Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Artigo destacado

Montreal Canadiens.svg

O Canadiens de Montréal (en francés) ou Montreal Canadiens (en inglés) é un equipo profesional canadense de hóckey sobre xeo da cidade de Montreal (Quebec) que compite na National Hockey League (NHL), estando encadrado na Atlantic Division da Conferencia Leste. O nome oficial do club é le Club de hockey Canadien. Entre os alcumes do equipo en francés están Les Canadiens (ou Le Canadien), Le Bleu-Blanc-Rouge, La Sainte-Flanelle, Le Tricolore, Les Glorieux (ou Nos Glorieux), Les Habitants, Le CH e Le Grand Club. O principal alcume do equipo en inglés é Habs, unha abreviatura de "Les Habitants". A franquía é un dos equipos denominados "Original Six", o nome que reciben os equipos que competiron na NHL dende 1942 ata a expansión de 1967.

Fundados en 1909, os Canadiens son o equipo máis antigo de toda a competición e o equipo profesional de hóckey sobre xeo que leva funcionando dende hai máis tempo, e o único equipo da NHL que xa existía antes da fundación da liga. Entre 1909 e 1917 competiu na NHA, e a partir de 1917 comezou a súa andaina na LNH. Con 24 títulos é o equipo máis laureado da NHL, moi lonxe dos Toronto Maple Leafs que son o segundo equipo con máis títulos, cun total de 13. O campionato conseguido na tempada 1992-93 foi a última vez que un equipo canadense gañou a Stanley Cup.

Sobre Galicia

Stone choir of Master Mateo - Museum of the Cathedral of Santiago de Compostela (2).JPG

O coro pétreo do Mestre Mateo foi unha estrutura interna da catedral de Santiago de Compostela, tallada totalmente en pedra polo taller de Mateo, construído cara ao ano 1200, que ocupaba os primeiros catro tramos da nave maior. Foi desmontado entre 1603 e 1604 por orde do arcebispo Sanclemente para ser substituído por outro de madeira que encargou a Xoán Davila e Gregorio Español e que foi desmontado á súa vez en 1945.

O coro tiña unha estrutura rectangular, en U aberta cara ao altar maior, e ocupaba os catro primeiros tramos da nave maior a partir do cruceiro. Nos tres primeiros tramos distribuíanse as cadeiras dos cóengos, mentres que o cuarto tramo estaba ocupado por unha tribuna e o leedoiro sobre ela. As pezas do coro derruído foron aproveitadas noutras obras que se realizaron na catedral e nas inmediacións. O uso que se lle deu dependeu da calidade e aprecio que lles merecese cada peza: as esculturas de apóstolos e profetas foron reempregadas para a construción da Porta Santa ou como ornato de capelas e outras estancias da catedral, pero tamén noutros puntos máis afastados.

Tras varias reconstrucións limitadas a unha pequena mostra (o debuxo dunha cadeira en 1953 e a reconstrución doutra en 1961, dúas en 1971 e tres en 1985) os profesores Yzquierdo Perrín e Otero Túñez conseguiron montar en 1999 unha reconstrución virtual da estrutura completa e outra física, formada por 17 cadeiras, que se expón no Museo da Catedral.

Tal día como hoxe no ano...

Amundsen in fur skins.jpg

Imaxe da semana

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todos poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas séntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo as nosas estatísticas, temos un total de 72 173 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 252 estiveron activas durante o último mes. Todos os editores da Wikipedia son voluntarios, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento