Reloxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Reloxo de sol de 1781 na igrexa de San Miguel de Guillade, Ponteareas.

Denomínase reloxo a un instrumento destinado a medir o tempo. Os reloxos utilízanse desde a antigüidade, aínda que a súa precisión aumentou espectacularmente no último século. A precisión do último reloxo atómico desenvolvido pola Oficina Nacional de Normalización (NIST) dos EEUU, o NIST-F1, posto en marcha en 1999, é da orde dun segundo en 20 millóns de anos.

Historia[editar | editar a fonte]

Reloxo de peto.

Crese que os grandes reloxos de pesos e rodas foron inventados en Occidente polo monxe beneditino Gerberto (Papa, co nome de Silvestre II, de fins do século X) aínda que xa con algunha anterioridade se coñecían no Imperio bizantino.

Non consta a súa aplicación en monumentos públicos (salvo no interior dos mosteiros) ata os primeiros anos do século XIV.

Reloxos de salón[editar | editar a fonte]

Os reloxos figuraron durante séculos como pezas importantes no mobiliario de salóns, para o cal construíanse con diversas formas decorativas. Prescindindo do reloxo de area, que vén usándose desde as civilizacións grega e romana para medir lapsos curtos e prefixados, os reloxos foron usados en cantidade moi pequena ata finais do século XIII ou mediados do século XIV, época na cal se inventou o motor de resorte real, difundíndose o uso do reloxo-moble no século XVI.

Desta época consérvanse algúns exemplares moi curiosos nos Museos do Louvre, Berlín e Vea, que teñen a forma exterior dun edificio coroado cunha pequena cúpula onde se acha o time ou campá das horas.

O reloxo de peto[editar | editar a fonte]

Os reloxos de peto inventáronse en Francia a mediados do século XV, pouco despois de aplicarse á reloxaría a mola espiral. Ao comezo tiñan forma cilíndrica, variando moito, e desde o comezo do século XVI construíronse en Nuremberg con profusión e en forma ovoide, de onde deriva o nome de ovos de Nuremberg, créndose inventados nesta cidade alemá.

Clases de reloxos[editar | editar a fonte]

Reloxo de parede.

Acostúmanse distinguir pola maneira en que calculan o paso do tempo:

Partes do reloxo[editar | editar a fonte]

O reloxo con esfera tradicional adoita contar con agullas para as horas, os minutos e os segundos. Ademais pode contar con espertador ou calendario.

Funcionamiento[editar | editar a fonte]

Reloxos electrónicos[editar | editar a fonte]

Reloxo electrónico de engrenaxes.
Dígito c2.svg Dígito c1.svg Dígito cS.svg Dígito c3.svg Dígito c7.svg Dígito cS.svg Dígito c4.svg Dígito c8.svg
Pantalla de reloxo dixital con segundos.

Un reloxo electrónico é un reloxo no que a base de tempos é electrónica ou electromecánica, ao igual que a división de frecuencia. A exactitude do reloxo depende da base de tempos, que pode consistir nun oscilador ou nun adaptador que, a partir dunha referencia, xera un sinal periódico.

O divisor de frecuencia é un circuíto dixital formado por unha sucesión de contadores ata obter unha frecuencia de 1 Hz, que permite mostrar segundos. Se se quere mostrar décimas, a división detense ao chegar aos 10 Hz. Esta frecuencia pasa ao módulo de presentación, que pode ser de carácter electrónico ou mecánico, onde outros divisores van separando os segundos, minutos e horas para presentalas mediante algún tipo de pantalla.

Reloxos mecánicos[editar | editar a fonte]

Reloxo mecánico.

Os reloxos mecánicos carecen na maioría dos casos de compoñentes electrónicos; este tipo de reloxos conta cun sistema mecánico fabricado xeralmente en metal, onde a forza motora precisa para poñer en marcha a maquinaria vén proporcionada por un resorte motor ou por medio de pesas conectadas por cadeas ou cables.

