11 de xaneiro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
<< | Xaneiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
2016 Todos os días |
O 11 de xaneiro é o 11º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 354 días para finalizar o ano, 355 nos anos bisestos.
10 de xaneiro < 11 de xaneiro < 12 de xaneiro
Acontecementos[editar | editar a fonte]
- 630 - O fundador do Islam, Mahoma, destrúe os ídolos do santuario de Kaaba en Meca.
- 1610 - Galileo Galilei descobre Ganímedes, satélite de Xúpiter.
- 1533 - A Xunta de Goberno do Reino de Galiza acorda engadir as provincias da Coruña e Tui ás cinco xa recoñecidas.
- 1689 - O Parlamento de Inglaterra depón o rei Xacobe II.
- 1787 - William Herschel descobre Titania e Oberón, dúas lúas do planeta Urano.
- 1913 - O Tíbet proclama a súa independencia.
- 1919 - Romanía anexa a Transilvania.
- 1922 - Primeira utilización da insulina en humanos para o tratamento de diabetes. O paciente é un canadense de 14 anos.
- 1935 - Amelia Earhart é a primeira persoa a facer un voo soa de Hawaii á California
- 1946 - Enver Hoxha proclama a República Popular da Albania após a caída do rei Zog I.
- 1954 - Primeira reunión entre soviéticos e estadounidenses sobre a prohibición de armas atómicas.
- 1959 - Forzas do Vietnam do Norte invaden o Laos.
- 1960 - Comeza a construción da xigantesca represa de Asuán, no Río Nilo.
- 1963 - A primeira discoteca do mundo foi inaugurada nos Estados Unidos. O seu nome era The Whisky-a-gogo.
- 1982 - Promulgación do Estatuto de Autonomía de Cantabria e de Asturias
- 1988 - Ízase a bandeira na Base Antártica Juan Carlos I, a que foi a primeira base española naquel continente.
- 1993 - A UNESCO declara Patrimonio da Humanidade a Ruta Xacobea.
Nacementos[editar | editar a fonte]
- 1755 - Alexander Hamilton, economista, político, escritor, avogado e soldado estadounidense (m. 1804).
- 1801 - Bartolomé Hermida Santabaia, avogado e político galego.
- 1842 - William James, psicólogo e filósofo estadounidense (m. 1910).
- 1859 - Alfredo Brañas, pai do rexionalismo galego (m. 1900).
- 1906 - Albert Hofmann, químico suízo (m. 2008).
- 1910 - Trygve Bratteli, político noruegués (m. 1984).
- 1928 - Bertel Lauring, actor dinamarqués (m. 2000).
- 1934 - Jean Chrétien, avogado e primeiro ministro de Canadá entre 1993 e 2003.
- 1934 - Sven Wollter, actor de cine e televisión sueco.
- 1935 - Fernando García Agudín, político galego.
- 1941 - Gérson, futbolista brasileiro.
- 1943 - Eduardo Mendoza, escritor en lingua castelá e catalá.
- 1954 - Xavier Seoane, poeta galego.
- 1968 - Alberto San Juan, actor español.
- 1968 - Anders Borg, político sueco.
- 1970 - Juan Antonio Fernández Pazos, futbolista galego.
- 1971 - Carlos Jiménez, actor e humorista galego.
- 1972 - Amanda Peet, actriz norteamericana.
- 1982 - Tony Allen, xogador de baloncesto estadounidense.
- 1983 - Adrian Sutil, piloto de Formula 1 alemán.
- 1984 - Matt Mullenweg, programador estadounidense, creador de Wordpress.
- 1985 - Kazuki Nakajima, piloto de Formula 1 xaponés.
Mortes[editar | editar a fonte]
- 812 - Estauracio, emperador bizantino.
- 844 - Gregorio IV, papa da Igrexa católica.
- 1055 - Constantino IX, emperador bizantino (n. 1000).
- 1882 - Theodor Schwann, fisiólogo, citólogo e botánico alemán (n. 1810).
- 1911 - Carolina Coronado, poetisa española (n. 1820).
- 1920 - Steinar Schjøtt, tradutor, filólogo e lexicólogo noruegués (n. 1844).
- 1923 - Constantino I de Grecia, rei (n. 1868).
- 1938 - Siervo González Rivas, sindicalista e político galego (n. 1886).
- 1941 - Emanuel Lasker, xadrecista alemán (n. 1868).
- 1945 - Ada Negri, poetisa italiana (n. 1870).
- 1966 - Alberto Giacometti, escultor e pintor suízo (n. 1901).
- 1966 - Hannes Kolehmainen, corredor finlandés (n. 1889).
- 1988 - Isidor Isaac Rabi, Premio Nobel de Física estadounidense de orixe austríaca (n. 1898).
- 1991 - Carl David Anderson, físico norteamericano, Premio Nobel (n. 1905).
- 2007 - Manuel Crespo Vázquez, político galego, alcalde de Dozón (n. 1902).
- 2008 - Edmund Hillary, alpinista neozelandés, primeiro home en pisar a cima do Everest (n. 1919).
- 2014 - Ariel Sharon, político israelí (n. 1928).
Festas e celebracións[editar | editar a fonte]
Outros[editar | editar a fonte]
- Santoral:
|