Bolivia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estado Plurinacional de Bolivia
Estado Plurinacional de Bolivia
Bulibiya Mama llaqta
Wuliwya Suyu
Tetã Volívia
Bandeira de Bolivia
Escudo de Bolivia
Bandeira Escudo
Bolivia (orthographic projection).svg
Lema: «¡La unión es la fuerza!»

Capital Sucre
Cidade máis poboada Santa Cruz de la Sierra
Linguas oficiais Español, quechua, aimara, guaraní e outras 33 linguas
Forma de goberno República presidencialista
Evo Morales Ayma
Álvaro García Linera
 • Comezada
 • Declarada
16 de xullo de 1809
6 de agosto de 1825
Superficie Posto 27º
 • Total 1 098 581 km²
 • % auga 1,4%
Fronteiras 6 743 km
Costas non ten km
Poboación Posto 87º
 • Total (2008) 10 027 644 hab.
 • Densidade 8,76 hab./km²
PIB (nominal) Posto 103º
 • Total (2008) 16 699 millóns USD
 • per cápita 1 665 USD
PIB (PPA) Posto 88º
 • Total (2008) 42 121 millóns USD
 • per cápita 4 200 USD
Moeda Boliviano (Bs., BOB)
IDH (2005) 0,723 (111º) – medio
Xentilicio Boliviano, -a
Fuso horario UTC-4
 • Horario de verán UTC-4
Dominio de Internet .bo
Prefixo telefónico +591
Prefixo radiofónico CPA-CPZ
Código ISO 068 / BOL / BO
Membro de: ONU, OEA, UNASUR, CAN, Mercosur, ALADI, ALBA, OMC, FLAR, SELA, TCP, G20, CIN, OEI, IUCN, Unión Latina, MPNA, Grupo de Río.

Bolivia (en quechua: Bulibiya Suyu, aimara: Bulibiya, Buliwya; guaraní: Volívia) é un país da América do Sur, limitado a norte e leste polo Brasil, ao sur polo Paraguai e Arxentina, e a oeste polo Chile e Perú. Comprende parte importante tanto da Cordilleira dos Andes e o seu Altiplano como da Selva Amazónica e do Gran Chaco. É, canda Paraguai, un dos dous países de Sudamérica sen litoral marítimo. É tamén o oitavo máis extenso no continente americano e o vixésimo sétimo a nivel mundial. A súa capital oficial e xudicial é a cidade de Sucre, mentres que a capital gobernamental (dos poderes executivo e lexislativo) é A Paz.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Bolivia.

Na parte occidental do país está a Cordilleira dos Andes, na cal están a montaña máis alta do país, o pico Nevado Sajama co seus 6.542 m; o lago Titicaca, o máis alto lago do mundo; e o Salar de Uyuni, no departamento de Potosí, unha grande extensión cuberta por sal que foi no pasado o fondo dun grande lago que se secou por evaporación. O centro do país é un planalto, o "Altiplano", onde vive a maioría dos bolivianos. O leste do país está constituído por terras baixas, e cuberto pola floresta húmida da Amazonia. O lago Titicaca sitúase na fronteira entre a Bolivia e Perú. No occidente atópase o Salar de Uyuni, a maior planicie de sal do mundo.

O país actualmente non ten litoral, despois de o perder nunha guerra con Chile, a Guerra do Pacífico, que ocorreu do ano 1879 ao ano 1884.

As cidades principais son A Paz, Sucre, Santa Cruz de la Sierra e Cochabamba.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións da Bolivia.

Bolivia está dividida en 9 departamentos:

División política
Departamento Poboación Supeficie (km²) Densidade (*) Capital (Hab.)
Departamentos de Bolivia.png
República de Bolivia 9 627 269 1 098 581 8,8 Sucre
Bandeira do Departamento del Beni Beni 414.758 213.564 1,9 Trinidad (86.385)
Bandeira Chuquisaca 611.660 51.524 11,9 Sucre (247.259)
Bandeira do Departamento de Cochabamba Cochabamba 1 709 806 55.631 22,7 Cochabamba (586.813)
Bandeira do Departamento de La Paz La Paz 2 872 793 133.985 19,9 A Paz (835.000)
Bandeira de Oruro Oruro 437.131 53.558 8,2 Oruro (216.620)
Bandeira do Departamento de Pando Pando 69.541 63.827 1,1 Cobija (32.217)
Flag of potosi.svgPotosí 772.578 118.218 6,5 Potosí (149.246)
Bandera de Santa Cruz Santa Cruz 2 367 440 370.621 6,6 Santa Cruz de la Sierra (1 397 000)
Bandera del Departamento de Tarija Tarija 471.563 37.623 12,5 Tarija (170.906)
(*)= Todos os datos de poboación son proxecciones do INE para 2006 [1]. A densidade departamental está calculada coa proxección da poboación de 2006.

