe.
Mapa orográfico da cordilleira do Himalaia.
Continente Asia
País Flag of Nepal (with spacing).svg Nepal
Flag of Bhutan.svg Bután
Flag of the People's Republic of China.svg China
India India
Rexión Asia Meridional
Cumes Monte Everest
Coordenadas 27°59′17.0″N 86°55′31.0″L / 27.988056, -86.925278Coordenadas: 27°59′17.0″N 86°55′31.0″L / 27.988056, -86.925278
Cota 8846 m msnm
Lonxitude 2600 km
Ancho 350 km
Orientación leste/oeste m
Tipo Oroxenia
Ríos Río Indo
Río Ganxes
Río Brahmaputra
Río Yangtzé


Vista satelital da cordilleira do Himalaia.

O Himalaia (ou Himalaias) é unha cordilleira asiática que separa o subcontinente indiano do vasto planalto tibetano (agora parte da China) no norte. O nome Himalaia ven do hindi hima = Neve + laya = Montaña, así mesmo a palabra Himalaia ten a súa orixe na lingua sánscrita, sendo pronunciada cun longo primeiro 'a' e un curto último 'a', como 'himaal-ya', en vez de 'him-u-l-yu' ou 'him-u-layaa'.

O Himalaia É a cordillera máis alta da Terra, con dez das catorce cimas de máis de 8000 metros de altura, incluíndo o Everest, cos seus 8848 msnm, a montaña máis alta do planeta.

Forma parte dun complexo orográfico maior: o sistema dos Himalaias, un conxunto composto polas cordilleiras do Himalaia, Karakorum, Hindu Kush e diversas outras subcordilleiras que se estenden a partir do Nó do Pamir e as súas subcordilleiras adxacentes.

No Himalaia nacen algúns dos maiores ríos do mundo como son o Ganxes, Indo, Brahmaputra, Yamuna e Yangtzé, en cuxos concas viven non menos de 1300 millóns de persoas. As montañas do Himalaya influíron profundamente nas culturas de Asia do Sur e moitas delas son consideradas sagradas para o Hinduísmo ou o Budismo.

Xeoloxía e formación[editar | editar a fonte]

A cordilleira do Himalaia é unha das cordilleiras máis novas do planeta e componse principalmente de rochas sedimentarias e metamórficas. Segundo a teoría moderna da tectónica de placas, o Himalaia é o resultado dunha colisión continental, ou oroxénese, ao longo do limite converxente entre as placas indoaustraliana e euroasiática. Esta colisión iniciouse no Cretáceo superior (fai preto de 70 millóns de anos), cando a placa indoaustraliana (que se transforma posteriormente na placa índica e a placa australiana[1]), que se desprazaba cara ao norte a unha velocidade de 15 centímetros por ano, chocou coa placa euroasiática. A parte do océano de Tetis, que as separaba, desapareceu completamente fai preto de 50 millóns de anos. A placa da India continúa movéndose a unha velocidade constante duns 5 centímetros por ano, subducindose baixo a placa euroasiática e causando a elevación dos Himalaias e da meseta tibetana.

A placa da India empuxa e distorsiona a litosfera asiática en máis de 3000 km ao norte dos Himalaias. O Tíbet está cortado por grandes fallas que absorben esta deformación. No lado este de o empuxe da India, a cadea de Arakan e as illas de Andaman e Nicobar no Océano Índico tamén foron creadas polo movemento entre a India e Eurasia.

Esta intensa actividade tectónica fai que a rexión sexa moi activa desde o punto de vista sísmico. Por outra banda, están documentadas no extremo sur dos Himalaias terremotos históricos de magnitude 8 ou máis. O movemento continuo desas placas indica que o Himalaia continua a aumentar de tamaño. Os xeólogos estiman que o Himalaia crecerá de 8 a 10 cm por ano se o movemento de placas fose o único factor. Existen aínda, no entanto, forzas de erosión que diminúen a altura das montañas. O crecemento medio do Himalaia é de aproximadamente 2.5 a 5 cm por século.

Himal[editar | editar a fonte]

Himal é a palabra nepalesa para "altura", e é usada para denominar as varias regións do Himalaia. No Nepal, temos:

  • Annapurna Himal
  • Ganesh Himal
  • Khumbu Himal
  • Langtang Himal
  • Manang Himal
  • Rolwaling Himal

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Himalaia esténdese sobre máis de 2.400 km no sentido dos paralelos xeográficos, desde o Nanga Parbat, no Paquistán, no oeste, até o Namche Barwa, no Tíbet, no leste. Estructuralmente componse de tres cadeas paralelas dispostas en rango de altitude e de período xeolóxico.

A máis meridional e nova das cadeas é a denominada « Sub-Himalaia » (outeiros de Shivalik), e levántase até uns 1.200 metros de altitude. Creouse pola acción erosiva logo da formación do Himalaaia. En paralelo a esta cadea, e en posición intermedia, encontramos o « Baixo Himalaia », un cordal con alturas que oscilan entre os 2.000 e os 5.000 metros. Por último, a cadea máis setentrional é o « Grande Himalaia », que é tamén o cordal máis antigo dos tres. Este érguese a máis de 6.000 metros de altitude e comprende as cimas máis altas do mundo, das que as tres primeiras correponden ao Everest, o K2 e o Kanchenjunga.

