Moscova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Coordenadas: 55°45′N 37°37′L / 55.750, -37.617

Moscova
Москва (en ruso)
Flag of Moscow.svg Coat of Arms of Moscow.svg
MSK Collage 2015.png
Imaxes da cidade
Situación xeográfica
Rusia (Europa)
Moscova
Moscova
País Rusia Rusia
Distrito Federal Central
Cidade autónoma Moscova
Xeografía
Altitude 156 msnm
Superficie 2.510 km²
Poboación
Poboación 11.503.501 hab. (2010)
Densidade 4.583 hab./km²
Xentilicio Moscovita[1]
Información
Código postal 101xxx - 135xxx
Alcalde Sergei Sobjanin
Páxina web www.mos.ru Páxina Oficial
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Moscova (en ruso: Москва) é a capital de Rusia e o principal centro político, económico, financeiro, educativo e de transporte, situado no río Moskva no Distrito Central Federal, na parte europea de Rusia. A poboación da cidade é de 10.4 millóns de habitantes xunto cos arrabaldes da cidade. Constitúe por si mesma o 7% da poboación de toda Rusia. Tamén é considerada a cidade máis populosa de Europa. Foi a capital da antiga Unión Soviética e da Rusia pre-imperial. En Moscova atópase o famoso Kremlin que actualmente serve como residencia do xefe de goberno. O xentilicio é moscovita.

A arquitectura e cultura de Moscova teñen sona mundial, Moscova tamén é coñecida pola famosa catedral de San Basil, coas súas elegantes cúpulas douradas ,tamén é coñecida a Catedral de Cristo Salvador. O Patriarcado de Moscova ,cuxa residencia é o Mosteiro de Danilov, serve como cabeceira da Igrexa Ortodoxa Rusa. Moscova tamén segue sendo o centro económico e o fogar dunha longa lista de Billonarios;así mesmo é considerada unha das cidades más caras de todo o mundo , e é o fogar de multitude de institucións culturais e científicas ,xunto con importantes instalacións deportivas. A cidade posúe un complexo sistema de transporte e un dos metros máis densamente utilizados ,o cal é famoso pola súa arquitectura. Moscova tamén acolleu os Xogos Olímpicos de verán de 1980.

Orixe etimolóxica do nome[editar | editar a fonte]

O nome da cidade procede do río que a atravesa denominado Moscova ou Moskva, en antigo ruso: град Москов, literalmente a cidade do río Moskva.

A orixe do nome é descoñecida, aínda que existen varias teorías.[2] Unha teoría suxire que a orixe do nome procede dunha antiga lingua finesa, na que significa "escuro" e "turbio". A primeira referencia rusa de Moscova data de 1147 cando Yuri Dolgoruki lle pedía ao príncipe da República de Novgorod que o visitara a esta cidade.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Moscova.

Moscova foi fundada no ano 1147 por Yury Dolgoruki (en ruso Юрий Долгорукий). O emblemático conxunto de edificios coñecido como o Kremlin, construído no século XVI, foi a sé permanente dos tsares do Imperio Ruso ata que a comezos do século XVIII Pedro o Grande trasladou a capital a San Petersburgo.

Trala Revolución de Outubro e a conseguinte toma do poder polos bolxeviques, a capital foi trasladada novamente a Moscova pois temían unha posíbel invasión de Petrogrado —ex San Petersburgo—, que por atoparse na liña costeira do Mar Báltico era máis vulnerábel a un ataque de algúns países capitalistas que buscaban restaura-la monarquía do tsar. A partir dese momento a vida política da nación concentrouse en Moscova e a cidade pasou a sela capital da Unión Soviética, que agrupou a varios países de Europa e Asia. Despois do final da Segunda Guerra Mundial a Unión Soviética erixiuse como unha das dúas superpotencias de carácter mundial xunto con Estados Unidos. Por iso Moscova e Washington, as súas respectivas capitais, centraron o poder da política e a diplomacia internacional.

Clima[editar | editar a fonte]

Temperatura Media (vermello) e precipitacións (azul) en Moscova

O clima de Moscova caracterízase polos invernos fríos, veráns quentes e temperados, e a brevidade da primavera e do outono. As temperaturas dos meses de agosto e xullo roldan os 23°Ce (68°F); no inverno, as temperaturas caen ata os -12°C .As precipitacións case non varían ó longo do ano, aínda que os niveis de precipitacións tenden a ser maiores no verán ca no inverno.

