Mitoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Imaxe dunha deidade celta de tres cabezas atopada en París; orixinalmente interpretada como Mercurio, crese que representa a Lugh.

A mitoloxía é o conxunto de lendas e mitos que pertencen á tradición dun pobo, dunha civilización ou dunha relixión, e que explican a súa natureza, a súa historia e os seus costumes.[1]

Como unha colección de historias, a mitoloxía é unha parte vital de calquera cultura. Existen varias orixes dos mitos, como a personificación da natureza, a personificación e explicación de fenómenos ou a esaxeración de feitos históricos. Malia que o termo é complexo polo seu significado implícito, o proceso de creación dunha mitoloxía non se adscribe só a prácticas primitivas, senón que abrangue tamén historias contemporáneas, lendas urbanas e os mitos ficticios creados por novelas e banda deseñada de fantasía. A mitoloxía dunha cultura colectiva axuda a xerar identidade e pertenza de grupo, compartir experiencias relixiosas, modelos de comportamento e aprender leccións de moral.

O esutodo dos mitos data da antigüidade. As clasificacións dos mitos gregos de Evémero, o Fedro de Platón, e Sallustius foron desenvolvidas polos neoplatonistas e revividos polos mitógrafos do Renacemento. A mitoloxía comparada do século XIX reinterpretou o mito como unha contraparte primitiva e errada da ciencia (E. B. Tylor), a "disease of language" (Max Müller), ou unha malinterpretación do rito máxico (James Frazer).

Algunhas teorías actuais rexeitaron o conflito entre o valor do mito e do pensamento racional, vendo os mitos, mais que inexactos feitos históticos, como expresións para un entendemento xeral das verdades psicolóxicas, culturais e sociais.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

o termo grego mythologia está composto de dúas palabras:

  • mythos (μῦθος), que en grego clásico significa aproximadamente ‘o discurso’, ‘palabras con actos’ (Esquilo: «ἔργῳ κοὐκέτι μύθῳ», ‘da palabra ó acto’)[2] e, por extensión, un ‘acto de fala ritualizado’, como o dun xefe nunha asemblea, ou o dun poeta ou sacerdote[3] ou un relato (Esquilo: «Ἀκούσει μῦθον ἐν βραχεῖ λόγῳ», ‘a historia completa que escoitarás nun breve lapso de tempo’).[4]
  • logos (λόγος), que en grego clásico significa: a expresión (oral ou escrita) dos pensamentos e tamén a habilidade dunha persoa para expresar os seus pensamentos (logos interior).[5]

Significado e características do mito[editar | editar a fonte]

Prometeo (1868) pintura de Gustave Moreau). O mito de Prometeo foi tratado por vez primeira por Hesíodo e posteriormente constituíu a base dunha triloxía tráxica de obras, posiblemente de Esquilo, que foron Prometeo encadeado, Prometeo desencadeado e Prometeo Pyrphoros.
Artigo principal: Mito.

O termo mitoloxía pode facer referencia á ciencia do estudo dos mitos,[6] ou a un conxunto de mitos. O termo "mito" acotío se emprega coloquialmente para facer referencia a unha historia falsa,[7][8] mais o uso académico do termo xeral non emite ningún xuízo sobre a súa veracidade ou falsidade.[8][9] No estudo do folclore, un mito é unha narración sagrada que explica como funciona o mundo e como a humanidade chegou a ser como é no presente.[9][10][11] Moitos especialistas doutras disciplinas do saber humano empregan o termo «mito» de diferentes xeitos.[11][12][13] Nun senso moi amplo, a verba pode referirse a calquera historia tradicional.[14]

As personaxes principais nos mitos adoitan ser deuses ou heroes sobrenaturais.[15][16][17] Coma as historias sagradas, os mitos adoitan ser aprobados polos gobernantes e os sacerdotes, e estreitamente vinculados coa relixión.[15] Na sociedade na que pervive o mito, é xeralmente considerado como un relato verdadeiro do mundo pasado remoto.[15][16][18][19] De feito, moitas sociedades teñen dúas categorías da narrativa tradicional: as "historias verdadeiras" ou mitos, e as "historias falsas" ou fábulas.[20] Os mitos acostuman ter lugar nunha época máis primitiva, cando o mundo non conseguira aínda a súa forma actual,[15] e serven para explicar como o mundo adoptou a súa forma actual,[9][10][11][21] e como se estabeleceron as institucións e os tabús.[15][21]

As funcións do mito[editar | editar a fonte]

Manuscrito ilustrado da batalla de Kurukshetra, episodio da epopea hindú Mahabharata.

