Astronomía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
O Hubble: telescopio situado fóra da atmosfera que observa obxectos celestes. As súas marabillosas imaxes asombraron ao mundo. É a icona da astronomía moderna.
Radiotelescopio, Effelsberg, Alemaña

A astronomía, que significa etimoloxicamente "as regras das estrelas" ou astro-nomos, é a ciencia encargada de observar e explicar os corpos e os eventos fóra da Terra. Unha materia relacionada pero distinta é a cosmoloxía, que se encarga de estudar o universo como conxunto.

Despois de comprender que os elementos que forman os "obxectos celestes" son os mesmos que conforman a Terra, e que as leis da física aplícanse do mesmo xeito, naceu a astrofísica como unha aplicación da física ós fenómenos observados pola astronomía.

Os astrónomos necesitan unha gran preparación en física, e as observacións fanse sempre nun contexto astrofísico, estando ligados con frecuencia ambos os campos.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Etimoloxicamente, a palabra "astronomía" provén do latín astronomĭa, que á súa vez provén do grego αστρονομία ('astronomía' composto por άστρον 'astron' «estrela» e seguido de νόμος 'nomos' «regra, norma»). A maior parte das ciencias utilizan o sufijo grego λογια ('logía' «tratado, estudo»), por exemplo cosmoloxía e bioloxía. De feito, "astronomía" debía propiamente haberse chamado "astroloxía", pero esta denominación foi usurpada pola pseudociencia que hoxe en día é coñecida con devandito nome. Por iso non debe confundirse a astronomía coa astroloxía. Aínda que ambas comparten unha orixe común, son moi diferentes. Mentres que a astronomía é unha ciencia estudada a través do método científico, a astroloxía moderna é unha pseudociencia que segue un sistema de crenzas non probadas ou abiertamente erróneas.

División histórica[editar | editar a fonte]

Retrato de Justus Sustermans do pai da astronomía moderna, Galileo Galilei, portando un telescopio.

A astronomía divídese de forma tradicional en dous grandes períodos ou etapas: a Astronomía antiga (dende a prehistoria ata Galileo Galilei) e a Astronomía científica moderna (dende Galileo Galilei ata a actualidade). Sendo a elección do punto de división o establecemento do sistema de referencia heliocéntrico.

Dentro da astronomía antiga destacan a astronomía neolítica, a astronomía mesopotámica, a astronomía exipcia e a grega. En América, a astronomía dos pobos amerindios, en especial a maia e azteca. En Asia, a astronomía china e hindú.

Na súa primeira historia, a astronomía supuña só a observación e predición dos movementos dos obxectos celestes identificables a ollo nu (sen instrumentos). Os astrónomos eran polo común tamén cregos, e críase que os fenómenos celestes tiñan unha influencia oculta nos sucesos na Terra (astroloxía, de astro-logos ou a razón dos astros), sendo o traballo máis importante o establecemento e mantemento do calendario. Os gregos fixeron importantes contribucións á astronomía, pero o progreso detívose case por completo na Idade Media, excepto polo traballo dalgúns astrónomos (en particular, musulmáns).

A astronomía hoxe é unha das poucas ciencias onde os afeccionados aínda teñen un papel activo, por exemplo descubrindo obxectos transeúntes (como cometas) e monitoreando a variabilidade das estrelas.

O estudo dos planetas do noso sistema solar foi en tempos recentes considerada unha disciplina separada, chamada Ciencias Planetarias ou Planetoloxía.

O ano 2009 foi declarado polas Nacións Unidas como Ano Internacional da Astronomia,[1] en conmemoración do momento no que Galileo Galilei comezou o estudo dos astros co telescopio, hai 400 anos.

División sistemática[editar | editar a fonte]

Observatorio ALMA no deserto de Atacama en Chile. As súas antenas traballan nun rango de ondas comprendidas entre as infravermellas e as de radio.

Pola amplitude do seu obxecto de estudo, a astronomía divídese en diferentes ramas, que non están completamente separadas, xa que as súas interseccións, así como os astrónomos que traballan en diferentes áreas, son a norma máis que a excepción.

En astronomía, obtense información de xeito principal da detección e análise da radiación electromagnética. Unha división tradicional da astronomía dáse polas rexións do espectro electromagnético observadas:

  • Astronomía observacional
  • Astronomía óptica. Refírese ás técnicas usadas para detectar e analizar luz nas lonxitudes de onda que poden ser detectadas polo ollo, ou preto delas (arredor de 400 - 800 nm).
  • Astronomía infravermella. Trata coa detección de luz infravermella (lonxitudes de onda máis longas que o vermello).
  • A radioastronomía usa técnicas moi diferentes: para detectar radiación con lonxitudes de onda de mm a cm, os receptores son semellantes aos usados en radiodifusión (que usa radiación nesas lonxitudes de onda).

A astronomía óptica e a de radio poden realizarse usando observatorios terrestres, porque a atmosfera é transparente nesas lonxitudes de onda. A luz infravermella é absorbida con facilidade polo vapor de auga, así que os observatorios de infravermellos deben establecerse en lugares altos e secos.

Imaxe ultravioleta da actividade da fotosfera solar (NASA).

En astronomía de raios X, astronomía de raios gamma, astronomía ultravioleta e astronomía do infravermello afastado pódense facer observacións só dende globos aerostáticos ou observatorios espaciais.

Todas as disciplinas anteriores están baseadas na detección de fotóns, pero tamén podemos recibir información desde fóra da Terra transportada polos raios cósmicos, neutrinos, e, nun futuro próximo, gravitóns (ver LIGO).

Unha división diferente pode ser realizada usando as rexións do espazo e os problemas enriba comentados; algúns son:

Astrónomos[editar | editar a fonte]

Modelos e teorías[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Astronomía Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]