Artigo destacado
|
Donato di Niccolò di Betto Bardi, nado en Florencia en 1386 e finado na mesma cidade o 13 de decembro de 1466, foi un famoso artista e escultor renacentista, coñecido co nome de Donatello, un dos pais do período xunta Leon Battista Alberti, Brunelleschi e Masaccio. Donatello converteuse nunha forza innovadora no campo da escultura monumental e no tratamento dos relevos, onde logrou representar unha gran profundidade dentro dun mínimo plano, denominándose co nome de stiacciato, é dicir «relevo aplanado ou esmagado».
O David de mármore para a catedral de Santa María del Fiore en Florencia, foi a súa primeira obra documentada entre 1444 e 1446. Nos anos sucesivos realizou numerosas obras en mármore, terracota, bronce e madeira para diversos mecenas e cidades. Volveu a Florencia en 1459 co encargo de modelar unhas placas en bronce para a Basílica de San Lourenzo e durante a súa elaboración faleceu en decembro de 1466.
|
Sobre Galicia
|
Luís Amado Carballo, nado en Pontevedra o 2 de maio de 1901 e finado na mesma cidade o 3 de setembro de 1927, foi un escritor galego en lingua galega, cofundador da revista Alborada e pai do hilozoísmo ou animismo. Moi relixioso, interesado pola teosofía, militou como galeguista e pertenceu ás Irmandades da Fala. Foi, xunto con Manuel Antonio, un dos poetas máis destacados do seu tempo, pertencentes ambos a xeración de 1922 (ou de 1925). Morreu prematuramente por causa dunha tuberculose. No ano 1982 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Pese a ser tamén autor en prosa, Amado Carballo é coñecido fundamentalmente pola súa creación poética de vangarda e como fundador do hilozoísmo. Malia finar novo, tivo moita aceptación lírica no seu tempo. A súa poesía, influída polas vangardas europeas e americanas, ofrece unha mestura das imaxes vangardistas coas formas tradicionais galegas (octosílabo). O elemento cromático está moi presente en toda a súa obra en verso, da cal a gran protagonista é a paisaxe, especialmente da ría de Pontevedra, unha paisaxe que o autor quere presentar humanizada mediante o uso de prosopopeas. A poesía de Amado Carballo está enormemente conectada cos sentidos, tecendo os poemas con metáforas.
|
Tal día como hoxe no ano...
|
- 1778, morre Carl von Linné científico, medico, botánico e zoólogo sueco que estableceu os fundamentos para o esquema moderno da nomenclatura binomial.
- 1869, nace Grigori Rasputin, místico e cortesano ruso.
- 1880, nace Manuel Azaña, político, escritor e presidente da Segunda República Española.
- 1924, nace Eduardo Chillida, escultor español
- 1946, celébrase en Londres a primeira Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU).
- 1957, morre Gabriela Mistral, poetisa chilena Premio Nobel de Literatura en 1945
|
|
|
Imaxe da semana
|
|
Presentación
|
|
Participación
|
|
Comunidade
|
De acordo as nosas estatísticas, temos un total de 72 742 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 257 estiveron activas durante o último mes. Todos os editores da Wikipedia son voluntarios, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
|
|