Verán
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O verán (normalmente pronunciado v'ran ou v'rao) é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co solsticio de verán (arredor do 21 de decembro no hemisferio sur e o 21 de xuño no hemisferio norte), e remata co equinoccio de outono (arredor do 21 de marzo no hemisferio sur e o 21 de setembro no hemisferio norte). Aínda que ás veces é considerado como os meses enteiros de decembro, xaneiro e febreiro no hemisferio sur e xuño, xullo e agosto no hemisferio norte. Climaticamente, caracterízase por temperaturas máis elevadas, ó incidir o Sol durante máis tempo e máis perpendicularmente á superficie terrestre.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Verán |
Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |