Guam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Territorio de Guam
Territory of Guam
Guåhån
Bandeira de Guam
Escudo de Guam
Bandeira Escudo
Guam in Oceania (-mini map -rivers).svg
Himno: Fanoghe Chamorro
Capital Agaña
 • Poboación 1 100 (2003)
Cidade máis poboada Dededo
Linguas oficiais Inglés, chamorro e xaponés
Forma de goberno Territorio de Estados Unidos
Barack Obama
Félix Pérez Camacho
Dependencia dos Estados Unidos 10 de agosto de 1944
Superficie Posto 196º
 • Total 549 km²
 • % auga Desprezable
Fronteiras 0 km
Costas 126 km
 • Total (2006 est.) 171 019 hab.
 • Densidade 312 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total n/d
 • per cápita n/d
 • Total n/d
 • per cápita n/d
Moeda Dólar estadounidense ($, USD)
IDH n/d
Xentilicio n/d
Fuso horario UTC 10
 • Horario de verán Non aplica
Dominio de Internet .gu
Prefixo telefónico +1-671
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO 316 / GUM / GU

O Territorio de Guam (Guåhån en chamorro, Guaján en castelán, Territory of Guam en inglés), é unha illa no Pacífico occidental, pertencente aos Estados Unidos como territorio non incorporado. Trátase da máis grande e meridional das Illas Marianas. A capital é Agaña.

Historia[editar | editar a fonte]

O 6 de marzo de 1521, Fernão de Magalhães descubriu a illa, tomando posesión dela e das illas veciñas (Illas Marianas) en nome do rei de España. Ata 1898 o nome oficial da illa era Guaján (acorde coa pronuncia que representa a actual grafía en chamorro).

A consecuencia da derrota de España na Guerra Hispano-Estadounidense, foi cedida a Estados Unidos en 1898 (desde esa época comezouse a usar o nome abreviado "Guam") a diferenza do resto das Illas Marianas, que foron conservadas por España (e vendidas ao ano seguinte a Alemaña). Capturada polo Xapón en 1941, foi recuperada polos estadounidenses tras unha batalla que durou do 21 de xullo ao 10 de agosto de 1944.

En 1950 concedeuse á illa un réxime de autonomía interna, á vez que os habitantes de Guam obtiñan a cidadanía estadounidense.

Cunha situación estratéxica no Pacífico, as instalacións do exército son unhas das máis importantes de todo o océano. Tras o peche das bases en Filipinas, tanto a Armada como a Forza Aérea foron trasladadas a esta illa.

Artigo principal: Toma de Guam.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

Félix Pérez Camacho está á cabeza do executivo da illa. Guam é un Territorio de Estados Unidos desde 1898. Os habitantes da illa escollen ás súas autoridades locais e non teñen dereito a votar polas federais.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Existen dezanove pobos na Illa de Guam e numerosas bases militares estadounidenses.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa de Guam

Sitúase a tres cuartos do camiño entre Hawaii e Filipinas. O porto máis importante é o de San Luís de Apra na costa occidental da illa. A illa é de orixe volcánico, e está rodeada de arrecifes coralinos.

Clima[editar | editar a fonte]

Ten clima tropical, cunha estación seca de xaneiro a xuño. As temperaturas de Guam están ao redor de 21 °C durante case todo o ano, e cada ano caen de media 2.180 mm de choiva.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Guam.

Depende do orzamento militar así como do turismo. Esta última industria creceu espectacularmente nos últimos vinte anos, con máis dun millón de visitantes ao ano, principalmente xaponeses. Case todos os bens industriais e de materias primas son importados.

Demografía[editar | editar a fonte]

Etnicamente a illa está ocupada maioritariamente por chamorros (47%) e filipinos (25%), sendo os brancos un 10% e o resto xaponeses, chineses e coreanos.

A pesar de que unha gran poboación de Guam posúe apelido español, o idioma de igual orixe é falado só por uns 20.000 habitantes desta área insular que depende dos EUA. As linguas oficiais son o inglés e o chamorro, de base austronesia ou malaio-polinesia e con superestrato castelán. A taxa de fecundidade é de 4 fillos por muller e a relixión maioritaria é a católica.