Mesopotamia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Mapa da Mesopotamia

Mesopotamia (do grego, mésos e potamós: entre ríos) é unha rexión xeográfica histórica do Oriente Medio, delimitada entre os ríos Tigris e Éufrates, ocupada polo actual territorio do Iraq. Os ríos desembocan no Golfo Pérsico e a rexión está rodeada por desertos.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mesopotamia constitúe un val aluvial [1] conformado polos ríos Tigris e Éufrates que fixeron da rexión unha terra fartureira no medio de rexións áridas ou montañosas. Distínguense dúas zonas, o norte ou Alta Mesopotamia, territorio de altiplano con vales encaixados, con chuvias regulares que permiten a existencia da agricultura e o sur ou Baixa Mesopotamia, zona de chairas onde se practica unha agricultura de irrigación.

Historia[editar | editar a fonte]

Mesopotamia
ÉufratesTigris
Cidades / Imperios
Sumeria: UrukUrEridu
KishLagashNippur
Imperio Acadio: Agadé
BabiloniaIsínLarsaSusa
Asiria: AsurNínive
NuziNimrud
Imperio BabilónicoCaldea
ElamAmorreos
MitanniCasitas
Cronoloxía
Reis sumerios
Reis de Asiria
Reis de Babilonia
Lingua
Escritura cuneiforme
Lingua sumeriaAcadio
Elamita
Mitoloxía
GilgameshMarduk

Despois do -8000 coa finalización da última glaciación cuarternaria produciuse en varias partes o desenvolvemento da agricultura e a gandería, o home comezaba a producir o seu propio alimento e Mesopotamia foi pola súa xeografía e pola abundancia de cereal bravo unha das rexións onde se deu este paso.[2] As escavacións de Jarmo [3] testemuñan a importancia da agricultura no neolítico no norte de Mesopotamia. Este desenvolvemento da agricultura trouxo consigo novos descubrimentos e progresos: o pico, a fouce e o arado, a olería e a cestería.

O sur da rexión os sumerios, que construíron primeiras cidades das que ten coñecimento a humanidade, como Ur e Lagash, foi un proceso longo desde os primeiros asentamentos permanentes datados no 5500 a.C. ata as primeiras cidades xa no 3500 a.C.[4] As cidades foron erixidas sobre outeiros e fortificadas para que se puidesen defender da invasión doutros pobos que buscaban un mellor lugar para vivir. Eran cidades-estados: cada cidade era independente e tiña o seu propio goberno. A sociedade faise máis complexa, aparece unha industria artesanal especializada[5] e o comercio non só local senón entre as cidades.

A Mesopotamia tamén é coñecida como o "Crecente Fértil", (de Lúa crecente), por ter o formato dunha Lúa crecente e de ter un chan fértil.

Pobos da Mesopotamia[editar | editar a fonte]

Estatua típica da decoración mesopotámica

A Mesopotamia foi unha rexión por onde pasaban moitos pobos nómades oriúndos de diversas rexións. A terra fértil fixo que algúns deses pobos se establecesen aí. Da convivencia entre moitas desas culturas floreceron as sociedades mesopotámicas.

Sumerios[editar | editar a fonte]

Artigos principais: Sumeria e Sumerios.

Os sumerios, asentados na rexión desde o 3.500 a.C. foron os creadores dunha auténtica civilización urbana. Desde o cuarto milenio a.C., realizaban obras de irrigación e utilizaban técnicas de metalurxia do bronce. Empregaban unha escrita cuneiforme. A súa organización social influenciou a moitos pobos que os sucederon na rexión.

Babilonios[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Babilonios.

No inicio do segundo milenio a.C., a rexión da Mesopotamia constitúese nun grande e unificado imperio que tiña como centro administrativo a cidade da Babilonia, situada nas marxes do río Éufrates. O soberano que máis se destacou foi Hamurabi, elaborando leis que ficaron coñecidas como código de Hamurabi. Despois de súa morte, a Mesopotamia foi abalada por sucesivas invasións, ata a chegada dos asirios.