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación de Rusia está a declinar nunhas 700.000 persoas cada ano dende o derrubamento da Unión Soviética en 1991 debido ás baixas taxas de natalidade e mailo aumento da taxa de mortalidade , Moscova non é inmune a estes efectos. No 2003, o número de nados excedeu en 49.400 ó número de finados. Aínda así o número de nados esta medrando pero isto non impide que medre a media de idade dos Moscovitas. No 2004, había o dobre de Moscovitas de 55 anos que de 14 anos. Porén, a inmigración á cidade está a paliar estes efectos. Estes novos Moscovitas veñen atraídos polo alto crecemento da economía local , o que contrasta co estancamento ou diminución do resto de Rusia como resultado do proceso de polarización que se está a levar no país.

A cidade é fogar de moitos grupos raciais , dende estudantes africanos a xente de negocios de Irlanda. No 2002, a composición étnica de Moscova era dun 84,8 % rusos, 2,4 % ucraínos, 1,6 % tártaros, 1,2 % armenios, 0,9 % acerís 0,8 % xudeus, 0,6 % bielorrusos, 0,5 % xeorxianos, e un 7,2 % doutras orixes [4].

Evolución da poboación desde 1400 ata 1856
1400 1638 1710 1725 1738 1775 1785 1811 1813 1825 1840 1856
40 000 200 000 160 000 145 000 138 400 161 000 188 700 270 200 215 000 241 500 349 100 368 800
Evolución da poboación desde 1868 ata 2002
1868 1871 1888 1897 1912 1920 1926 1939 1959 1979 1989 2002
416 400 601 969 753 459 1 038 600 1 617 157 1 027 300 2 101 200 4 609 200 6 133 100 8 142 200 8 972 300 10 383 000


Cultura[editar | editar a fonte]

Museos e Galerías[editar | editar a fonte]

Moitos dos museos e galerías de Moscova posúen coleccións comparables ós mellores museos de Europa do leste e Norte América. As galerías e museos de Moscova adoitan facer exposicións e mostras de Escultura, Fotografía e Pintura, dende o máis vangardista ó máis clásico.

Un dos museos máis notables de Moscova é a Galería de Tretyakov, fundada por Pavel Tretyakov, un rico mecenas que doou parte da súa colección privada á cidade. Hoxe en día a Galería Tretyakov atópase dividida en dúas construcións.O vello Tretyakov, a galería orixinal que se atopa na area de Tretyakovskaya no sur do Río Moscova, nela pódense atopar o traballo de famosos pintores da pre-Revolución de Outubro , como Ilya Repin, tamén se poden atopar as vellas Pinturas Iconográficas xunto con traballos de Pintores Iconográficos como Andrei Rublev, e a nova Galería Tretyakov, creada en tempos Soviéticos, e que contén os traballos de pintores desta época e tamén dalgúns pintores contemporáneos. A nova galería posúe unha colección de artistas como Vladimir Tatlin , Kasimir Malevich e Wassily Kandinsky.

Galería Tretyakov

Outro importante museo da cidade de Moscova é o Museo Pushkin de belas artes, fundado entre outros polo pai de Marina Tsvetaeva. O Museo Pushkin aseméllase ó Museo Británico na cidade de Londres. O museo presenta mostras das culturas das antigas civilizacións. Porén, tamén posúe cadros de pintores tan importantes como Claude Monet, Paul Cézanne, e Pablo Picasso.

O Museo da Historia do Estado de Rusia (Государственный Исторический музей) é o museo no que se pode atopar mostras de toda historia de Rusia , atópase entre a Praza Vermella e a Praza de Manege en Moscova. As súas exposicións van dende as mostras das tribos prehistóricas que habitaban Rusia ata pezas de arte que pertencían á dinastía dos Romanov.

Teatros e outras Artes Escénicas[editar | editar a fonte]

Teatro Bolshoi

Moscova tamén é o fogar das Artes Escénicas, incluíndo o Ballet ruso e o cinema. Na cidade pódense atopar 99 teatros e 132 cinemas. Entre tódolos teatros de Moscova , o máis importante é o teatro Bolshoi e o Teatro Malyi xunto co Teatro Vakhtangov e o Teatro da Arte de Moscova.

Teatro Bolshoi perante unha obra de teatro en Abril do ano 2005

Tamén hai dous importantes circos en Moscova: o Moscow State Circus e o Moscow Circus no Boulevard de Tsvetnoy.

Parques e espazos verdes[editar | editar a fonte]

Na cidade de Moscova atópanse 96 parques e 18 xardíns, incluíndo 4 xardíns botánicos, xunto con 450 quilómetros cadrados de espazos verdes e 100 de bosques. Moscova é unha cidade moi verde comparada coas cidades máis importantes da Europa occidental e América. A cidade ten unha media de 27 metros cadrados de zona verde por habitante, comparado cos 6 de París, os 7,5 de Londres e os 8,6 de Nova York.

