Eslovaquia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
República Eslovaca
Slovenská republika
Bandeira de Eslovaquia
Escudo de Eslovaquia
Bandeira Escudo
EU-Slovakia.svg

Capital Bratislava
 • Poboación 425 155 (2004)
Cidade máis poboada Bratislava
Lingua oficial Eslovaco
Forma de goberno Democracia Parlamentaria
Andrej Kiska
Robert Fico
División de Checoslovaquia 1 de xaneiro de 1993
Superficie Posto 130º
 • Total 48 845 km²
 • % auga Desprezable
Fronteiras 1 524 km
Costas 0 km
Poboación Posto 108º
 • Total (2009[1]) 5 416 958 hab.
 • Densidade 111 hab./km²
PIB (nominal) Posto 60º
 • Total (2006) 54 969 millóns US$
 • per cápita 10 158 US$
PIB (PPA) Posto 62º
 • Total (2006) 95 019 millóns US$
 • per cápita 17 559 US$
Moeda Euro (EUR)
IDH (2007) 0,863 (42º) – Alto
Xentilicio Eslovaco, eslovaca
Fuso horario CET (UTC+1)
 • Horario de verán CEST (UTC+2)
Dominio de Internet .sk
Prefixo telefónico +4211
Prefixo radiofónico OMA-OMZ
Código ISO 703 / SVK / SK
Membro de: UE, ONU, OTAN, OSCE, OCDE
1 Código 42 compartido coa República Checa ata 1997

Eslovaquia (Gl-Eslovaquia.ogg pronunciación ) (en eslovaco, Slovensko Sk-Slovensko.ogg [ˈslovɛnsko] ), oficialmente República Eslovaca (Gl-República Eslovaca.ogg pronunciación ) (en eslovaco, Slovenská republika Sk-Slovenská_republika.ogg [ˈslovɛnskaː ˈrɛpublika] ), é un país do centro de Europa, resultado da división de Checoslovaquia, que orixinou o novo estado e tamén a Chequia. Ten fronteira ó norte con Chequia e Polonia; ó leste con Ucraína; ó sur con Hungría e ó oeste con Austria. A súa capital é Bratislava.

Historia[editar | editar a fonte]

Á esquerda: A moeda celta Biatec
Á dereita: Cinco coroas Eslovacas

A poboación eslava orixinal formouse no século V na área onde hoxe fica Eslovaquia. Eslovaquia formaba parte do centro do imperio de Samo no século VII. O punto máis alto do estado proto-eslovaco do século IX, coñecido como Gran Moravia, deuse coa chegada de Cirilo e de Methodius e coa expansión do reinado do rei Svatopluk. Eslovaquia acabou por se tornar parte do reino da Hungría entre os séculos XI e XIV e foi, máis tarde, parte da Austria-Hungría ata 1918. Nese ano, Eslovaquia xuntouse coas rexións da Bohemia e da veciña Moravia para formar Checoslovaquia. Coa separación do país que se seguiu ao Acordo de Munique de 1938, Eslovaquia transformouse nunha república separada, mais baixo un control firme por parte da Alemaña nazi.

Despois da Segunda Guerra Mundial, Checoslovaquia foi reconstituída e pasou a estar baixo a influencia da Unión Soviética e do Pacto de Varsovia, de 1945 en diante.

A fin da Checoslovaquia comunista en 1989 durante a pacífica Revolución de Veludo tamén significou a fin para Checoslovaquia e a creación de dous estados sucesores: Eslovaquia e a República Checa que seguiron camiños separados a partir do 1 de xaneiro de 1993.

Eslovaquia adheriuse á Unión Europea o 1 de maio de 2004. Pasou a formar parte da eurozona o 1 de xaneiro de 2009, abandonando a coroa eslovaca e adoptando o euro como moeda.

Organización territorial[editar | editar a fonte]

Eslovaquia está subdividida en 8 kraje (singular kraj), cada un deles levando o nome da súa capital.
Regiones de Eslovaquia
Escudo Galego Eslovaco
SŁO Kraj Bratysławski COA.svg 1 Bratislava Bratislavský kraj
SŁO Kraj Trnawski COA.svg 2 Trnava Trnavský kraj
SŁO Kraj Trenczyński COA.svg 3 Trenčín Trenčiansky kraj
Erb Nitrianskeho samosprávneho kraja.jpg 4 Nitra Nitriansky kraj
SŁO Kraj Żyliński COA.svg 5 Žilina Žilinský kraj
SŁO Kraj Bańskobystrzycki COA.svg 6 Banská Bystrica Banskobystrický kraj
SŁO Kraj Preszowski COA.svg 7 Prešov Prešovský kraj
SŁO Kraj Koszycki COA.svg 8 Košice Košický kraj
Os kraje están subdivididos en varios okresy (singular okres), distritos. Eslovaquia ten 79 distritos.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa da Eslovaquia.

A paisaxe eslovaca componse de natureza montañosa. Os montes Cárpatos atópanse ao longo da maior parte da metade norte do país. É nos Cárpatos onde se sitúan os elevados picos dos montes Tatra, un destino popular para a práctica do esquí e tamén zona de moitos lagos e vales, ademais de albergaren o punto máis alto da Eslovaquia: o Gerlachovský štít, con 2.655 metros.

Hai tamén terras baixas nas extremidades suroeste (nas marxes do río Danubio) e sueste de Eslovaquia. Os ríos principais, ademais do Danubio, son o Váh e o Hron.

O clima é temperado, con veráns relativamente frescos e invernos fríos, nevados e húmidos.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Eslovaquia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Eslovaquia

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]