Asirios[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Asiria.

De orixe semita, os asirios vivían do pastoreo e habitaban as marxes do río Tigre. A partir do final do segundo milenio a.C., pasaron a se organizar como sociedade altamente militar e expansionista. Realizaron diversas conquistas e expandiron o seu dominio para alén da propia Mesopotamia, chegando ao Exipto. O centro administrativo do imperio asirio era Nínive.

Caldeos[editar | editar a fonte]

Artigos principais: Caldea e Caldeos.

Pobo de orixe semita que se estableceu na Mesopotamia no inicio do primeiro milenio a.C., os caldeos foron os principais responsabeis pola derrota dos asirios e pola organización do novo imperio babilonico. Nabucodonosor II foi o soberano máis coñecido dos caldeos. Gobernou por case sesenta anos e despois de súa morte os persas dominaron o novo imperio babilonico.

Arte[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Arte de Mesopotamia.

En Mesopotamia desenvolveuse unha cultura e un arte cunha sorprendente variedade de formas e estilos.[6]

Con todo, a arte en xeral mantivo bastante unidade en canto á súa intencionalidade, que deu como resultado unha arte un pouco ríxida, xeométrica e cerrada, xa que tivo unha finalidade práctica e non estética, desenvolta ao servizo da sociedade.[7]

Escultura[editar | editar a fonte]

Ás veces representaba soberanos, outras deuses, outras funcionarios, pero sempre aparecían persoas individualizadas (ás veces tamén incluía o seu nome gravado). Buscaba substituír á persoa máis que representala. A cabeza e o rostro estaban desproporcionados respecto ao corpo por este motivo, desenvolveron o chamado realismo conceptual: simplificaban e regularizaban as formas naturais grazas á lei da frontalidade (parte dereita e esquerda absolutamente simétricas) e ao xeometrismo (figura dentro dun esquema xeométrico que normalmente era o cilindro e o cono). As representacións humanas estaban afectadas dunha total indiferenza pola realidade. Os animais presentaban un maior realismo. Os temas máis recorrentes da escultura mesopotámica foron os touros monumentais, moi estilizados e realistas.

As técnicas máis utilizadas foron o relevo monumental, a estela, o relevo parietal, el relevo de ladrillos esmaltados e o selo: outras formas de esculpir e desenvolver auténticos cómics ou narracións neles.

Personalidades históricas da Mesopotamia[editar | editar a fonte]

Cidades e Rexións históricas da Mesopotamia[editar | editar a fonte]

Mesopotamia na cultura popular[editar | editar a fonte]

Durante séculos a memoria sobre Mesopotamia conservouse en occidene só a través do que dicía dela a Biblia sendo motivo de moitas composicións artísticas, sobre todo na pintura co mito da torre de Babilonia. Porén tivo unha forte competencia co Antigo exipto á hora de captar a atención, incluso no campo da literatura, onde a maioría de novelas históricas tratan sobre o mundo grecorromano e exipcio.

Entre as novelas sobre mesopotamia cabe destacar "Gilgamesh, o rei" de Robert Silverberg; na banda deseñada "Nippur de lagash".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lester Charles King The Morphology of the Earth: A Study and Synthesis of World Scenery, Edimburgo, 1962, páx. 474
  2. Jackson J. Spielvogel, Western Civilization: Volume I: To 1715, Wadsworth, 6ª ed, 2005, páx. 4
  3. Brian M. Fagan, People of the Earth: An Introduction to World Prehistory, Harpercollins College, 7ª ed., 1992, páx. 52 e 322
  4. Marc Van de Mieroop The Ancient Mesopotamian City, Oxford University Press, 1999, páx. 23
  5. Gil Stein, Producers, Patrons, and Prestige: Craft Specialists and Emergent Elites in Mesopotamia from 5500-3100 BC en Craft Specialization and Social Evolution, ed. Bernard Wailes, University of Pennsylvania Museum, Filadelfia, 1996 pp. 25-38
  6. Esculturas de Mesopotamia
  7. Arte en Mesopotamia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mesopotamia

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]