Na cultura popular é común referirse á carga do resorte motor como "dar corda",[1] mais este vocábulo é erróneo, e só se pode aplicar aos reloxos de pesas, nos que literalmente se dá corda a un cilindro dentro do reloxo para que deste xeito continúe o descenso da pesa que lle dá movemento. Dentro dun resorte hai unha banda de aceiro temperado que, ao arrolarse xera unha forza de torsión empregada polo reloxo para mover o mecanismo. Por medio dun tren de engrenaxes redúcese a forza e aumenta a velocidade, finalizando nunha roda dentada de xeito especial, chamada roda de escape, que conecta cunha peza chamada áncora. Esta peza encárgase de converter o movemento rotatorio das engrenaxes nun desplazamento lateral de esquerda a dereita que se transmite a un volante ou a un péndulo para proverlles a enerxía suficiente para oscilar. É o contacto entre estas dúas pezas, a roda de escape e a áncora, o que produce o "tic-tac". Finalmente, o péndulo ou o volante marcan o paso do tempo e coñécense co nome de órgano regulador. O reloxo emprega as súas oscilacións ou alternancias constantes para determinar o paso do tempo: canto máis preciso sexa o mecanismo, menos variacións haberá na periodicidade das oscilacións.

Cómpre salientar que, aínda que os reloxes de pulso, que empregan volantes como órgano regulador, lograron niveis de exactitude sorprendentes o péndulo e a súa oscilación periódica regular continúan a ser o padrón de medición do tempo ou órgano regulador máis exacto nos reloxos mecánicos.

Normalmente o número de engrenaxes ou rodas que posúe un reloxo mecánico é consecuencia directa do tempo estimado no que o resorte ou a pesa lle fornecerá enerxía suficiente para funcionar; se un reloxo mecánico (un espertador, por exemplo) está construído para almacenar 24 horas de marcha, o número de rodas será xeralmente de cinco, dende a engrenaxe do resorte ata a roda de escape; por outra banda, se se trata dun reloxo de parede onde a reserva de marcha está deseñada para durar 192 horas (oito días), entón se engadira unha roda extra xusto despois do resorte motor para así aumentar a velocidade do mecanismo de escape en relación á velocidade de rotación do resorte motor, expandindo deste xeito a autonomía de funcionamento do mecanismo, aínda que nestes casos se requiren resortes máis poderosos para compensar a perda de forza causada polo aumento na relación das engrenaxes; finalmente, a hora amósase sempre en formato analóxico, por medio de agullas, que empregan o xiro das engrenaxes internas, usualmente a roda primeira para os reloxos dun día e a roda segunda para os de oito días, para converter o movemento do tren de engrenaxes en indicacións comprensibles para os usuarios, que realizan a lectura da hora fixándose na posición das agullas fronte a unha escala horaria fixa no reloxo.

Nos reloxos mecánicos, a agulla dos minutos, a diferenza da das horas, non posúe un tren de engrenaxes independente que axuste a relación para marcar a hora, senón que se atopa fixado á roda que usualmente engrena co resorte motor. Esa roda posúe un eixe que sobresae na fronte da maquinaria, coñecido como canón, onde se conecta coa agulla dos minutos, polo que esta roda xira exactamente unha vez cada sesenta minutos. O canón realiza unha redución de velocidade empregando un pequeno tren de engrenaxes localizado na parte frontal do reloxo xusto entre a agulla dos minutos e a das horas. A relación entre ambas as agullas sería entón de 1/12, onde por cada volta da agulla das horas a dos minutos debeu xirar doce veces. Este mecanismo tamén se atopa nos reloxes electrónicos con lectura analóxica.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: reloxos

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bolter, David J. Turing's Man: Western Culture in the Computer Age. The University of North Carolina Press, Chapel Hill, N.C. (1984). ISBN 0-8078-4108-0 pbk.
  • Bruton, Eric (1982). The History of Clocks and Watches. Nova York: Crescent Books Distributed by Crown. ISBN 978-0-517-37744-4. 
  • Dohrn-van Rossum, Gerhard (1996). History of the Hour: Clocks and Modern Temporal Orders. Chicago: The University of Chicago Press. ISBN 0-226-15510-2. 
  • Landes, David S. Revolution in Time: Clocks and the Making of the Modern World. Cambridge: Harvard University Press (1983).
  • Smith, Alan. The International Dictionary of Clocks. Londres: Chancellor Press (1996).

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]