Densidade
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A densidade é unha magnitude física derivada que expresa a cantidade de substancia nun mesmo volume (é unha magnitude que expresa unha propiedade intensiva). A fórmula para o seu cálculo é:[1]
onde ρ representa a densidade, m a masa do obxecto en cuestión e V o volume que ocupa.
A súa unidade no SI é o kg/m3.
Por extensión, aplícase a outros tipos de medida que dividen unha unidade fundamental entre unha unidade de lonxitude, superficie ou volume (densidade do campo gravitatorio, eléctrico ou vectorial en xeral, densidade de poboación) e coloquialmente tamén para cando o denominador é o tempo (densidade de corrente ou de fluxo electromagnético).
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
|