Pese a ser tamén autor en prosa, Amado Carballo é coñecido fundamentalmente pola súa creación poética de vangarda e como fundador do hilozoísmo. Malia finar novo, tivo moita aceptación lírica no seu tempo. A súa poesía, influída polas vangardas europeas e americanas, ofrece unha mestura das imaxes vangardistas coas formas tradicionais galegas (octosílabo). O elemento cromático está moi presente en toda a súa obra en verso, da cal a gran protagonista é a paisaxe, especialmente da ría de Pontevedra, unha paisaxe que o autor quere presentar humanizada mediante o uso de prosopopeas. A poesía de Amado Carballo está enormemente conectada cos sentidos, tecendo os poemas con metáforas.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todos poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo as nosas estatísticas, temos un total de 72 990 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 267 estiveron activas durante o último mes. Todos os editores da Wikipedia son voluntarios, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.