Mircea Eliade argumentou que unha das funcións máis importantes do mito é a de estabelecer modelos de comportamento,[22][23] xa que os mitos tamén poden proporcionar unha experiencia relixiosa. Cando se contan ou recrean mitos, os membros das sociedades tradicionais despréndense do presente e volven á idade mítica; deste xeito achéganse ás divindades.[18][23][24]

Larui Honk afirma que, nalgúns casos, nunha sociedade recréase un mito nun intento de reproducir as condicións da época primitiva. Por exemplo, recréase a curación realizada por un deus no comezo dos tempos co obexctivo de curar a algúen no presente.[25] Desta forma, Roland Barthes afirma que a cultura moderna explora a experiencia relixiosa. Xa que non é unha tarefa da ciencia ter que definir a moralidade humana, unha experiencia relixiosa é un intento de conectar coa percepción dun pasado moral, que está en contraste co presente tecnolóxico.[26]

Joseph Campbell define nos mitos catro funcións básicas: a función mística, que experimentou a sorpresa do universo; a función cosmolóxica, que explica a forma do universo; a función sociolóxica, que representa o apoio e a validación dunha determinada orde social; e, para rematar, a función pedagóxica, de como vivir unha vida humana en calquera circunstancia.[27]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Oxford English Dictionary, 3rd ed. "myth, n. Oxford University Press (Oxford), 2003.
  2. Esquilo, Prometeo encadenado, 1080
  3. "Volumen: Hellas, Artículo: Greek Mythology". Encyclopaedic Dictionary The Helios. 1952. 
  4. Esquilo, Los persas, 713
  5. "logos". Encyclopaedic Dictionary The Helios. 1952. 
  6. Grup Enciclopèdia Catalana (ed.). "mite (ciéncia)". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona. 
  7. Armstrong, p. 7
  8. 8,0 8,1 Eliade, Myth and Reality, p. 1
  9. 9,0 9,1 9,2 Dundes, Introduction, p. 1
  10. 10,0 10,1 Dundes, "Binary", p. 45
  11. 11,0 11,1 11,2 Dundes, "Madness", p. 147
  12. Doty, p. 11-12
  13. Segal, p. 5
  14. Kirk, "Defining", p. 57; Kirk, Myth, p. 74; Simpson, p. 3
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 Bascom, p. 9
  16. 16,0 16,1 "myths", A Dictionary of English Folklore
  17. O'Flaherty, p.19: "I think it can be well argued as a matter of principle that, just as 'biography is about chaps', so mythology is about gods."
  18. 18,0 18,1 Eliade, Myths, Dreams and Mysteries, p. 23
  19. Pettazzoni, p. 102
  20. Eliade, Myth and Reality, p. 10-11; Pettazzoni, p. 99-101
  21. 21,0 21,1 Eliade, Myth and Reality, p. 6
  22. Eliade, Myth and Reality, p. 8
  23. 23,0 23,1 Honko, p. 51
  24. Eliade, Myth and Reality, p. 19
  25. Honko, p. 49
  26. Roland Barthes, Mythologies
  27. Campbell, p. 22-23

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mitoloxía Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Armstrong, Karen (2006). A Short History of Myth. Canadá: Knopf. 
  • Bulfinch, Thomas (2004). Bulfinch's Mythology. Whitefish: Kessinger. 
  • Campbell, Joseph (1988). The Power of Myth. Nova York: Doubleday. 
  • Doty, William (2004). Myth: A Handbook. Greenwood: Westport. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]