Benin
República de Benin | |||
---|---|---|---|
République du Bénin | |||
|
|||
|
|||
Lema: Fraternité, Justice, Travail (francés: «Fraternidade, Xustiza, Traballo») |
|||
|
|||
Capital | Porto Novo1 | ||
• Poboación | 238 199 (2006) | ||
Cidade máis poboada | Cotonou | ||
Linguas oficiais | Francés | ||
Forma de goberno | República democrática presidencial | ||
Thomas Yayi Boni Mariam Aladji Boni Diallo |
|||
Independencia de Francia | 1 de agosto de 1960 | ||
Superficie | Posto 101º | ||
• Total | 112 620 km² | ||
• % auga | 1,8% | ||
Fronteiras | 1989 km | ||
Costas | 121 km | ||
Poboación | Posto 94º | ||
• Total (2005 est.) | 7 649 360 hab. | ||
• Densidade | 60 hab./km² | ||
PIB (nominal)
|
|||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
PIB (PPA) | Posto 142º | ||
• Total (2005) | 8 534 millóns US$ | ||
• per cápita | 1 147 US$ | ||
Moeda | Franco CFA (XOF) | ||
IDH (2007) | 0,437 (163º) – Baixo | ||
Xentilicio | Beninés, beninesa[1] | ||
Fuso horario | UTC+1 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .bj | ||
Prefixo telefónico | +229 |
||
Prefixo radiofónico | TYA-TYZ |
||
Código ISO | 204 / BEN / BJ |
||
Membro de: ONU, UA | |||
Benin[1] (en francés: Bénin), oficialmente República de Benin (en francés: République du Bénin) e antigamente Dahomey, é un país de África Occidental. Limita ó oeste con Togo, ó leste por Nixeria e ó norte por Burkina Faso e Níxer. A maioría da poboación vive na súa reducida liña costeira no Golfo de Benin, parte do Golfo de Guinea, na zona máis ó norte do Océano Atlántico tropical.[2] A capital de Benin é Porto Novo, pero a sede do goberno está en Cotonou, a meirande cidade e o centro económico do país. Benin abrangue unha área de aproximadamente 115 000 km², cunha poboación aproximada de 9,98 millóns. Benin é unha nación tropical da África subsahariana moi dependente da agricultura.[3]
A lingua oficial de Benin é o francés. Porén, as linguas indíxenas como o fon e o yoruba son faladas de xeito común. O meirande grupo relixioso é o catolicismo, seguido de preto polo islam, o vodú e o protestantismo. Benin é membro das Nacións Unidas, da Unión Africana, da Organización para a Cooperación Islámica, da Zona de Paz e Cooperación do Atlántico Sur, da Francophonie, da Comunidade dos Estados do Sahel-Sahara e da Autoridade da Conca do Níxer.[4]
Dende o século XVII até o XIX, as principais entidades políticas na área foron o Reino de Dahomey xunto coa cidade estado de Porto Novo e unha grande área con moitas tribos diferentes no norte. Esta rexión era chamada a Costa dos escravos a comezos do século XVII por mor do grande número de escravos que eran levados cara ao Novo Mundo polo comercio atlántico. Despois da abolición da escravitude, Francia tomou o país e renomeouno como Dahomey Francés. En 1960, Dahomey acadou a independencia plena de Francia, e viviu un período tumultuoso con varios gobernos democráticos, golpes de estado e gobernos militares.
Un estado marxista-leninista chamado República Popula de Benin existiu entre 1975 e 1990. En 1991, foi substituído pola actual República multipartidista.[5]
Índice
Historia[editar | editar a fonte]
O Benin foi parte do antigo reino africano do Dahomei, que mantivo comercio de escravos co Portugal despois do século XV. En 1872 a rexión comezou a ser colonizadas polos franceses, e en 1899 tornouse parte da África Occidental Francesa.
O 1 de agosto de 1960 o país acadou a súa independencia de Francia. O seu primeiro presidente foi Coutoucou Hubert Maga. En 1972 un golpe de estado implantou un goberno de esquerda, e en 1975 o nome do país foi mudado para Benin.