O Himalaa cubre a maior parte de Nepal e Bután e ocupa case por enteiro o estado paquistaní de Balistan e os estados federais indios seguintes: Jammu, Kashmir (Cachemira), Himachal Pradesh, Uttaranchal, Sikkim e Arunachal Pradesh. O Himalaia cubre tamén unha pequena parte do sueste do Tíbet, máis a maior parte deste país, formado polo altiplano tibetano, non forma parte do Himalaia.

Paisaxe[editar | editar a fonte]

Recursos naturais[editar | editar a fonte]

Clima[editar | editar a fonte]

En altura, e a grandes trazos, no Himalaia pódese falar de tres tipos de clima: o pé das montañas é o dominio do clima tropical monzónico. En altura a uns 3.000 metros reina un clima temperado monzónico e a partir dos 5.000 a 6.000 metros é un dominio do clima alpino ou mesmo do polar.

A banda meridional da cadea do Himalaia está rexida polos monzóns. O monzón de verán é un vento que procede do suroeste, que se carga de humidade e solta a súa chuvia sobre o oocidente do subcontinente indio e a zona sur do Himalaia, onde descarga por convección, ao ascender nas ladeiras montañosas. O monzón de inverno é un vento terral que procede do nordeste do continente; é un vento seco, árido.

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

A fauna e a flora do Himalaia varía co clima, as precipitacións, a altitude e o chan. O clima tropical predomina ao pé das montañas, mentres a neve perpetua caracterizan aos cumes máis altos. A alta precipitación anual aumenta de oeste a leste sobre a fronte da cadea. Esta variedade de clima, altitude, precipitacións e de chan xera comunidades de plantas, animais e ecosistemas moi diversos.

Os bosques das chairas[editar | editar a fonte]

Na chaira Indo-ganxeática na base das montañas, chaira aluvial drenada polos sistemas fluviais dos ríos Indo, Ganxes e Brahmaputra, a vexetación varía de oeste a leste segundo as precipitacións. A rexión do noroeste caracterízase por bosques xerófilos espiñentos que ocupan as chairas de Paquistán e o Punjab indio. Máis ao leste, os bosques húmidos de folla caduca bordean as cabeceiras do Ganxes en Uttar Pradesh e os do curso inferior ocupan o estado de Bihar e o oeste de Bengala. Estes bosques están suxeitos aos ventos monzóns, e os de folla caduca perden as súas follas durante a estación seca. Os bosques tropicais, debido ao ambiente máis húmido do val do Brahmaputra, ocupan as chairas de Assam.

O cinto de Terai[editar | editar a fonte]

Por encima das chairas aluviais esténdese a rexión de Terai, pantanos estacionais formados por chans areosos e arxilosos. As choivas son máis abundantes do que o son nas chairas, e as correntes dos ríos que descenden desde o Himalaia desaceleranse na zona de Terai, onde se desbordan, e depositan así un limo fértil durante o monzón, máis tarde baixan con menos caudal debido á estación seca. A capa freática da rexión de Terai está elevada, e a parte central do cinto de Terai está composta por sabanas e pastizais da rexión de Terai-Duar, mosaico de pradeiras e estepas, de bosques sempre verdes de folla ancha e algunhas das maiores zonas de pradeiras do mundo. Os pastizais do cinto de Terai son o fogar do rinoceronte indio (Rhinoceros unicornis).

O cinto de Bhabhar[editar | editar a fonte]

Por encima do cinto de Terai atópase unha zona montañosa coñecida como o Bhabhar, onde o chan é poroso e rochoso, consistente nos restos de rochas das montañas superiores. O Bhabhar e a parte baixa das cadeas de Shivalik caracterízanse por ter un clima subtropical. Nesta zona subtropical predominan os piñeiros, principalmente o piñeiro chir (Pinus roxburghii), que ocupan o extremo occidental, e ocupando a parte central, os bosques temperados caducifolios, onde predomina a Shorea (Shorea robusta).

Os bosques de montaña[editar | editar a fonte]

A mediana altitude, os bosques tropicais dan paso a bosques de montaña de frondosas (ao oeste) e preto de Assam e Arunachal Pradesh. Por encima, sobre todo no leste, crecen os bosques de coníferas e frondosas.

Os arbustos e prados alpinos[editar | editar a fonte]

Nos cumes máis altos do Himalaia predomina a tundra. As pradeiras son o fogar do leopardo das neves (Panthera uncia), unha especie en perigo de extinción.

Demografía[editar | editar a fonte]

A superficie cuberta polo Himalaia abranxe uns 594.000 km2, que se estenden por oito países. Pero este enorme cordal forma parte dunha zona maior denominada Área do Hindu Kush-Himalaia, que comprende, entre outras rexións, as cadeas do Hindu Kush e o Pamir e as do Karakorum, estas últimas son unha prolongación do Himalaia por occidente. Este vasto conxunto montañosos acolle, nos inicios do século XXI, uns 140 millóns de persoas.

Picos importantes[editar | editar a fonte]

Superan os oito mil metros de altura os 14 seguintes:

Entre os que superan os sete mil metros:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Himalaia

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]