Outras cidades importantes son: La Paz: El Alto 827.000, Cochabamba: Quillacollo 90.000 Sacaba 127.000, Tarija: Yacuiba 90.000, Santa Cruz: Montero 90.000, Beni: Riberalta 78.000.

Cada departamento está subdividido en provincias, que son responsábeis dalgúns asuntos locais.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Bolivia.

En Bolivia desenvolvéronse grandes civilizacións, das que a máis importante foi a civilización de Tiahuanaco. Tornouse parte do imperio Inca no século XV.

Cando os españois chegaron no século XVI, Bolivia, rica en depósitos de prata, foi incorporada no virreino do Pelo, e máis tarde no de La Plata.

A loita pola independencia comezou en 1809, mais permaneceu como parte da España ata 1825, cando foi liberada por Simón Bolívar, a quen o país debe o seu nome. Despois dunha breve unión con Perú, Bolivia tornouse totalmente independente. Nos anos seguintes, Bolivia perdeu parte do seu territorio debido a vendas e á guerra.

Bolivia enfronta problemas culturais e raciais, e sofreu ao longo dos anos múltiples revolucións e golpes militares. En 1980, a democracia foi restaurada despois da destitución dunha xunta militar.

Política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Política de Bolivia.

A constitución da Bolivia de 1967, revisada en 1994, prevé un sistema equilibrado entre os poderes executivo, lexislativo e xudicial. O tradicionalmente forte poder executivo, non obstante, tende a deixar na sombra o Congreso, cuxo papel está en xeral limitado a debater e aprobar lexislación orixinaria do executivo. A través de revisións na constitución feitas en 1994, e de leis subsequentes, o goberno iniciou reformas que teñen potencial para ser profundas nos sistema e procesos xudiciais.

Os nove departamentos da Bolivia recibiron maior autonomía pola lei de Descentralización Administrativa de 1995, aínda que os principais dirixentes departamentais continúen a ser nomeados polo goberno central. As cidades e vilas bolivianas son gobernadas polos presidentes de cámara e consellos directamente elixidos.

Foron realizadas eleccións municipais o 5 de decembro de 2004, que elixiron os consellos para mandatos de 5 anos. A Lei de Participación Popular de abril de 1994, que distribúe unha porción significativa das finanzas nacionais polas autarquías, para o seu uso discrecional, permitiu que comunidades anteriormente relegadas obtivesen grandes melloras nas súas infraestruturas e servizos.

Partidos políticos[editar | editar a fonte]

Partidos políticos
Nome Siglas Fundador
Acción Democrática Nacionalista ADN Hugo Banzer Suárez
Izquierda Unida IU -
Movimiento al Socialismo MAS Evo Morales
Movimiento Bolivia Libre MBL -
Movimiento de Izquierda Revolucionaria MIR Jaime Paz Zamora
Movimiento Nacionalista Revolucionario MNR Víctor Paz Estenssoro
Nueva Fuerza Republicana NFR Manfred Reyes Villa
Partido Socialista de Bolivia PS Marcelo Quiroga Santa Cruz
Poder Democrático Social PODEMOS Jorge Quiroga Ramírez
Movimiento SIn Miedo MSM Juan Del Granado Cosio
Falange Socialista Boliviana FSB Oscar Unzaga de la Vega

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Bolivia.

Bolivia, hai moito un dos máis pobres e menos desenvolvidos países da América Latina, fixo progresos considerábeis no sentido do desenvolvemento dunha economía de mercado. Durante a presidencia do presidente Gonzalo Sánchez de Lozada (1993-97) Bolivia asinou un tratado de comercio libre con México, tornouse membro asociado do Mercado Común do Cono Sur (Mercosul) e procedeu á privatización da liña aérea estatal, da compañía de teléfonos, dos ferrocarrís, da compañía eléctrica e da compañía petrolífera.

O crecemento económico aminorou en 1999, en parte debido a políticas orzamentais restritivas que limitaron os fondos necesarios para programas de loita contra a pobreza, e ás consecuencias da crise financeira asiática. No ano 2000, serios disturbios públicos en abril e en setembro/outubro baixaron o crecemento a un 2,5%. O PIB boliviano non creceu en 2001 debido ao abrandamento global e á vagarosa actividade doméstica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bolivia Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]