Palacio Real de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palacio Real de Madrid
Palacio Real de Madrid - 03.jpg
Fachada da Praza da Armería.
Cidade España Madrid, España
Construción Dende 1738
Estilo Barroco
Superficie 135.000 m²
Arquitectos Juvara, Sachetti e Sabatini

O Palacio Real de Madrid é a residencia oficial dos Reis de España. Emprégase en cerimonias oficiais, pois os reis viven no Palacio da Zarzuela. En ocasións tamén se lle chama Palacio de Oriente por mor dunha das súas fachadas que da cara á Plaza de Oriente, na que tamén está o Teatro Real. Noutras das prazas que rodean o palacio atópase a Catedral de Santa María a Real da Almudena de Madrid.

O edificio foi mandado construír polo rei Filipe V sobre as ruínas do antigo Real Alcázar de Madrid despois de que este fose consumido polo lume no ano 1734. As obras comezaron en 1738, e non remataron ate 1892.

Na actualidade está xestionado por Patrimonio Nacional, e pode ser visitado polos turistas. No seu interior hai numerosas obras de arte como cadros pintados por Caravaggio, Velázquez ou Goya.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Palacio Real de Madrid

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]