O parque Gorki, chamado así polo escritor Maxim Gorki foi fundado en 1928. O parque ten unha extensión de 689.000 metros cadrados, e se atopa ao longo do río Moscova. O parque contén todo tipo de atraccións para os cativos, xunto con pistas de tenis e bicicletas de auga nas súas lagoas entre outras actividades deportivas. O parque limita co parque Neskuchniy cunha área de 408.000 metros cadrados. O parque é o máis vello da cidade e no pasado foi residencia do Emperador, entre os seus atractivos destaca o Gran teatro, un dos maiores anfiteatros de Europa, cunha capacidade para 15 mil persoas.

O parque Izmaylovskiy, creado en 1931 é un dos maiores parques urbanos do mundo xunto co Richmond Park en Londres. Cunha extensión de 15.34 km² é 6 veces maior co Central Park de Nova York.

O parque Sokolniki, cuxo nome está relacionado coas cacerías de falcóns que tiñan lugar no seu emprazamento, é outro dos máis vellos parques de Moscova. O parque ten unha superficie de 6 quilómetros cadrados.

O parque nacional Losiny Ostrov (Literalmente - "O parque do alce"), que arrodea ao parque Sokolniki, cunha área de 116 km² foi o primeiro parque nacional declarado en Rusia, localizado na cidade de Moscova. É considerado o maior parque nunha cidade de tamaño considerable. O parque tamén é coñecido como "A taiga da cidade", onde poden verse alces en liberdade.

Transporte[editar | editar a fonte]

Transporte da Cidade[editar | editar a fonte]

A cidade de Moscova posúe 5 aeroportos: o Aeroporto Internacional Sheremetyevo, o Aeroporto Internacional Domodedovo, o Bykovo, o Aeroporto Internacional Ostafievo e o Aeroporto Internacional Vnukovo. O Aeroporto Internacional Sheremetyevo e o punto de entrada máis común entre os pasaxeiros estranxeiros aínda que os outros aeroportos tamén serven á cidade, con vós a outras repúblicas federais rusas e ós estados da antiga Unión Soviética. O Aeroporto Internacional Domodedovo é o aeroporto máis importante de Rusia en número de pasaxeiros.

Á parte do transporte aéreo, Moscova posúe varias estacións de ferrocarril que serven á cidade. A Estación de tren Belorusskiy, a Estación de tren Kazanskiy, a Kievskiy, a Kurskiy, a Leningradskiy, a Paveletskiy, a Rizhskiy, a Savyolovsky, e a Estación de tren Yaroslavlskiy localizadas todas elas preto do centro da cidade, uníndoa con cidades de Europa e Asia , e importantes cidades rusas como San Petersburgo, a segunda cidade máis grande de Rusia. Moscova tamén e a última parada do tren Transiberiano, que atravesa 9300 quilómetros dende Vladivostok.

Moscova tamén posúe dúas estacións de pasaxeiros no seu río, a (South River Terminal e a North River Terminal ou (Rechnoy vokzal) rutas regulares dos cruceiros que navegan polo Moscova e o Oka. North river terminal, foi construída no ano 1937 e é a máis utilizada para viaxes de longa duración . Á parte disto, Moscova tamén ten unha estación de autobús para longas travesías, a (Terminal central de Buses de Moscova) na cal circulan diariamente 25.000 pasaxeiros.

Transporte Local[editar | editar a fonte]

O transporte local máis coñecido de Moscova é o Metro de Moscova, coñecido polos seus murais, mosaicos, e candeeiros . Cando se abriu por primeira vez no ano 1935, só posuía unha liña. Hoxe en día, o Metro posúe 12 liñas, a maioría interiores, con 172 estacións de metro. O Parque Pobedy ("Parque de Vitoria"), completado no ano 2003, é a estación de metro máis profunda do mundo, o cal posúe as Escaleiras Mecánicas máis longas de Europa. A estación de Metro de Moscova está no top 10 de terminais de Metro en número de pasaxeiros, e ten plans de expandirse aínda máis por toda a cidade. Moscova tamén posúe unha liña de monorraíl, que salva os problemas do Metro en Moscova.

Os buses da cidade son moi frecuentes, a miúdo pasan máis de un nun minuto. Todas as grandes rúas de Moscova son servidas polo menos por unha liña de autobús. Tamén hai tranvías e trolebuses.

Na cidade hai máis de 2,6 millóns de automóbiles, cifra que crece ano tras ano e que está a provocar moitos problemas de aparcadoiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para moscovita.
  2. As orixes de Moskva (en ruso)
  3. Comins-Richmond, Walter. "The History of Moscow" (en inglés). Occidental College. Consultado o 06-05-2008. 
  4. "National Composition of Population for Regions of the Russian Federation" (XLS). 2002 Russian All-Population Census. 2002. Consultado o 2006-07-20. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Flag-map of Russia.svg
A Galipedia ten un portal sobre:
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Moscova

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]