En 1990 o ditador Mathieu Kérékou permitiu eleccións multipartidistas despois de 17 anos de goberno marxista. En 1996, Kérékou envolveu o seu elixido presidente, mais a oposición democrática gañou os comicios lexislativos de marzo de 1999.
Goberno e Política[editar | editar a fonte]
O presidente da república é xefe de estado e tamén xefe do goberno. Pola constitución de 1990, é elixido por un período de 5 anos. O Parlamento ten 83 membros, elixidos por un período de 4 anos.
Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Organización territorial de Benin.
Durante décadas, Benin dividiuse en seis departamentos ou provincias, en 1999 cada unha dividiuse en dúas. As provincias están divididas en 77 comunas.
As doce provincias son:
- Alibori*.
- Atakora.
- Atlantique.
- Borgou.
- Collines*.
- Donga*.
- Kouffo*.
- Littoral*.
- Mono.
- Ouémé.
- Plateau*.
- Zou.
- Formado en 1999.
Xeografía[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Xeografía de Benin.
Estendido entre o río Níxer ao norte e a baía de Benin ao sur, a altitude de Benin é case a mesma en todo o país. A maior parte da poboación vive nas chairas costeiras do sur, onde se sitúan as cidades máis grandes de Benin como Porto-Novo e Cotonú. O sector norte do país está formado por sabanas e zonas montañosas semiáridas.
O clima de Benin é cálido e húmido, con relativamente máis choiva que outros países do oeste de África, hai dúas estacións de choiva (abril-xullo e setembro-novembro).
Ecoloxía[editar | editar a fonte]
WWF divide o territorio de Benin entre catro ecorrexións:
- Sabana sudanesa occidental, no centro e norte do país.
- Mosaico de selva e sabana de Guinea, en sur.
- Selva guineana oriental, nas montañas do noroeste.
- Selva de terras baixas de Nixeria, no sueste.
Economía[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Economía de Benin.
A economía de Benin segue sendo subdesenvolvida e dependente da agricultura de subsistencia, produción de algodón e intercambio rexional. Hai petróleo, ouro, mármore e pedra calcaria -pero explotado por estranxeiros, permitindo a saída do capital. Desde 1988 xérase electricidade na represa de Nangbeto, sobre o río Mono.
O nivel de produción subiu un 5% nos últimos seis anos, pero o rápido crecemento da poboación compensou este logro. A inflación baixou durante os últimos anos. Co fin de aumentar o seu crecemento, Benin planea atraer máis inversionistas estranxeiros, salientar o turismo, facilitar o desenvolvemento de novos sistemas de procesamento de comida e produtos agrícolas, e fomentar nova información e tecnoloxía en comunicacións.
Demografía[editar | editar a fonte]
Un 70% da poboación segue as crenzas tribais. O nivel de alfabetización é do 40% aproximadamente. Fóra das cidades os servizos de saúde son escasos. As principais cidades son Cotonú, Abomey-Calavi, Porto-Novo, Djougou, Parakou , Bohicon e Kandi, as únicas do país que superan os 100.000 habitantes. A poboación de orixe europea esta formada por 5500 persoas (0,1% da poboación total do pais). O idioma oficial é o francés. A esperanza de vida é de 53 anos. A media de fillos por muller é de 5,20.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para beninés. Consultado o 30-12-2013.
- ↑ R. H. Hughes, J. S. Hughes. A directory of African wetlands, p. 301. IUCN, 1992. ISBN 2-88032-949-3
- ↑ "Food and Agriculture Organization of the United Nations". United Nations, June 29th, 2010
- ↑ "Benin – International Cooperation". Nation Encyclopedia (2010-06-29).
- ↑ Ibp Usa. Global Logistics Assessments Reports Handbook: Strategic Transportation and Customs Information for Selected Countries, p. 85. Int'l Business Publications, 2008. ISBN 0-7397-6603-1
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
|
|
|