Fundados en 1909, os Canadiens son o equipo máis antigo de toda a competición e o equipo profesional de hóckey sobre xeo que leva funcionando dende hai máis tempo, e o único equipo da NHL que xa existía antes da fundación da liga. Entre 1909 e 1917 competiu na NHA, e a partir de 1917 comezou a súa andaina na LNH. Con 24 títulos é o equipo máis laureado da NHL, moi lonxe dos Toronto Maple Leafs que son o segundo equipo con máis títulos, cun total de 13. O campionato conseguido na tempada 1992-93 foi a última vez que un equipo canadense gañou a Stanley Cup.
O coro tiña unha estrutura rectangular, en U aberta cara ao altar maior, e ocupaba os catro primeiros tramos da nave maior a partir do cruceiro. Nos tres primeiros tramos distribuíanse as cadeiras dos cóengos, mentres que o cuarto tramo estaba ocupado por unha tribuna e o leedoiro sobre ela. As pezas do coro derruído foron aproveitadas noutras obras que se realizaron na catedral e nas inmediacións. O uso que se lle deu dependeu da calidade e aprecio que lles merecese cada peza: as esculturas de apóstolos e profetas foron reempregadas para a construción da Porta Santa ou como ornato de capelas e outras estancias da catedral, pero tamén noutros puntos máis afastados.
Tras varias reconstrucións limitadas a unha pequena mostra (o debuxo dunha cadeira en 1953 e a reconstrución doutra en 1961, dúas en 1971 e tres en 1985) os profesores Yzquierdo Perrín e Otero Túñez conseguiron montar en 1999 unha reconstrución virtual da estrutura completa e outra física, formada por 17 cadeiras, que se expón no Museo da Catedral.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todos poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo as nosas estatísticas, temos un total de 72 173 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 252 estiveron activas durante o último mes. Todos os editores da Wikipedia son voluntarios, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.